manuel

A Pizarra Dixital

Informação

A Pizarra Dixital

Deixa aquí as túas opinións e experiencias, coa pizarra dixital

Membros: 11
Última atividade: 6 Feb

Foro de discusión

ROBERTO

Interesante tema

Iniciado por ROBERTO 15. Dec, 2008.

Caixa de Recados

Adiciona un comentario

Você precisa ser um membro de A Pizarra Dixital para adicionar comentários!

Xoán Díaz Comentário de Xoán Díaz em 6 febreiro 2009 às 21:36
EnceradoDixitalInteractivo.ink
EnceradoDixitalInteractivo.pdf
Estiven practicando co software de Mimio e procurando aclararme cos diferentes ecerados e o software que os acompañan. O primeiro arquivo ten extensión .ink e está feito co mimioStudio ou Notebook (Notebook é tamén o nome do software dos encerados Smart, que son polos que se decidiu a Administarción para dotar os centros). MimioStudio permite exportar os arquivos como .pdf. Até onde eu sei, as maiores posibilidades están no programa que acompaña aos encerados Promethean, ActivStudio e ActivPrimary. Cal é a vosa experiencia?
Ali Comentário de Ali em 15 decembro 2008 às 21:47
Hola, son Ali, eu non teño moita experiencia cas pizarras dixitais, ainda que si fixen algún curso sobre o tema, jejeje!!! Pareceme un recurso que se se sabe usar pode chegar a ser moi proveitoso e atractivo para a aprendizaxe dos cativos.
Alberto Comentário de Alberto em 8 decembro 2008 às 16:37
Hoxe elaborei tres Notebooks.
Déixovos os enlaces:
Notebook Mimio Lengua 6º Unidad 6
Notebook Mimio Coñecemento do Medio 6º Unidade 6
Notebook Mimio Matemáticas 6º Unidade 6
Alberto Comentário de Alberto em 7 decembro 2008 às 23:43
Aquí vos deixo un slide da miña aula.
Alberto Comentário de Alberto em 7 decembro 2008 às 22:11
Pásovos o primeiro Notebook que confeccionei por se queredes botarlle unha ollada.
notebook081124.ink
Alberto Comentário de Alberto em 7 decembro 2008 às 22:05
Pois xa estou aquí, Xoán.
Un saúdo para todas e todos.
No noso centro temos instalado só un EDI Mimio. Está na miña aula de 6º de Primaria.
O outro estase a instalar aínda nunha aula baleira de ESO.
Eu xa o teño utlizado aos poucos, ando a mirar nos manuais e a facer probas. Leva un tempo e na aula case sempre están as miñas alumnas e alumnos. Non practico todo o que quixer por non interromper demasiado as clases.
Cando estea instalado o da ESO poderei practicar máis.
Ó ter a licenza de Mimio tamén puiden compoñer algo co Notebook na casa. Logo púxenlles as actividades na aula. É bastante doado.
O que me resulta máis difícil é decidir se utilizar o Notebook ou directamente o meu blogue. Polo momento vou alternando...
Tamén probei o software de ActivPrimary que xentilmente me fixo chegar Agustín. É moito máis completo e funcional. Teño instalados os dous no ordenador da aula, pero aínda non probei este último nas clases.
A experiencia paréceme moi positiva.
Xoán Díaz Comentário de Xoán Díaz em 7 decembro 2008 às 16:45
Faltoume, no comentario anterior, ligar ao nome de Agustín Carracedo estes Recursos educativos no Encerado Dixital Interactivo para ESO e Bacharelato do que é autor xunto con Gloria Rivas Rodríguez. Aí encontraredes, ademais de recursos concretos para as diferentes materias, algunhas indicacións moi interesantes sobre os diferentes modelos de encerado e sobre o software que utilizan.
Xoán Díaz Comentário de Xoán Díaz em 7 decembro 2008 às 14:48
Durante este curso participaremos na "investigación-promoción" Mimio interactive 2008-2009 baixo a dirección de Pere Marquès. Os centros galegos participantes están coordinados por Agustín Carracedo. Hai no noso centro un grupo de compañeiros e compañeiras interesados nas posibilidades dos Encerados dixitais interactivos e pareceu unha boa maneira de comezar. Na primeira reunión tiven o pracer de coñecer persoalmente a un amigo desta rede, Alberto Armada, que tamén participa na investigación cos seus compañeiros do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis. Sería moi interesante que Alberto se sumase ao grupo, poderiamos aprender moitas cousas del.
Belén Comentário de Belén em 5 decembro 2008 às 17:02
Personalmente creo que para que sexa realmente aproveitado todo o que nos ofrece a pizarra dixital, vai ter que pasar algún tempo, porque grande parte do profesorado que hai actualmente non posue un básico coñecemento da tecnoloxía, sendo ademais bastante reacios o seu uso.
esteban Comentário de esteban em 4 decembro 2008 às 20:50
Aínda que levo pouco tempo no mundo da enseñanza, creo que esta ferramento pode ser moi ben aproveitada polo profesorado, previa formación por parte de persoal cualificado.
 

Membros (11)

ROBERTO manuel esteban Belén Xoán Díaz anxo Alberto Nieves Ali Miguel angoro
 
 

Membros

  • Mª Celeste Alonso Sobral
  • César Viñas Piñeiro
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Xabier Camba Sanmartín
  • sergio
  • Carme Pernas Bermúdez
  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...
 

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo