Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

A miña conte en delicious é http://delicious.com/MARIAVIZOSO
Eu empregaría esta forma de traballo en educación infantil para organizar o traballo cos nenos/as tendo en conta un tema en concreto, como pode ser unha unidade didáctica e todo o que imos facer nela. Podemos traballar co alumnado e familias na recollida de traballos da aula segundo a tag que corresponda, ou crear unha etiqueta como pode ser o entroido, na que se recollerá todo o proceso de traballo que seguimos cos nenos/as para coñecer ese tema

Responder esta

pode ser interesante a hora de filtrar información, xa que outras persoas xa fixeron unha búsqueda previa.unha utilización podería ser unha búsqueda de infornmación previa dun grupo de traballo de mestres sobre un tema determinado para despois debatilo e traballar sobre a informacion recollida. Neste caso as etiquetas farían que localizásemos rapidamente información relacionada co tema.
http://delicious.com/ctarriob

Responder esta

A miña conta en delicious é http://delicious.com/Merchi. Nela podedes atopar diversas páxinas con exercicios de inglés; de gramática, listening,...
Ata o de agora non coñecía os marcadores sociais, pero creo que poden ser de gran utilidade no ensino, tanto para profesores como para alumnos. Cos alumnos de inglés, poderíanse empregar para facer traballos sobre calquer tema relacionado coa cultura inglesa ou para facer exercicios de todo tipo.

Responder esta

O emprego de marcadores sociais na educación supón unha nova forma de selecionar e organizar a información, transformala en útil. A seleción de páxinas de interese permite que se poidan separar e clasificar por temas o que é de moitísima importancia cando temos unha grande cantidade de páxinas selecionadas.
Os Tags posiblitan un acceso doado á información.
A grande novidade é o caracter público do acceso, e a posiblidade que ofrecen de compartir, a información, os enlaces selecionados, multiplicando as fontes de información das que dispoñemos. Penso que é nesta derradeira posibilidade onde reside a súa importancia, compartir os enlaces e páxinas danos novos puntos de vista e novas solucións

Responder esta

A verdade é que estou aprendendo moitas cousas, e moi interesantes, con este curso. A partir de agora vou a empregar os marcadores sociais con frecuencia, pois considero que é unha práctica moi útil, tanto para os docentes coma para o alumnado. É un método moi eficaz á hora de buscar a información que máis che interesa e compartila con aquela xente que ten as túas mesmas motivacións.
Coma profesora de matemáticas que son, podería facer esta aplicación de marcadores sociais cos alumnos/as:
- Nunha clase de estatística en bacharelato queremos comprobar a correlación que existe entre o número de avións que saen dun determinado aeroporto e a hora de saída. Primeiramente, márcanse en Delicius as ligazóns que nos serán de utilidade para realizar o traballo. Diariamente, os alumnos irán recollendo os datos necesarios para establecer a relación e representar a gráfica de correlación lineal.

Mediante os marcadores sociais os alumnos poden establecer entre eles unha comunicación de traballo, facilitando, e moito, a maneira de recoller información e determinar o contido máis importante.

A URL da miña conta de Delicius, para todos os que estedes interesados, é:
http://delicious.com/susanafc

Responder esta

a miña proposta vai dirixida a Educación Física e ás neae, no noso grupo temos un neno que ten hiperactivo, e utilizaremos os marcadores sociais para que todo o departamento de Educación Física, así como o profesor/a de PT ou AL do centro, axuden na busca de recursos para a súa integración no grupo.

a miña url de delicious é:
http://delicious.com/C_sar

Responder esta

Unha aplicación como esta ten moitas posibilidades no ensino, entre elas a seguinte:

Empregar Delicious para crear unha rede entre todos os integrantes dunha aula de 1º de Bacharelato onde entre todos poidan ir sumando páxinas de interese para as distintas materias. Páxinas que empregar para a elaboración de distintos traballos, páxinas onde poder repasar contidos que non quedaron moi claros, páxinas de actividades onde poder practicar eses contidos...

A miña URL: http://delicious.com/evalagora

Responder esta

Eu creo que é unha ferramenta moi valiosa tanto para alumnos coma para profesores, xa que permite organizar en gran medida as nosas ferramentas de traballo. Moitas veces os alumnos (e incluso os profesores) teñen que facer traballos ou recopilar información sobre un tema en concreto, pois ven, estos marcadores sociais serven para organizar, clasificar a información e compartila con outras persoas que están na mesma situación. Eu creo que é unha ferramenta valiosísima a hora de traballar en grupo.

Responder esta

Olvidábase darvos a miña url:http://delicious.com/yole1981. un saudo

Responder esta

boas amigos!!

a miña conte en delicious é: http://delicious.com/esteban.varela

Referíndome a miña área de ef, podería crear un marcador para o departemento de educación física do meu cole. No marcador iríamos incluindo entradas de webs onde atopásemos información e recursos para poder levar aos alumnos/as a sala de informática e que eles traballasen con estes contidos.

Responder esta

unha proposta de utilizacion de marcadores sociais é compartir páxinas para traballar os valores nas titorias.
Miña direccion en delicious é. http://delicious.com/hugos95

Responder esta

Ola a tod@s. A miña conta en Delicious é http://delicious.com/suamen e nela marquei diferentes páxinas de interese na área de Matemáticas: dende exercicios de diferente temática (logaritmos, trigonometría), a páxinas onde os nosos alumnos poden facer autoavaliacións dun tema en concreto pasando por páxinas con contidos de matemática recreativa.

A miña proposta da utilización de marcadores sociais no ensino sería por exemplo a creación dun network en Delicious ou nunha páxina similar formado polos profesores dun mesmo departamento (por exemplo de matemáticas) para compartir os enlaces de páxinas de interese, con recursos, exercicios, propostas didácticas, ... e que nos axuden a hora de planificar as clases.

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Mª Belén
  • SARA
  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo