Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

A miña conta en Delicious:
http://delicious.com/vic_vic

Gran utilidade para o profesorado e para o alumnado. Nun marcador social pódese obter información sobre calquera tema que se queira, sempre e cando dito tema estea aberto. Senón estivera aberto por interese propio ábrese e esperar a que os demáis compañeir@s boten unha man.

Responder esta

Os marcadores sociais son unha ferramenta moi util no ensino educativo xa que nos premiten ter aceso a información clasificada sempre que a necesitemos.
a miña conta de delicious é: http://delicious.com/mansycel

Responder esta

A miña conta de delicious é http://delicious.com/oldschoolrebel"> e polo de agora hai pouquiñas cousas pero penso que me vai ser moi útil, tanto para min como profesora (estar ó día de temas relacionados coa función docente e coa miña espacialidade) como para os alumnos, xa que se poden levar a cabo actividades moi entretidas e motivadoras utilizando delicious. Por exemplo, un grupo de alumnos ten que levar a cabo unha determinada tarefa na que cada un se encarga dunha parte en concreto. Outro alumno coordinador da tarefa estará suscrito ás contas dos compañeiros para recopilar a información ofrecida polos outros e editar o traballo.

Responder esta

A miña conta en Delicious é http://delicious.com/mano72.
Considero que esta é unha ferramenta moi útil, sobre todo pola súa dispoñibilidade permanente e pola dinamización que permite no traballo. Por exemplo, podería utilizarse na miña área, Tecnoloxía, para levar a cabo diversas actividades como poden ser encamiñar aos alumnos a unha búsqueda de información mediante os marcadores que podemos inserir na páxina, comentarios sobre unha actividade que se estea desenvolvendo na aula, ou incluso intercambio de información e colaboración con outros docentes.

Responder esta

Os marcadores sociais son unha ferramenta moi valiosa, xa que a través destes podemos compartir moita información que nos sexa de interese tanto para alumnos como para profesorado, ademais de ser moi util para a comunicación entre alumnos/as.A miña conta der delicius éhttp://delicious.com/noelia.1977

Responder esta

Considero que os marcadores sociais dentro da nosa profesión nos son moi útiles. Persoalmente, a min me son moi útiles, xa que teño unha libreta onde teño diferentes páxinas web e me estaba volvendo tola cada vez que quería buscar algo concreto, xa que non daba encontrado o que precisaba no momento. Deste xeito, considero que para a nosa labor educativa, á hora de preparar material, buscar actividades para o noso alumnado, este sistema, sácanos de moitos apuros, ademais de que nos permitir ver diferentes páxinas de docentes como nós.
A miña conta é: http://delicious.com/espe2

Responder esta

Ola a tod@s. A miña conta en Delicious é http://delicious.com/Isabelmc. Polo de agora hai poucas cousas, un chisco de física e química e outro de cine, as miñas duas pasións; pero pouco a pouco irei engadindo máis.
De outra banda, creo que os marcadores sociais son unha ferramenta moi valiosa a hora de procurar información sobre algún tema, ter disponibilidade da información dende calquer punto sen ter que estar atado ao propio ordenador, para facilitar aos alumnos enlaces de interés, etc

Responder esta

A miña conta é: http://delicious.com/BelenM
Unha das posibilidades que nos permiten os maradores sociais, no caso da bioloxía é que pódenos ser moi útil para levar a cabo as prácticas de laboratorio.
Xa que, por medio deles poderíase ter acceso e polo tanto ter coñecemento das múltiples prácticas tanto de laboratorio como de propio traballo de campo. Polo que así estaría nas nosas mans poder escoller aquelas que mellor se adapten ó que se está a ver en cada momento

Responder esta

Como propostra concreta de utilización de marcadores sociais no ensino, ocorreseme o seguinte:

Eu son mestra de un grupo de 5º de educación primaria, agora mesmo na área de coñecemento do medio estamos a traballar "a nutrición dos seres vivos". Poderiamos elaborar entre todos unha seria de marcadores sociais sobre o tema.
Cada alumno aportaría un marcador (ou varios) con información de interese sobre o tema, desta maneira todos os alumnos do curso terían ao seu alcance información sobre os contidos traballados. Eu como mestra engadiría un marcador no que puidesen realizar exercicios (na web) sobre o tema para afinanzar e poñer en práctica todo o traballado.
Poderiamos contar, a nivel grupo aula, cun foro privado, no que os alumnos entre eles, e conmigo, intercambiasen opinións, experiencias persoais, problemas que lles xurdiron...
Este é un exemplo concreto, pero poderíanse empregar marcadores sociais nas diversas áreas ou materias, e tamén entre diversos grupos do mesmo nivel, por exemplo o caso que describin anteriormente poderiase lever a cabo entre (5º A, B e C, que son os 3 grupos de 5º curso que hai no meu colexio).
Penso que outra maneira de empregar os marcadores sociais seria arredor dun tema de interese ou dunha actividade ou conmemoración...
Por exemplo nestas dataas poderiamos crear uns marcadores sociais centrados no Nadal...

Bueno, a verdade, coa multitude de opcións que nos ofrecen os marcadores sociais, so e cuestión de pensarlo e poñerse masn a obra.

Por certo, a miña conta en Delicious, por se vos interesa votarlle unha ollada é: http://delicious/subcriptions/berenafontela

Responder esta

a miña conta en delicius é: http://delicious.com/magamac.
Como exemplo de emprego dos marcadores sociais propoño un traballo que terán que realizar os alumnos sobre a cortiza; para elo dividiria o meu grupo de alumnos en dous, un encargaríase de buscar información sobre a formación da cortiza na árbore e o outro dos aspectos tecnolóxicos deste material. as etiquetas que deberian empregar serian: botánica, formación_cortiza, arbores, silvicultura, descortizado, corcho_negro, taboeiros, corcho_branco, usos, mercado.

Responder esta

A miña conta de Delicius é http://delicious.com/padiar. Eu seleccionei os marcadores que están relacionados coa educación en cursos inferiores, especialmente co debuxo, porque creo que é moi importante desenvolver esta faceta nos nenos. Ademais, cos marcadores axilízase o traballo porque temos a información moito máis agrupada
A utilización destes marcadores polo meu alumnado é un pouco complicada,debido a curta edade(ed. infantil) pero é moi útil para compartir cos compañeiros estes recursos.

Responder esta

No ámbito de E.F.
Para o tratamento dos contidos vinculados cos xogos e deportes tradicionais e populares pediráselles os alumnos que fagan unha recopilación de xogos e deportes autóctonos de cada unha das comunidades autónomas e dalgún outro país. Marcaranse nunha conta delicius as ligazóns necesarias para atopar toda a información e a partir de ahí poderán comenzar a investigar e seleccionar os mais apropiados para as limitacións que temos no contexto educativo, xa que logo seleccionaremos algúns xogos para levalos a práctica.

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo