Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Desde o meu punto de vista os marcadores sociais (ou así o vexo eu en Delicious) son máis útiles par aos profesores que para os alumnos, xa que me parecen un tanto complicados para rapaces novos, se cadra están algo mellor para alumnado de bacharelato. Especialmente porque están abertos a un maior número de xente, e á hora de buscar tags similares por exemplo, hai unha infinidade, e quizais de cara o estudo non é excesivamente práctico. Si se fai entre un grupo reducido o mellor é recorrer directamente os foros.
De ter que empregar este sistema, eu na miña conta Delicious fixen unha selección de páxinas web relacionadas co mundo da Arte e da Historia, máis son máis ben de cara a que o alumnado lle bote un ollo, e se lle parecen prácticas para o seu estudo, pois que recorran a elas sempre que o desexen, facendo o seu propio tag.

A miña conta é: http://delicious.com/scarlet8

Responder esta

Os marcadores sociais son moi útiles porque nos permiten levar as nosas páxinas favoritas por Internet e consultalas en calquera lugar e en calquera ordenador. Eu por exemplo dou clases en Primaria e as páxinas que escollin véñenme moi ben porque de ahí podo sacar moito material para traballar cos meus alumnos: sumas, restas, fichas de lectoescritura, etc.
http://delicious.com/zapdocente.

Responder esta

ola, penso que os marcadores sociais son moi útiles na educación tanto para os mestres como para os alumnos.
no caso de infantil, se se traballa por proxectos, penso que é moi interesante poder ir gardando deste xeito todas as páxinas que imos descubrindo cos nenos/as e que son interesantes,para máis adiante poder volver a velas e ademáis posibilitar o "intercambio de páxinas" con nenos doutros colexios

Responder esta

Para mellorar as nosas busquedas de paxinas de interexe, poño a vosa disposición a miña conta de delicius: http://delicious.com/idoya.rodriguez

Responder esta

A miña proposta de deleicius, é unha coleccion de páxinas de contidos educativos, froito dunha busqueda pormenorizada no campo da educacion infantil. Podes velo na miña conta: http://delicious.com/idoya.rodriguez

Responder esta

Vou facer unha proposta de uso dos marcadores sociais para o alumnado. Coma mestres de un grupo de alumnos e alumnas podemos porpoñer unha conta nun grupo de discusión que eles queiran, co propósito de poidan participar dende as súas casas e mesmo fagan participes as familias. Debates sobre temas de actualidade, comentar novas, saidas, avisos sobre algunha actividade deportiva ou organizada por asociacións culturais ou concello na nosa zona, coma titeres, teatro concertos.

Responder esta

Responder esta

A miña conta de delicious é http://delicious.com/valdeorrisa

Son profesora de Historia en secundaria. Un ámbito que non está suficientemente difundido é o da historia das mulleres. Este podía ser un bo xeito de compartir información publicada na rede sobre este aspecto con outras docentes que teñan eses mesmos interese, para utilizar eses contidos co obxectivo de usalos como complementos didácticos.

Responder esta

A miña conta de delicious é http://delicious.com/marcelaguitiriz.
Os marcadores sociais son un instrumento realemente valioso tanto para profesores como para alumnos. Na miña especialidade que é o inglés, os alumnos serviríanse deste recurso para a elaboración de proxectos. En primeiro lugar, o profesor crearía unha conta para poñer a disposición dos alumnos enlaces de interese para a temática dun traballo, que sería, por exemplo, o nadal dos países de fala inglesa e nas antigas colonias. Despois, cada alumno terían que buscar en internet polo menos unha páxina en relación a ese tema, que compartirían co resto dos compañeiros. Por grupos, os alumnos consultarían todo-los enlaces e seleccionarían a información para escribir sobre o nadal en cada país. O uso de delicious ou outro marcador social axilizaría moito a creación dun corpus de información.

Responder esta

Todos estamos de acordo en que internet é unha ferramenta valiosísima para calquera etapa educativa, dende educación infantil ata ESO, pero... o máis dificil é seleccionar a cantidade de información que obtemos sobre un contido en concreto, ese é o gran inconvinte de este medio de información. Para iso se nos achegan estes marcadores, para ir directamente a un páxina concreta e olvidarnos das anotacións en papeis que se poden perder, etc, así na aula aforrase tempo de búsqueda e invirtese en educación de calidade.

Responder esta

Esta é a miña conta de Delicious:

Delicious Pane26

Pareceme moi interesante compaartir as etiquetas de delicious, pois asi aforramos un monton de tempo nas buscas.
Incluso para os e as profes nos resultará de moita axuda.

Responder esta

A miña conta en Delicious é http://delicious.com/eugeniaotero, penso que este tipo de marcadores sociais son moi prácticos e sob...

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Mª Belén
  • SARA
  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo