Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Ánimo coa práctica. Eu tamén nunca accedín a Delicious e costoume o meu- Non perda-los nervos.Xa verás que unha vez que sigas os pasos e chegas a solución, vas a estar contento de poder empregar para a túa práctica diaria os marcadores sociais. Os marcadores sociais son de gran utilidade no ensino. Así, permiten a profesores e alumnos investigar sobre un tema sen necesidade de usar buscadores. Profesores e alumnos poden consultar enlaces de ámbito educativo que lles facilite o proceso de ensino-aprendizaxe. Pensemos, por exemplo, na materia de Lingua Castelá e Literatura e en enlaces tan esenciais para todos os niveis como o da Real Academia Española (www.rae.es), enlace básico para que o profesorado e os alumnos busquen aquelas palabras que descoñecen, consulten os seus interrogantes en relación co significado de calquera palabra ou expresión. Son tamén moi empregados e básicos os enlaces sobre a obra de escritores, aspectos relacionados cunha obra en particular, ligazóns que nos remiten a exercicios, etc.

Pode accederse ós enlaces dende calquer computador, xa sexa individualmente ou en grupo.Os profesores poden acceder ós marcadores doutros profesores, poden constituise en grupos que recopilen enlaces relacionados coas materias impartidas no centro. Os alumnos poden acceder ós marcadores dos profesores e tamén poden constituirse en grupos de traballo (o eixe temático definirá os enlaces elididos) e buscar e compartir deste xeito as ligazóns.

Para que poidades compartir algunhas das miñas ligazóns máis utilizadas, comparto con este grupo a miña conta en Delicious. É a seguinte:

http://delicious.com/ritaramilocostas

Responder esta

Os marcadores sociais son interesantes para compartir información dunha forma rápida con outras persoas . Aínda que a min , resúltame de momento , un poucocomplicado

Responder esta

A organización debe ser tutelada polo profesor ou seminario.
Establecemento dun tema de traballo
División de tarefas en grupo
Creacion dunha conta MIDELICIOUS por exemplo ou un grupo de enalaces nun blogue educativo.
Desde aqui, estes enlaces servirían como punto de partida no proceso de investigación, sobre o tema seleccionado

A posta en común podería ser no formato tradicional, papel, ou publicándoa no blogue da materia por exemplo con SCRIBD que é doado de manexar e soporta os formatos .doc

Responder esta

Penso que é un instrumento de gran valor, sobretodo para os mestres. Se necesitas procurar información sobre calquera tema como poden ser os instrumentos musicais; xa aparecen gran cantidade de persoas que procuraron páxinas web onde podes atopar as súas características e debuxos para que pinten os alumnos. Tamén existen gran cantidade de enlaces onde podes atopar cómo sonan os instrumentos por separado, páxinas con musicogramas, exercicios para propoñer en clase...
No meu ámbito, que é a primaria, penso que é bastante difícil que os alumnos utilicen os marcadores posto que son pequenos para utilizalos e que son os mestres os que lles proporcionan a información.
A miña conta é: http://delicious.com/andrea86gf

Responder esta

Bueno, pues me ha costado un montón esto de los marcadores, y aún tengo que seguir mirando bien como va, pero me ha parecido super interesante, porque puedes ver tantos favoritos de todo el mundo, es increíble la de horas que te pasas mirando páginas web para luego hacerte un lío con tus favoritos y de echo es que con esto de los marcadores sociales te ahorras un montón de tiempo buscando y así también nos favorecemos unos de los otros con nuestras búsquedas e intereses.

Responder esta

Xenial invento para gardar enlaces de explicacións ou exercicios relaconados para todo aquelo que vaiamos evndo na aul, tamén bon para exercicios de reforzo que o alumnado pode ir facendo ó seu ritmo.

Responder esta

A miña conta en Delicious é: http://delicious.com/LAURAAM
Como proposta na utilización de marcadores sociais no ensino destacamos os centros que participan no PROA onde os mestres de acompañamento poden participar, compartir e colaborar na búsqueda de ligazóns que relaciónanse cos seus cometidos e onde utilicen etiquetados como: "motivación", "técnicas_de estudo", "comprensiónlectora", "xogosinteractivos" "tablasdemultiplicar",...

Responder esta

Ola a tod@s
A miña conta é http://delicious.com/pilita1978
A verdade é que me está a custar moito traballo e paciencia todo isto, e aínda teño que velo todo de novo con calma.
En canto as posibilidades educativas que penso pode ter, persoalmente opino que é interesante tanto para os mestres coma para os alumnos, pero os alumnos de certa idade, a lo menos 10 anos.
Os mestres para atopar información de utilidade para organizar información, busqueda de exercicios, documentación...
Para os alumnos como proposta para coñecer eaprender a empregar unha rede social, realizar traballos de grupo, no que teñan que facer unha búsqueda de información dun tema, coma por exemplo, un ecositema, e intercambiar información entre os membros de cada un dos grupos formados previamente na aula.

Responder esta

Podédesme coñercer en http://delicious.com/ouxan. O meu interese inicial nesta ferramenta foi o uso práctico persoal de acceso aos meus marcadores desde calquera computador e desde calquera lugar. Tamén se poden usar polos demais e iso leva a tentar ofrecer unha etiquetaxe simple das categorías en que se clasifican. Como extensión disto último é unha ferramenta valiosísima para traballar as xerarquías e campos semánticos ou léxicos, o uso de sinónimos, antónimos e as definicións, así como traballar en xeral os conceptos nun campo de ensino concreto. Por suposto, tamén poden funcionar como punto de partida ou ferramenta facilitadora na procura de información concreta ou filtro en procuras na Internet.

Responder esta

A miña conta en delicious e:http://delicious.com/esteticista.
A miña proposta é utilizar os marcadores sociais no departamento de éstetica para uso do profesorado para elaborar en equipo unha investigación sobre os problemas xurdidos na realización de diversos tratamentos e cotexar nas ligazóns outros protocolos de actuación

Responder esta

Paréceme que as súas aplicacións son moitas, e que se adaptan perfectamente en tódalas áreas, especialemte na ensinanza secundaria. No meu caso como profesora de ciencias sociais, e xeografía vexo que podo empregar a rede delicius en tódolos niveis educativos, dente 1º da ESO ata 2º de Bacharelato. Eu a empregaria especialmente para facilitarlles os alumnos enlaces de interese que sirvan tanto para completa-la información das unidades didácticas, como para proporlles traballos de investigación. O mesmo tempo sería un bo alicerce para que eles mesmos crean as súas propias contas en delicius e compartan os seus enlaces cos compañeiros, e co profesor. E unha forma interesante de traballo na casa.
O meu enlace en delicious é http://delicious.com/sannyweb

Responder esta

Paréceme interesante utilizar marcadores sociais en educación. Eu aínda estou un pouco verde nesto . Este curso resúltame difícil e teño moitas dudas . Esperemos que ao remate do curso me desenvolva mellor .
Amiña conta en delicious : http://delicious.com/zulimam

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo