Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Tags: delicious, marcadores

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

A miña conta en Delicious é : http://delicious.com/veci. Son profesora de ciclos formativos de Administración de empresas . Penso que unha boa idea sería que creasemos un network (mediante marcadores sociais delicious)con porfesores da mesma especialidade, no que fosemos engadindo diversas ligazóns para poder dispoñer de recursos interactivos , actividades , exercicios , avaliacións , ... para empregar na aula .
No coñecía moito este mundo, pero semella que a maior vantaxe dos marcadores sociais é que fan posible que nos beneficiemos dun traballo realizado de xeito colaborativo.

Son profe de Lingua castelá e penso que poderiamos traballar a través dos marcadores sociais en relación á obra El Lazarillo de Tormes. Por medio dun debate inicial se consensuarían as tags e posteriormente os alumnos e alumnas deberían ir buscando e engadindo os enlaces que consideren de interese para compartilos co resto do grupo de traballo.
A verdade e que descubrir delicious pareceme mou util. primeiro por ter os favoritos ordenados e topalos desde calquera ordenador, e segundo e mais facil atopar cousas utiles por medio dos tag que andar investigando en internet a ver que se topa.
A miña conta é http://delicious.com/laura75
A idea de facer un network de profesores de ingles seria boa idea para ver artigos e paxinas de recursos, etc.
Ola de novo:

Esquecía dicirvos que a miña conta en delicious é:

http://delicious.com/network/ANA_BELEN

Un saúdo.
Ola a todos/as! Aí vai a miña conta delicious: http://delicious.com/mimiam
A verdade é que a ferramenta de marcadores sociais non a coñecía e paréceme moi útil na tarefa da educación, tanto para o alumnado como para os docentes. Na miña especialidade,o alumno podería utilizar delicious para os grupos de investigación sobre un tema determinado, como enfermidades producidas por virus no home, de xeito que cada membro do grupo engadise as ligazóns máis interesantes que atopou e as compartise cos demáis compañeiros. Esta aplicación permite o uso das TICs e a achega de valores como a educación moral e cívica (o feito de compartir, o desinterés, a xenerosidade).
Para os profesores, dende logo e un gran avance a posibilidade de acceder a múltiple información de compañeiros coas nosas mesmas inquedanzas e intereses, e compartila con tal profundidade.
o importante da rede e poder intercambiar materiais e que outros os poidan revisar para achegar unha opinion dos mesmos
e a miña conta delicious
Esta he unha boa forma de introducir a bibliogracía consultado polos alumnos a traves de internet, e facilitará a forma en que os alumnos poden buscar nova información referente os temas estudados. Do mesmo modo resulta unha ferramenta moi potente para os profesores a hora de compartir os seus recursos educativos cos seus compaños.
esta he a miña conta http://delicious.com/siryo
Realmente pareceme moi interesante a utilización da conta Delicious, non só pola comodidade de levar contigo sempre os teus favoritos, senón tamén porque é unha forma rápida de encontrar información que pode ser interesante para diferentes temas, xa que ao estar etiquetada polos usuarios, permíte ver que hai realmente na páxina.
A miña conta en Delicious é: http://delicious.com/silviaMa.
Cre quizais que o uso didáctico máis interesante que se lle pode dar é crear un Network de profesores dunha mesma especialidade onde se compartan as direccións web que cada un vaia atopando e que lle parezan útiles, etiquetándoas cada unha delas de forma moi concreta para saber cales son os contidos que podemos atopar na mesma.
Esta é a miña conta en Delicious: http://delicious.com/loligonzalez
Paréceme que a utilización dos marcadores sociais é útil para o profesorado posto que é moi práctico poder compartir distintas páxinas que ás veces nos leva tempo buscar e que xusto nos esquecemos dalgunha no momento que máis a necesitamos; en canto á utilización de Delicious por parte do alumnado, eu matizaría o seu uso dependendo para que edades e para que grupo de alumnos posto que algúns poderían perderse neste inmenso oceáno... non porque non entendan o funcionamento, senón porque coido que visitarían quizais demasiadas pàxinas sen que fose moi necesario.
http://delicious.com/jindop é a miña conta de delicious.

Coido que por este medio podemos aforrar moito tempo de busca cada un pola súa conta, xa que estaremos tirando proveito das buscas dos demais.

No tema dos intercambios entre centros, o delicious danos a posibilidade de crear de maneira conxunta (as dúas comunidades educativas) un espazo común onde albergar os nosos intereses, expectativas para a viaxe, dúbidas ante o que imos atopar. Sabendo por adiantado o que lle interesa aos nosos visitantes, poderemos adaptarnos mellor a eles e preparar unha boa e fructífera estancia no noso país.
De feito, as escollas de cada quen (bookmarks e tags) son un claro indicador dos seus intereses principais.
-A miña conta en Delicious é: http://delicious.com/fapero25
Descoñecía por completo esta forma de traballo pero paréceme axeitado o uso desta ferramenta, pola que podemos establecer grupos de traballo entre distintos colexios e así cada un de nós podemos establecer as ligazóns que vexamos máis acertadas, que os nosos traballos non se perdan e conseguir información que de outra maneira non a iamos acadar.

RSS

Membros

  • Lucía
  • Dores Fdez López
  • PAULA
  • ROCIO MARIL
  • Sandra
  • Laura
  • Nacho
  • Nieves
  • Luis

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo