Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Neste espazo tedes que dar a coñecer as vosas contas en delicious, coa intención de que o resto de participantes do curso as coñezan e vos poidan incluír no seu network se lles interesa. Para introcucir unha ligazón tes que seleccionar o texto, clicar na quinta icona (cadea) e introducir a URL da conta.

Ademáis, imos facer propostas concretas de utilización dos marcadores sociais no ensino. Pode ser tanto para o uso do profesorado como para o alumnado.

Por exemplo:

En tecnoloxía de 4º de ESO estamos a estudiar o tema de tecnoloxías da comunicación. Aparte das montaxes prácticas, o alumnado ten que elaborar en equipo un traballo (wiki) sobre o funcionamento dos distintos dispositivos utilizados ao longo da historia. O primeiro paso é marcar nunha conta en delicious as ligazóns de interese que atopa e, a partir dela, repartir a tarefa e elaborar o traballo. As etiquetas que deberán utilizar son, como mínimo: comunicación, radio, televisión, TDT, internet, telegrafía e GPS.

En clase de matemáticas imos facer uns exercicios de estatístic mediante a folla de cálculo. Cada grupo de alumnos e alumnas debe recompilar os datos necesarios para o traballo elixido. Por exemplo, os datos meteorolóxicos da comarca durante dúas semanas, coma temperatura, presión, humidade, etc. En primeiro lugar márcanse as ligazóns necesarias para a recollida de datos e, a partir delas, vanse recollendo diariamente os datos para a elaboración das estatísticas.

Responder esta

A URL da miña conta en Delicious é http://delicious.com/fentan

Na materia de Cultura Clásica utilizamos delicious. Utilizamos sobretodo as seguintes tags: mitoloxia, etimoloxía, historia e arte.

Supón unha grandisima axuda para a busca de información, aclaración de conceptos, visionado de imaxes, interpretación de planos, esquemas, etc ademáis de fomentar o autoaprendizaxe.

Responder esta

A utilización de marcadores sociais no ensino é unha ferramenta valiosísima no que a o intercambio de información se refire. Por un lado, o profesor pode atopar milleiros de páxinas du determinado tema que lle interese, a través doutros usuarios cos que comparte os mesmos intereses.
O etiquetado destas páxinas facilita enormemente o traballo de almacenado das mesmas.

Responder esta

Os marcadores sociais son unha ferramenta moi útil tanto para o profesorado como para o alumnado, xa que a través destes podemos compartir moita información que nos sexa de interese sen ter a necesidade de andar navegando sen rumbo pola rede, é dicir, ademais de proporcionarnos información afórranos moito esforzo, posto que ao estar etiquetada podemos dirixirnos ao que en realidade estamos buscando.

Cando os alumnos/ as realizan traballos en grupo a recollida de información é unha tarefa moi laboriosa. O feito de crear un marcador social pode axudarlle aos alumnos a compartir a información, profundicar en certos temas... sempre prestando atención, loxicamente, a facer unha boa selección dos URL que se van a engadir e unha boa clasificación a través do etiquetado.

Para o profesorado os marcadores sociais serían moi adecuados, por exemplo, á hora de realizar unha búsqueda de recursos educativos, métodos pedagóxicos, actividades... para desenvolver unha acción educativa motivadora para os alumnos. Aportando información a outros docentes e recibindo destes novas ideas, grazas ao seu network.

Aquí vos deixo deixo a miña URL de delicious que creei: http://delicious.com/adrilp

Responder esta

Uxía: Debes compartir aquí a URL da túa conta en delicious.

Procurade realizar propostas concretas de utilización.

Responder esta

Como xa propuxen con anterioridade, pero agora explicareino de xeito máis concreto, a miña proposta baseábase na utilización de marcadores sociais no Departamento de Orientación dun centro educativo.

Por exemplo: Un centro educativo escolarizouse a un alumno que ten un trastorno por déficit de atención con hiperactividade. O Departamento de Orientación en colaboración cos profesores que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe deste alumno poden elaborar uns marcadores sociais a cerca deste trastorno. Utilizando un etiquetado para aspectos como: "hiperactividade", "técnicas_de_intervención", "técnicas_de_modificación_de_conduta", "recursos_educativos"...
Desta forma todos colaboraría na búsqueda de información e poderían compartir de forma ordenada os enlaces para acceder de forma sinxela a esta. Mellorando a atención educativa a este alumno con hiperactividade.

Outro exemplo, agora en relación á utilización dos marcadores sociais polo alumnado sería:
Un grupo de alumno de 3º ESO está realizando unha investigación sobre "As enerxías renovables". Podemos organizar pequenos grupos de traballo que se centrarán nunha fonte concreta de enerxía renovalble (enerxía hidráulica, enerxía solar...) e terán que buscar información sobre ela. Ao rematar o traballo todos terán información das diferentes fontes de enerxía e poderán dispoñer do acceso sinxelo a esta mediante os marcadores sociais.

Responder esta

A miña conta en Delicious é http://delicious.com/Biosara.
Son profesora de Ciencias Naturais en Secundaria, polo que a utilidade dos marcadores sociais en recollida de datos experimentais, como menciona no exemplo Adriana, paréceme enorme. Mediante esta ferramenta pódese recompilar toda a información sobre un tema concreto que, xunto co uso dunha lista de distribución, garante a efectividade da comunicación.
En xeral, as posibilidades son inmensas para toda a comunidade educativa. Para o alumnado, permite localizar rapidamente páxinas con información para elaborar traballos monográficos (alimentación saudable, anatomía... calquera información que forme parte do contido da materia). Esta ferramenta permíteslle visualizar as "bookmarks" e relacionarse con todas as persoas coas que comparten intereses, coa conseguinte optimización do tempo e do esforzo para todos.

Responder esta

http://delicious.com/nmpena é a miña conta en delicious. Nela etiquetei unhas páxinas webs que nos serven de referencia para o desenvolvemento dos temas ao longo do curso da materia Historia da filosofía, de 2º de Bacharelato.
O feito de etiquetar páxinas pode axudarnos a levar a cabo algunha tarefa de busca de información tipo unha webquest ou cazatesouros.

Responder esta

A miña conta de Delicius é http://delicious.com/eugenia.noguerol os marcadores que eu selccionei están relacionados coa educación, e máis concretamente, coa ensinanza da Lingua Castelá e Literatura. Hai ligazóns relacionadas tamén coa formación do profesorado, para poder facer cursos en liña. Se alguén quere compartir conmigo máis recursos... xa sabe.
Tamén hai páxinas de dicionarios de español, a páxina da Real Academia Galega e a Española.
A miña proposta concreta é:
En 3.º de ESO na aula de Lingua Castelá e Literatura, estamos a estudar os diferentes diccionarios que se poden atopar en rede, tanto galegos como casteláns. Para elo, o primeiro que farán será seleccionar as ligazóns que lle interesan dentro da conta Delicius. Deberán sellecionar como mínimo as etiquetas. diccionarios léxico lexicografía lengua castelá galega

Responder esta

A miña URL en Delicious é: http://delicious.com/Canexon
Unha proposta do emprego dos marcadores sociais en educación sería por exemplo traballar sobre a obra de Cervantes en 1º de BACH na materia de Lingua castelá e Literatura que tería como prmieiro paso a creación dunha conta en Delicious onde se recollerían ligazóns de interese que nos lles servirían ós alumnos como punto de partida para a realización dos distintos traballos que se proporían.

Responder esta

A miña conta en delicious é: .
Os marcadores sociais constitúen unha ferramenta moi útil á hora de recopilar información sobre un tema en cuestión, pois simplifica moito o traballo.
A miña proposta consiste en realizar unha webquest na que en lugar de dar un listado de páxinas web onde buscar a información para levala a cabo, se lles enseñe a marcar nunha conta en delicious as ligazóns de interese que atopen e, a partir dela, elaborar o traballo.

Responder esta

Non che saíu a ligazón? bibipacios.
A proposta é axeitada pero a súa aplicación require apoiar moi ben os procesos de busca -simple e complexa- na rede e, sobre todo, a aprendizaxe de criterios de fiabilidade e valor á hora de facer a escolla dos sitios. Procurar usuarios con intereses afíns dentro do propio delicious tamén pode axudar nese labor.

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo