Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

a miña conta en delicious e http://delicious.com/eugeniaotero, penso que este tipo de marcadores sociais son moi pácticos na docencia xa que todo o que sexa compartir informacións e constructivo. unha proposta para empregalos na etapa de Infantil sería se todos traballamos por proxectos podemos compartir as URL das nosas ud é así ter máis materiais. Soamente teriamos que adaptalo ao noso nivel. Ademáis o de poder etiquetalo facilita moito a búsqueda.

Responder esta

ESTA E A MIÑA DIRECCIÓN: http://delicious.com/TERESALOURIDO, AQUI PODEDES ATOPAR DISTINTAS PÁXINAS QUE VOS PODEN SER ÚTILES NA EDUCACIÓN INFANTIL.OS MARCADORES SOCIAIS E UNHA FORMA ÚTIL DE COMPARTIR E BUSCAR INFORMACIÓN DUNHA FORMA RÁPIDA.COMO ESTAMOS EN NADAL E NESTES DÍAS ESTAMOS A ADORNAR AS NOSAS AULAS E O CENTRO PODERÍAMOS BUSCAR NOS MARCADORES PÁXINAS DE MANUALIDADES SINXELAS E ADORNOS PARA FACER, TAMEN BUSCAR ALGUNHA PÁXINA CON CONTOS DE NADAL E CANTIGAS,INCLUSO PARA BUSCAR FOTOS DE CIDADES ADORNADAS.

Responder esta

A miña conta de delicious e: http://delicious.com/lauraarrojo
Unha actividade que me fixeron na carreira de matemáticas, foi elaborar un exame sobre uns temas que estábamos dando, tendo en conta q se me iba avaliar a orixinalidade dos problemas, se a dificulatade era axeitada, se eran acordes co que deramos ..
Agora estou dando matemáticas en segundo de bacherelato de cienciais sociais, e proporeilles esta semana que fagan un exame sobre programación lineal, tendo en conta os criterios de avaliación que tiven eu. Para iso recolleran información de internet, donde con unha conta de delicious recollerán os enlaces que lles interese.
Creo que é unha boa forma de ensinarlles ós rapaces de donde coller información, de seleccionar a correcta, de facer os seus propios apuntes... algo que en calquer carreira que fagan terán como labor principal

Responder esta

A MIÑA CONTA DE DELICIOUS E:

Reflexións sobre as Vantaxes do uso de marcadores sociais:Dada a gran variedade e cantidade de información que se pode atopar en internet, resulta moi útil dispor dun medio sinxelo para ordeala e clasificala, e poder acceder a ela dunha forma mais directa. Por outra banda, vai permitir un grande aforro de tempo e de esforzo por parte de todos (alumnos e profesores), xa que cada vez que algún usuario atope un enlace interesante pode compartilo cos demais.
Tamén é moi interesante para acadar o obxectivo de centrar a búsqueda dos alumnos, xa que buscarán en información acotada por nos, co cal, é seguro que atoparán o que nos pretendemos que atopen, así acadarán con maior seguridade os obxectivos que pretendemos.

No caso concreto da Educación Física, a disponibilidade horaria é moi escasa (2h semanais), isto implica que se lle adique menos tempo do necesario a aspectos de carácter mais teórico. O uso deste tipo de recursos, permitirá aumentar a motivación dos alumnos de cara a estes contidos, e tamén o tempo adicado aos mesmos.

Responder esta

A MIÑA CONTA DE DELICIOUS E:

http://delicious.com/raquelgami6

Responder esta

O meu delicious é: http://delicious.com/Lucy1985
Básicamente está orientado ao aprendizaxe do inglés como lingua extranxeira e á búsqueda de información mediante buscadores e xornais. Paréceme unha ferramenta moi útil.
A miña proposta é que os alumnos de primaria teñan acceso ao delicious do profesor para realizar diversas actividades de procura de información e análise de datos, para elaborar posteriormente unha redacción acerca da cultura dos paises de fala inglesa.

Responder esta

compartir inuietudes con personas con intereses afines
a miña conta delicious é http://delicious.com/aabermudez

Responder esta

Paréceme moi interesante o uso de marcadore sociais. Moita xente, coma min, está a preparar as oposición do ano que próximo. Moitas veces, para as programacións, é preciso consultar infinidade de páxinas web e en moitas ocasións non é fácil atopar o que se busca. Creo que neste caso os marcadores sociais son unha boa ferramente para compartir os enlaces ós sitios web para non perder o noso valioso tempo navegando inútilmente por Internet na búsqueda de información
http://delicious.com/cesarcrende

Responder esta

ainda que me parece unha ferramenta moi util considero que pode ser un pouco complexa nun principio co que creoq ue estaria mais ben destinada a alumnos dos ultimos cursos (bacharealato) ou profesorado

Responder esta

A miña conta de delicious é: .
Considero os marcadores sociais de grande interese e utilidade en educación. A información está concentrada e é moi áxil atopala grazas ás etiquetas. Os mestres podemos acceder a máis información e máis útil dun xeito rápido sen dar paus de cego en internet.
Son respecto ós alumnos, un exemplo de utilización de redes sociais sería o de entrar en contacto coa cultura de un pobo anglófono na clase de inglés, por exemplo Irlanda. Así o primeiro paso é abrir un conta en delicious para despois buscar as ligazóns onde poder atopar a información que se busca. As etiquetas serían:inglés, Irlanda, cultura, intercambio, costumes, horarios, entre outras.

Responder esta

Os marcadores sociais son recursos de facil manexo ó alcance de todos, que facilitan as tarefas de almacenaxe e traballo coa información,axilizando procesos e acadando así o aproveitamento do tempo na ensinanza. Supón asímesmo o manexo destas novas tecnoloxías ás que non todos estamos afeitos.
Organizar e clasificar a información supón un paso decisivo no estudio e en xeral en todos os aspectos da vida.

Responder esta

Os marcadores sociais son unha boa opción para o intercambio de información e recursos, tanto para mestres como para alumnos.
O estar agrupados é mais facil de atopar e mais rapido.
Eu tiven algun problemiña, por que o ingles.... uffff.
Esta e a miña conta: http://delicious.com/f.f.a
Se necesitades recursos de infantil, os grupos son: contos, cancións, debuxos...

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo