Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Poderíamos empregar os marcadores sociais no ámbito matemático para buscar páxinas onde se nos ofrezan exercicios que os alumnos poidan resolver a modo de acertixos, de feito cada grupo de traballo podería escoller as actividades que os demais deberían facer e ó remate evaluar os obxectivos acadados.
A miña conta en delicious é: http://delicious.com/SILVIACO

Responder esta

A meu enlace en Delicious é http://delicious.com/DIEGORT.

Os marcadores sociais dentro da nosa profesión son de grande utilidade, xa que desenvolvemos unha labor que nos obriga a estarnos formando e actualizando continuamente, e aínda máis nunha especialidade como a tecnoloxía, onde cada ano surden cambios quedando obsoletos contidos de anos atrás. Esta ferramenta permítenos axilizar os recursos dos que dispomos é en concreto o noso tempo, xa que nos podemos beneficiar do traballo realizado previamente por outras persoas.

Empregaría os marcadores sociais para realizar unha actividade por grupos na que a finalidade sexa a compra dun ordeador, valorando precio e prestacións. Con ela intentarase que coñezan as características principias dos PC´s actuais do mercado (velocidade do procesador, disco duro, memoria, tipo de pantalla, rato, tarxeta gráfica, etc)

O primeiro paso sería marcar na conta en delicious as ligazóns de interese que atopan e, a partir delas, repartir a tarefa e elaborar o traballo. A parte das características técnicas sería bo que investigasen os prezos nas distintas páxinas web dos establecementos, e fixesen comparativas calidade-precio. Finalmente, faríase unha posta en común onde cada grupo aproveitando a información dos outros, proporía unha opción de compra.

Responder esta

A miña conta en delicious é: http://delicious.com/maga411

a miña ida seríacrear un Network entre os mestres de educación infantil dunha mesma localidade na que puidéramos traballar de forma conxunta e compartir ideas, experiencias... que lograsen motivar ó alumnado e na que puideramos enriquecernos tanto a nivel persoal como profesional.

Responder esta

unha das principais ventaxas da utilzación de marcadores sociais na educación e a optimzación do tempo na búsqueda de recursos na rede tanto para o profesorado como para o alumnado, xa que serve de guía para o profesorado de búsqueda de información sobre temas que lle interese e que pode atopar na rede a través doutros usuarios da súa mesma especialidade e para o alumnado os posibles traballos da nosa evaluación continua veranse axudados e guiados a compartir esa información con outros alumnos/as e a nvestigar un pouco mais sobre o tema.
Aquí vos deixo deixo a miña URL de delicious que creei: http://delicious.com/luabender

Responder esta

A utilización de marcadores sociais na educación facilita a labor como docentes, posto que permite agrupar esas páxinas maravillosas que vamos encontrando de cando en vez. Ademáis permite compartir esas experiencias con outras persoas. De cara ós alumnos resulta moi interesante porque nos permite aportarlles unha bibliografía en internet que cremos que lles vai ser útil, non a inxente cantidade de información non sempre adecuada a nivel, momento,.. que poden atopar se a buscan por eles mesmos. Facilitamos unha investigación en parte dirixida.

Responder esta

Descoñecía completamente o tema de marcadores sociais pero paréceme moi interesante e útil para o uso na aula.
No grupo de Diversificación co que estou a traballar viríame de marabilla xa que sempre teño problemas para que seleccionen as páxinas Web que son máis accesíbeis a eles. Elaborando Bundles axeitads ( por exemplo de xeografía e dentro deste referencias aos distintos continenetes, países etc. )eliminaríase o caos que ás veces supón introducir unha busca en Google. Así se podería facer cos diferentes temas tratados: lingua, historia, comercio xusto...

Responder esta

A miña conta en Delicious:

http://delicious.com/egmartinez

Responder esta

A utilizacion de marcadores sociais, pareceme (agora que por fin fun capaz de entender como iba) unha ferramenta moi útil para traballar na educación. Por unha banda para guiar un pouco os rapaces na busqueda de información en internet e pola rapidez que supón que ti poidas utilizar os marcadores de outra xente con intereses afines aos teus.

Unha proposta de traballo podería ser, traballando por grupos, buscar en internet curiosidades matematicas accedendo os marcadores ou paxina que ti previamente has atopado.
A miña URL é:http://delicious.com/megg1963

Responder esta

hola,

Como maestra de ingles veo utilidad en los RSS y los marcadores sociales para mi uso profesional por ejemplo Netvibes me ofrece la posibilidad, entre otras, de buscar y guardar información que me interese para poder visualizarla y hacer uso de ella cuando la necesite. A la vez, me ofrecen la posibilidad de compartirla, y de utilizar buscadores en el caso de Netvibes (como por ejemplo Google, YouTube, …) para ampliarla, por lo que no es necesario abrir el navegador ni tener varias webs abiertas como es frecuente que se haga. Por todo esto, pienso que es interesante disponer de Netvibes como página de inicio.

mi cuenta es http://delicious.com/raquelpf76 ,

Responder esta

A miña conta en delicious é: http://www.delicious.com/magarga
Resulta unha ferramenta moi útil e completa, tanto para os docentes coma para o alumnado, xa que permite organizar innumerables páxinas web de modo sinxelo e práctico, grazas ás etiquetas. Ademáis, permite a creación de grupos movidos polos mesmos intereses, intercambio de información...

No meu caso, dado que son de Infantil, a miña proposta é máis ben orientada ó profesorado da mesma especialidade. Deste xeito, resulta de gran axuda para a nosa labor nas aulas. Concretamente, acheguei páxinas relacionadas coa formación docente, recursos para infantil, medioambiente... exemplos só dalgúns temas relacionados coa nosa práctica docente (tamén se introducirían etiquetas das áreas curriculares, unidades didácticas, proxectos, recomendacións para os pais...) Asemade, toda esta información, á súa vez, serviría para dar resposta ás necesidades dos nenos.

Responder esta

A miña conta de delicious é: http://delicious.com/network/LaraInca

En Educación Física de 4º da ESO os alumnos teñen que elaborar en grupo un traballo sobre diferentes deportes alternativos. Deben marcar en delicious as ligazóns de interese (nomes dos deportes) e a partir delas elaborar o traballo.

Responder esta

A miña conta en Delicious é http://delicious.com/aby_noa . Paréceme interesantísima esta ferramenta tanto para o profesorado como para o alumnado. Unha proposta concreta na área de debuxo 4ºESO sería que o alumnado elixa carteis de películas ( os carteis que anuncian as películas do cine ) e as seleccionen por tema ( acción, histórica, amizade etc) e que comparen a imaxe publicitaria dese cartel con cadros pictóricos ao longo da historia. Para iso terán que profundizar en temas de historia da arte
e facer unha boa selección dos URL que se van a engadir e unha boa clasificación a través do etiquetado.

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Mª Belén
  • SARA
  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo