Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Tags: delicious, marcadores

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

A miña conta en Delicious é: http://delicious.com/notafo

En canto á utilidade dos marcadores sociais no ensino ocórreseme que poden ser unha boa ferramenta para a “fidelización” dos alumnos a espazos académicos de asignaturas, profesores, grupos de traballo, centros, dende que saiban que entrando neles poderán atopar contactos e recursos que axudarán a resolver as súas dúbidas e obter información de todo tipo. Poden suplir con moita avantaxe os taboleiros de información académica, administrativa, cultural, deportiva e informal que se atopan hoxe en calquera centro.
Os marcadores sociais, por outra banda, facilitan para os profesores que aínda non padecemos o cancro da “poltrona” o estar ao día nas nosas disciplinas e no coñecemento e uso de enfoques pedagóxicos e recursos didácticos mediante a socialización permanente do coñecemento con grupos de especialistas, profesores, alumnos con inquedanzas…Poden tamén ser un bo estímulo para que certo sector do profesorado funcionario que podemos denominar “obxectores dixitais”, ao tomar conciencia das posibilidades que se lle abren ( e non só no eido académico ), se decida a emprender a súa “alfabetización” nas ferramentas de coñecemento e traballo deste milenio.
A miña conta en Delicious é: http://delicious.com/mariagalan

Eu son mestra de Educación Infantil, e creo a utilización de delicius nesta etapa podería ser de moita utilidade.

Por exemplo, poderíamos crear unha conta delicious as mestras de Educación Infantil e ir buscando diferentes recursos: páxinas para colorear, contos infantís, actividades plásticas,... para compartir entre nós todo o que atopemos e ir ampliando cada vez máis os nosos recursos. Ó mesmo tempo, poderíamos poñernos en contacto con outras persoas cos mesmos intereses e compartir documentacións.
A miña conta en delicious e
Aínda que descoñecía por completo os marcadores sociais, penso que son moi útiles tanto entre profes como cos alumnos. Permiten intercambiar opinión de xeito rápido e sen problemas de tempo nin distancias.
Como profe de ingles, poderíamos traballar algún aspecto cultural dalgún país de fala inglesa. Para iso, estableceríamos entre todos as tags que poderíamos usar, faríamos unha búsqueda de páxinas web que repondesen a esos tags, etiquetaríamolos, e así poderíamos posteriormente traballar todos coa mesma informacion.
A miña conta de delicious é http://delicious.com/mavei
Non coñecía esta ferramenta pero paréceme que se lle pode tirar moito partido nas aulas, de xeito directo, no traballo docente - alumno, e entre alumnos; e de xeito indirecto, como ferramenta para compartir información e reflexións entre o profesorado. Por tanto, o seu potencial resulta enorme.
Penso que no labor para que o alumnado acade as competencias básicas, por exemplo, a competencia no tratamento da información e competencia dixital, contribúe a fomentar o traballo interdisciplinar. Así, por exemplo, a busca de información por grupos dun tema proposto, comézase por clasificar as fontes das que obter esta información usando marcadores sociais.
Boas, a miña conta delicious é: http://delicious.com/xarumia
Eu por exemplo utilizaría estes marcadores como mestra de audicíon e linguaxe para ter anotados os colexios de educación especial que estén a funcionar como centros de recursos na miña zona educativa e poder organizar eses recursos para que teñan unha utilidade para os rapaces do meu cnetro. O faría extensivo ao resto de mestres do centro xa que teñen que estar involucrados o máximo posible na atención aos alumnos con necesidade específica de apoio educativo.
Ola chámome Romu e son mestre de EF. Preme aquí para acceder á miña conta de Delicious.
A miña proposta está pensada para o resto de mestres da miña especialidade.
Propoño que cada mestre achegue as páxinas interesantes que lle son de utilidade para programar.
Ex: etiquetamos as páxinas como acrosport, predeporte, coordinación dinámica xeral, coordinación dinámica específica etc. Así cada mestre que forme parte do grupo terá información do contido das páxinas e encontrar así rapidamente a información que este buscando.
miña conta é http://delicious.com/cividanes

Considero que é un bo método que facilita o acceso á información, ademáis de abreviar e seleccionar as páxinas e temas máis importantes nun mundo tan extenso como a rede.

Por exemplo no meu network seleccionei a etiqueta de libros que considero que na materia lengua e literatura é a base fundamental. Seleccionei a un grupo de personas que tiñan páxinas que facían interesantes análisis de libros e páxinas que descargan libros por internet de forma gratuita, algo moi interesante para os alumnos porque así ven opinións de outra xente e no caso da descarga, non todos os nenos poden comprar tódolos libros que se lles esixe e así poden leelos ó descargalos, ademáis nas bibliotecas non teñen sempre o número de exemplares necesarios.

ó mesmo tempo é unha forma de contacto entre eles na que poden compartilas súas ideas sen necesidade de estar perdidos pola rede.
É unha boa ferramenta para organizar a información que nos interesa na rede. Na páxina dun departamento dun centro, por exemplo de orientación axuda a catalogar moitos dos recursos en función das etiquetas facendo mais sinxela a navegación e aforrando moito tempo de búsqueda. Ademais posibilita coñecer outros recursos compartindo os nosos enlaces con outros que teñen os mesmos intereses.
ahí vai a miña conta: http://delicious.com/quasar333
A miña conta en delicious é a seguinte: http://delicious.com/aviseiro

Para fomentar e facilitar a lectura, creamos unha conta en delicious na cal se creou un network que inclue distintos marcadores que facilitan o aceso a libros de distintas temáticas, títulos, áreas, .... mediante links que axilizan o acceso e formarase asimesmo un grupo de debate e colaboración mediante o cal cada alumno poida ofrecer un resumo, unha opinión, un comentario ... dalgún dos libros aos que puido achegarse.
Aquí tedes a miña conta :http://delicious.com/bonscot

En canto a utlización destas: Poderíase empregar para compartires, seguindo con que comentei no outro foro da uilización dos myspaces de grupos musicais, os links a os grupos favoritos de cada alumno/a para formar comunidades interesados nos mesmos estilos musicais.
Saudos

Unha maneira de levar a cabo un traballo con marcadores sociais na aula seria pedir os alumnos que busquen información sobre un determinado tema pode ser relacionado con algun tema transversal como a educación ambiental. Pedimos que busquen información sobre a contaminación dos rios. Unha vez teñan diversas páxinas pasaremos a utilizar delicious para etiquetalas. E así poder usalas noutras ocasións.

RSS

Membros

  • Lucía
  • Dores Fdez López
  • PAULA
  • ROCIO MARIL
  • Sandra
  • Laura
  • Nacho
  • Nieves
  • Luis

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo