Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Tags: delicious, marcadores

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

http://delicious.com/funnygar

Para min este foi o primeiro encontro con esta ferramenta de búsqueda de información e teño que recoñecer que me gustou moito. Pareceme moi útil para compartir información entre os docentes, pero tamén cos propios alumnos. Eu como profe de inglés traballo moito con páxinas de audicións, exercicios on-line ou mesmo diccionarios. Estes enlaces son os que atoparedes na miña conta de delicious.

A miña proposta refírese o uso dos diccionarios on-line. Grazas ós marcadores sociais como delicious, os alumnos poden acceder a diversos diccionarios e consultar as súas dúbidas sen necesidade de ter en soporte papel todo o material.
Esta é a miña conta de Delicious.

http://delicious.com/jluisalamancos

Utilización de marcadores sociais na educación:
UD. Os estilos musicais (6º de primaria)
Obxectivo: Valorar os gustos e opinións doutras persoas e verbalizar de xeito crítico as impresións que nos suxire cada estilo musical e as ideas e sentimentos que nos transmiten
conceptos: As diferentes músicas
actitudes: respecto polas diferencias e as opinións propias e alleas
Procedementos: crear un network en grupos de tres con tags indicados polo mestre (mozart, miles davis, blues, milladoiro...)
Espazos: aula de informática
Recursos estraídos da rede
Temporalización : 2 sesións de 50 minutos
Competencias básicas máis relacionadas: cultural e artística.competencia dixital . aprender a aprender. autonomía persoal. social e cidadá.
Actividades.
1ª sesión
1- Etiquetas cos nomes dos grupos
2- Búsqueda por palabras clave no buscador de delicious
3- Save nos links que nos interesen (procurar que teñan algún audio ou video por grupo)
4- Organización do material concreto que vamos a utilizar supervisado polo mestre
2ª sesión
1- Exposición en PDI de cada un dos 4 ou 5 grupos do seu material e audio e unha breve descripción da obra ou estilo estraida do ou dos links utilizados
2- Debate: Ideas alternativas sobre cada unha das 4 ou 5 audicións ou vídeos...
Aquí vai a miña conta Delicious.
Como proxecto interdisciplinar sinxelo poderían buscar dicionarios de distinto tipo das diversas linguas que estudan, incluílos no Delicious e compartilos mediante Network.
Se queredes coñecer a miña conta en Delicious xa sabedes o que tedes que facer.

Este ano teño unha titoría de 1º de primaria. Estou dando clases en Camariñas, no CEIP O Areal. Ultimamente nesta vila estase a producir un notable aumento de matrículas de nenos procedentes de Marruecos. No meu caso teño 4 nenos dun total de 14. Por iso paréceme interesante poñer en común novas formas de facilitar a integración e de mellora dos resultados académicos deste tipo de alumnos inmigrantes.
Espero que este novo medio sírvame tanto a min como a todos os demáis que formades parte desta comunidade para acadar dito obxectivo.
Hola! A miña conta en Delicious é http://delicious.com/doloreselvira.

Como profesora de inglés, as link que engadín están todas relacionadas con este idioma, máis exactamente co uso deste idioma no ámbito educativo. Son sobre todo páxinas adicadas á literatura inglesa, xa que no bacharelato, os alumnos deben ler libros de lectura como complemento ás clases, e desta maneira, con estes links poden atopar resumos, guias de lectura, etc, que lles permitan ampliar un pouco máis os seus coñecementos, e ó mesmo tempo, son tamén páxinas que os profesores de inglés poden tamén empregar para realizar actividades complementarias.
http://delicious.com/luisrrivas

Non vexo a mesma utilidade que ás redes sociais. Considero que non é unha ferramenta suficientemente práctica, inda así nunca está de máis, sempre é unha axuda.
esta é a miña conta delicious
En canto a miña proposta prática, está relacionada coa información que teño compilada na miña conta agora mesmo. Estiven buscando na rede páxinas relacionadas coa reacción química e o seu concepto. Están ordeadas na orde na que o alumnado debe empregalas. Entón o alumnado iría facendo uso delas á medida que foran terminando coa definición de reacción pasarían a contestar cuestións relacionadas. Logo verían exemplos. Logo algo teórico máis concreto e activiades relacionadas,.... Bueno esta idea evitaría que o alumnado se perdese na maraña de páxinas web sobre reaccións que hay na rede empregando no seu lugar so unhas poucas coidadosamente seleccionadas polo profesor. Eu facía algo parecido dun xeito caseiro empregando os marcadores de interntet e tentando clasificalos e ordenalos de modo que me enterase. Aínda que esta opción paréceme moito máis axeita e cómoda. Saúdos.
http://delicious.com/anabtp
non sei se puxen ben o link
A miña conta en Delicious é : http://delicious.com/mariyo66
Non traballara con Delicious nunca. Despois de entender para que foi creado, non foi dificil darme de alta e facelo exercicio proposto.

Como prof de Tecnoloxía, creo que poderei usar os marcadores sociais nas clases de 4º ESO PDC, pois estamos a traballar no estudo de obxectos tecnolóxicos, e coido que poderemos traballar en equipo na descripción dun obxecto (un reloxo, un lápiz,...), a sua historia, o porque do seu deseño, etcetera, de tal xeito que a materia sexa máis atractiva para o alumnado.
A miña conta é http://delicious.com/alimate, a verdade é que descoñecía esta ferramenta. As posibilidades de estes marcadores pareceme moi interesante, aínda que tamén debo suliñar que teño que mergullarme máis neste mundillo para sacarlle todo o proveito.
A miña conta en delicious é:

A proposta é a seguinte:
Na páxina xeb do instituto pode crearse unha serie de marcadores sociais sobre temas de interese para os alumnos: universidades, bibliotecas, actos culturais, deportes,...
Desta forma, os alumnos poderán acceder facilmente aos temas que prefiran e telos ordeados, co que cun rápido vistazo poidan atopar o que queiran buscar.
A miña conta de delicious é: http://delicious.com/sabelarivera

A proposta é para a páxina web do instituto, na que se colocarían unha serie de marcadores sociais de interese para os alumnos: universidades, deportes, actos culturais,...
Desta forma, os alumnos poderán atopar con rapidez o tema que buscan, é dentro deste as páxinas relacionadas.

RSS

Membros

  • Nasa de pau
  • Silvia
  • Lois
  • javier
  • maría
  • vanessa
  • Adela otero Fdez-Aperribay
  • María Prieto Pérez
  • J. Luis López de Guereñu Polán

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo