Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Tags: delicious, marcadores

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

O meu enderezo de delicious é: http://delicious.com/manufiles.
Teño un marcador na miña conta de delicious que vos redirecciona a un blogue que estou botando a andar. É un blogue de intercambio de recursos e formas de dar a materia de Educación Física na etapa da E.S.O. Espero que vos guste e sexa de utilidade para o profesorado da asignatura. Saúdos
Bos días, a miña conta de delicious é Non coñecia esta ferramenta...e pareceme moi interesante para compartir a nosa experiencia cos compañeiros, na materia de música non é doado atopar arranxos axeitados para os nenos/as e case sempre se queremos que a música soe temos que facer nós as adaptacións e conesta ferramenta "aforramos" a busca e o traballo pois se compartimos teremos moitas actividades e máis tempo para traballar co alumnado.
Ola! Son mestra de educación infantil e a miña conta delicious e: http://delicious.com/MartitaLira.

estas contas son moi útiles xa que con so unha etiqueta podemos atopar moitas páxinas interesantes
do tema que queiramos, en infantil servenos sobre todo para ter un grupo de traballo entre mestres de varios coles onde compartir informacións, actividades...
Hola ¡
A miña conta en delicious é http://delicious.com/monicaav
Descoñecia completamente esta ferramenta pero vexo moi util para facer nos departamentos acercamentos a contidos a traves de links en delicious do profesorado para aforrar tempo a hora de empregar recursos para un tema determinado de interese para a aula
A miña conta é http://delicious.com/mariapineiro

Non tiña nin idea das posibilidades que nos ofrece a utilización de marcadores sociais en educación.
Son mestra de Primaria e paréceme moi interesante tanto para o alumnado coma para o resto dos compañeiros/as docentes.
Unha forma de aproveitar este recurso sería crear un network con profes doutros centros para compartir as páxinas web que empregamos na preparación das nosas unidades didácticas.
Pero tamén podemos empregalo co alumnado, de maneira que sempre poderían ter acceso directo a páxinas de moito interese á hora de traballar pola súa conta na casa.
http://delicious.com/charolm
Esta é a miña cota en Delicious. Descoñecia por completo esta ferramente, a igual que moitos dos meus compañeiros do curso. Dende logo que me parece moi útil pois é un xeito de ter xuntos os nosos marcadores, a cotío dispersos en varios ordeadores (ese é o meu caso), e compartir as direccións útiles cos compañeiros. Dende logo que ou seguir explorando as posibilidades e informacións que podo opter com esta ferramenta
A miña conta Delicious é http://delicious.com/aggonzalez

Entendo que esta é unha potente ferramenta, que nos permite cooperar involuntariamente, de xeito que cada quen pode aproveitar os datos de calquera outro e viceversa, sen siquera ser conscientes diso.

As posibilidades parecen enormes, tanto para equipos de traballo de docentes como para aplicacións directas na aula, e sobre todo para a investigación particular.
A miña conta en delicious e http://delicious.com/RobertoFC
Non coñecía os marcadores sociais.
Ademais da utilidade obvia de ter os teus favoritos accesibeis en calquera ordenador, considero que son moi útiles para compartir páxinas de interese entre docentes ben en grupos abertos ou en grupos de traballo privados.
Paréceme unha ferramenta interesante tanto para docentes como para alumnos, aínda que considero que no caso do alumnado deben darse indicacións sobre cómo seleccionar e etiquetar a información, tal e como indica Ignacio Abal.
Delicious é sen dúbida unha ferramenta útil na aula para compartir direccións referidas a unha temática específica. O uso entre docentes da mesma especialidade resulta evidente, pero quizais o máis importante é facilitarlle ós alumnos unha serie de recursos organizados, con información contrastada no momento axeitado do curso.

Esta é a miña conta
A miña conta é http://delicious.com/anarosavidal

Un uso inmediato que lle vou a dar á Delicious é a de buscar, clasificar e compartir cos meus compañeiros do departamento de inglés todas aquelas páxinas que nos ofrezan ferramentas ou contidos que podamos empregar na clase.
Boas noites,
A miña conta é http://delicious.com/network/mariajosedios
Estou a descubrir unha chea de posibilidades de comunicación a través destas ferramentas. Necesitarei algún tempo para asimilar o seu funcionamento pero non teño ningunha dúbida do seu potencial no ámbito educativo. Paréceme moi intersante non só para os docentes senon tamén,como dí María Luisa, para o alumnado que poderá ter acceso directo sempre a información que lle permitirá traballar pola súa conta na casa.
A miña conta é http://delicious.com/merce_vs

Esta é unha forma rápida e sinxela para atopar información, xa que outro usuario que xa a utilizado esa información pode aconsellarme de utilidade da páxina web. Ademáis mediante o uso dos tags podo encontrar calqueira páxina do meu interes con tan so escribir unhas palabras.

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo