Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Tags: delicious, marcadores

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

A miña conta é http://delicious.com/Ourense
Os mestres/as de Infantil decidimos crear un equipo de traballo. Nunha conta de delicious marcaremos as ligazóns que creamos interesantes para o desenvolvemento do noso traballo. Utlizaremos distintas etiquetas, como por exemplo: TIC, biblioteca, infantil, xogo,etc. Con elo axilizaremos moito a nosa tarefa.
Ademáis, permite o intercambio de opinións, en definitiva, a mellora das relacións sociais
En primeiro lugar vou compartir a miña conta delicious con vos, espero que vos sexa útil.


Eu xa coñecía un pouco isto dos marcadores, tiña un ikeepbookmarks.com e xa me parecía moi útil, xa que podía ver os links en todos os ordenadores. Este de delicious inda está mellor, o feito de poder suscribirse a certos tags e crear un network de marcadores favoritos é estupendo. Penso que para os profesores é unha ferramenta casi imprescindible, xa que podemos coñecer moitas páxinas de interese que de outra forma sería casi imposible chegar a coñecer. En canto os alumnos, pareceme tamén unha ferramenta útil cando se trata de buscar información na rede e para que os profesores poidan despois valorar esa búsqueda, por exemplo.
Non sei porque a miña ligazón a conta non funcionó, tratarei novamente.

http://delicious.com/anabeli

http://delicious.com/milacp

Esta é a miña conta delicious, creo que esta é unha ferramenta moi interesante para compartir recursos que se atopan na rede, paxinas que poden servirlle a mais persoas, bibliografia, recursos de diferente tipoloxia etc.

A verdade e que descoñecia Delicious e pareceme moi interesante e que se lle pode sacar proveito para o proceso de Ensinanza Aprendizaxe.
Estamos creando unha empresa, cada grupo de alumnos deberan ter unha conta en delicious coas ligazóns de interese para elaborar o traballo por exemplo: facenda, concello, seguridade social, INEM...
Un exemplo para os alumnos da conta Delicious para crear a sua empresa e ter enlaces de interese. Pincha aqui para ir ó exemplo. Hay ligazons de organismos oficiais, de portais de emprego, etc para que os alumnos poidan conquerir informacion para como comezar a crear unha empresa.
Esta é a miña conta: http://delicious.com/biocris80
Aínda non ten moitas etiquetas, polo que non vos será de moita axuda, pero espero ampliar a miña conta xa que este recurso me parece de moita utilidade.

Unha forma de sacar partido aos marcadores sociais na miña especialidade é creando etiquetas para proporcionar información, bibliografía, tutoriais, animacións, etc. sobre o manexo do laboratorio e as distintas prácticas que se van realizar ao longo do curso. Así o alumnado (e tamén o profesorado) disporá de xeito rápido e ordenado a información necesaria para a súa realización e análise posterior.
Este é o enlace para a miña conta de Delicious

Esta ferramenta é moi interesante, xa que nos axuda a organizar mellor os nosos marcadores. Paréceme moi útil que mediante Delicious, poidamos ter sempre a man os nosos marcadores, independientemente da máquina que esteamos a utilizar; así sempre estarán dispoñibles. Moi interesante tamén o feito de poder suscribirnos a unha determinada etiqueta ou mesmo o Network co que podemos ver e seguir os enlaces gardados por outras persoas que teñen as nosas mesmas inquietudes.

Unha aplicación práctica e moi sinxela para alumnos e alumnas de 1º de ESO en Ciencias da Natureza, consistiría en que crearan unha conta en Delicious. Seguidamente, buscarían páxinas que lles interesen e se adecúen ó seu nivel sobre as plantas. Despois, unha vez recopilados varios marcadores e etiquetados segundo o tipo de plantas, engadirán as ligazóns que escolleron os demáis compañeiros. Deste xeito, realizarán un traballo en conxunto e común sobre recopilación de marcadores.
Ola a todos, esta é a miña conta en delicious: http://delicious.com/ducatiguay.

Esta ferramenta é moi interesante xa que paréceme unha vía rápida de acceso a información que nos pode interesar en determinadas situacións. Así, por exemplo, unha proposta que se me ocorre dentro da miña especialidade é que cando chega a hora de montar os festivais ( de nadal, entroido, fin de curso...) o que máis fai falla é material e ideas creativas. Mediante esta ferramenta dos marcadores sociais podemos intercambiar páxinas onde veñan recursos,materiais, cancións...relacionadas co festival a traballar.
Delicious parece unha boa maneira de poder compartir de maneira grupal links, ferramentas educativas, opiniós, co fin de redundar nunha mellora na nosa labor coma mestres, todo co fin de mellora-la calidade educativa.
miña conta en delicious é: http://delicious.com/rcc6
Os alumnos de 2º de bacherelato, están realizando unha unidade didáctica de Expresión Corporal. Terán que facer un traballo dos diferentes temas que a forman. Para iso crearase unha conta Delicius para o intercambio de información, onde propandrán diferentes etiquetas como teatro, mimo, danza, etc.

RSS

Membros

  • Nasa de pau
  • Silvia
  • Lois
  • javier
  • maría
  • vanessa
  • Adela otero Fdez-Aperribay
  • María Prieto Pérez
  • J. Luis López de Guereñu Polán

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo