Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Tags: delicious, marcadores

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

ola! olvidouseme colgar a miñ conta delicius, a cal é http://delicious.com/tatoiadelicius. Pareceme un bo sistema para ter organizadas as ligazóns que se utilizan con frecueencia e para compartilas co resto de compañeiros.
Os mestres de infantil desexamos dispoñer de recursos, como xogos e actividades interactivas para traballar cos nenos de 3 anos. Mediante a ferramenta de marcadores sociais delicious un grupo de mestras e mestres creamos un network no que imos engadindo ligazóns clasificadas nos distintos bloques de infantil,para facilitar a búsqueda, e poder mellorar a práctica docente en diferentes centros de galiza.

A miña conta en delicious e http://delicious.com/vanuska
Ola de novo compañeir@s
a miña conta en delicious é http://delicious.com/melpomeneana
Para os docentes esta é unha ferramenta de grande utilidade, que nos permite desenvolvernos con maior precisión na inmensa maraña de información que é a internet. Deste xeito, coa axuda dos links compartidos por outras persoas cos nosos mesmos intereses, podemos estar ao día na nosa materia.
Para o alumnado é moi útil á hora de faceren traballos nos que precisen buscar e procesar información sobre algún tema. Por exemplo: as guerras médicas ou o mito de Orfeo e Eurídice. O grupo de clase tería que abrir conta nun marcador social e unirse a un grupo de traballo ou network para compartir as páxinas nas que vaian atopando a información pertinente. Isto permite ao profesor ademáis, facer un rastrexo exhaustivo de como se desenvolve ese proceso de búsqueda de información
A miña conta en delicious é a seguinte: http://delicious.com/paufupe


É a primeira vez que utilizo unha ferramenta como delicious e a verdade é que a impresión que me levo dela é bastante positiva. Paréceme formidable que persoas con intereses comuns poidan compartir aquelo que consideran de utilidade para as demais persoas. Eu son mestra de Inglés e paréceme unha idea estupenda poder compartir milleiros de páxinas con recursos e estratexias educativas.
A miña conta en delicious é http://delicious.com/anacarnota

Acabo de facer esta práctica e realmente paréceme moi interesante. É impresionante o aforro de tempo en búsqueda de recursos que se pode acadar. É certo que me custou moito chegar a facela (o meu inglés é moi limitado), pero por fin conseguino. O certo é que para alumnos de Educación Primaria véxoo complicado, pero o que é compartir información entre os docentes, é altamente operativo. Considero oportuno, igual que outros compañeiros, de facer un network, con profesores da mesma especialidade. No meu caso é a Educación Física
A miña conta de delicius é http://delicious.com/network/pereira_raul
Non coñecía os marcadores sociais e parécenme relamente interesantes e útiles tanto para os alumnos como para os profes. A búsqueda conxunta sobre un tema proposto e o etiquetado preciso pode ser unha boa actividade.
A miña conta é esta

Serían experiencias construtivas:

Crear un network entre o profesorado para compartir links de utilidade no campo das ciencias sociais.
Crear un network cos alumnos co mesmo fin, engadindo neste caso a posibilidade de rastrexar colectivamente información útil para un asunto ou traballo concreto.
A miña conta en delicious é http://delicious.com/javierfachal
En canto á utilización dos marcadores a verdade que é impresionante o rápido que podes acceder a recursos de calidade para o teu tema de interese. Ademáis é unha maneira de utilizar recursos que xa foron utilizados previamente por outros mestres e comprobaron a súa eficacia.

Ademáis é de moita utilidade o poder acceder dende tódolos ordenadores ás webs que che facilitan o traballo sen que teña que ser o teu computador.
A miña conta en delicious é:http://delicious.com/AndresLopez
Non coñecía o funcionamento, pero paréceme realmente interesante sobre todo cando se empregan diferentes equipos.
Continuando coa proposta inicial, pensaba crear un grupo de traballo para a realización das caixas de averías das maquetas do motor donado este ano. Polo que acepto suxerencias de calquera que esté interesado no proxecto ou polo menos lle interese a xestión electrónica de motores.
Adxúntaranse marcadores de webs así como blogs relaccionadas coa automoción e mais concretamente con sistemas de xestión electrónica, que sirvan para consultar profesores e alumnos.
Para unha clase de inglés na EOI pódese facer un listado de artigos de xornais e podcasts en inglés sobre varios temas da programación (shopping, travelling...) que se usarán como prácticas de clase. Pódese combinar co Ágora para poder colgar explotacións que os estudiantes teñen que traballar dende casa.
Supoño que te referirás a combinar cunha rede social. Ollo! Ágora Rede é unha rede en ning para o profesorado, que non se debe utilizar co alumnado. Se queredes podedes crear unha rede social do voso centro en ning, premendo en "crie a súa rede social, arriba de todo á esquerda, pero non utilicedes redes existentes para fins diferentes aos que teñen.

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo