Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Tags: delicious, marcadores

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Son profesora de F.O.L. e ei de recoñecer que son relativamente nova nestes temas, polo que me está a resultar custoso aínda que ei de recoñecer, que tamén interesante.
Ocórreseme a seguinta proposta vinculada cos marcadores sociais: No tema relativo as "Formas Xurídicas de empresa" proporeilles aos meus alumnos que consulten páxinas webs de institucións, asociacións, entitades, etc.que oferten axudas e subvencións para a creación de novas empresas. Cada a alumno atopara unhas determinadas, polo que o seguinte paso será que creen un network en delicious ao que pertencerán todos os alumnos, xurdindo deste xeito un importante punto de intercambio de información.
En canto a miña conta de delicious e a seguinte:
A miña conta en Delicious
A verdade é que non coñecía os marcadores sociais, polo que son novata no seu uso e aínda estou tentando facerme con eles. O seu uso non parece moi complicado, é bastante intuitivo; pero, repito, aínda non sei se o estou facendo ben de todo porque acáboos de descubrir neste curso. Creo que simplemente é custión de tempo e uso.
As posibilidades que ofrecen para traballar no ensino son múltiples e beneficiosas, xa que podes compartir os recursos da web e atopar recursos dun xeito moi sinxelo. Unha posible actividade sería para traballar o sustantivo e o adxectivo. Os rapaces terían que buscar información para completar un cuestionario empregando as etiquetas "sustantivo" e "adxectivo" e atopar tamén algunha páxina na que facer exercicios sobre eles.
non creo que sexas máis novata ca min que penso que este curso vaime levar a lo menos 50 horas.Pareceme boa idea o que dis de utilizaar os marcadores pero no meu caso referido a o inglés que é o meu. Entón pódelle facerse cos condicionais, a pasiva, o estilo indirecto ,etc...
a miña conta en deliciousé http://delicious.com/network/evasimon e penso que os marcadores poden axudarnos a etiquetar todo o material que queramos engadir co as suas etiquetas listening, música, reading, textos interesantes. condicionales, reported speech, etc
A miña conta é: http://delicious.com/catuxinha, nela atoparedes marcadores relacionados coa etapa de educación infantil.
Coido que a mellor utilidade dos marcadores sociais, dentro da etapa de educación infantil, pasa polo aproveitamento dos mestres e mestras coma intercambio de información, a visualización de diferentes enlaces nos que atopar recursos para a aula.
ola a todos/as, a miña conta delicious é: http://delicious.com/isabarbela.
penso que os marcadores sociais son un bo medio para o intercambo de información entre mestres. Un caso concreto podería ser o de crear un networ entre persoas que estén interesadas en buscar recursos educativos on-line en galego.
Ola outra vez:
o meu enderezo é http://delicious.com/lourdeslista e non sei porque non sae para que se picades nel accedades o sitio.
Esto lévame bastante tempo e non me entero de moito, estaría todo moi ben pero sobre todo se as páxinas estiveran en galego ou en castelán
Agora xa me din conta de que o enderezo cambiou.
Como pdedes ver ainda me queda moito que rular; pero resultame difícil, non sei para que me metín nesto.
Polo demáis, seguro que estará todo moi ben para elaborar e poder axudar mellor ó noso alumnado.
http://www.delicious.com/nelida19/
Unha idea sería crear un network (mediante marcadores sociais delicious)con porfesores da misma especialidades , no que fosemos engadindo diversas ligazóns para poder dispoñer de recursos interactivos , actividades , exercicios , avaliacións , ... para usar na aula!!!
A miña conta é

Eu non coñecía nada disto e encántame. Paréceme algo moi útil xa que eu son das que nunca sei como facer para almacenar as direccións e acabo perdéndoo todo. Non só iso, tamén permite compartir información con outros usuarios co cal, moito mellor, xa que podemos facilitarnos o traballo entre todos, por exemplo, cando buscamos algo que non sabemos como nin onde atopar. Paréceme unha ferramenta moi útil.
A miña conta

RSS

Membros

  • Lucía
  • Dores Fdez López
  • PAULA
  • ROCIO MARIL
  • Sandra
  • Laura
  • Nacho
  • Nieves
  • Luis

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo