Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Tags: delicious, marcadores

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

A miña conta é: http://delicious.com/faroleiro
Descoñecia esta ferramenta por completo. Pareceme útil para centralizar e ordea-las informacións con respecto os temas que traballamos na clase.
no noso colexio somos varias profesoras de infantil pero cada unha utiliza un ordenador diferente en clase e ademáis cada unha na súa casa utiliza o seu, co cal o marcador social permítenos acceder dende diferentes ordenadores a nosos sitios favoritos. ademais a miñas compañeiras poden acceder os meus marcadores e eu os seus sen necesidade de utilizar o seu ordenador. deste xeito aforramos traballo e unhas beneficiamonos das outras. de tal xeito que cando unha atopa algunha paxina interesante metea na etiqueta que lle corresponde. agora, despois de algun tempo, temos un monton de recursos organizados e listos.
A miña conta de Delicius é: http://delicious.com/GORETTI222
A miña conta en Delicious é http://delicious.com/lugonoy

A verdade e que os marcadores sociais, son unha aplicación moi interesante, que non coñecía ata o de agora, non só para os profesores senón tamén para os alumn@s. A posibilidade de almacenar, clasificar e compartir enlaces e sitios web, blogs, wikis, videos, podcast, etc.. que nos parecen de interés e útiles, podemos aplicalo ó desenvolvemento dunha unidade didáctica, e axilizar o acceso ós mesmos, dende calquer computador. A práctica proposta neste curso é unha boa actividade para realizar no tema web 2.0 da materia Tecnoloxías da Información e Comunicación de 1º de Bacharelato, inda que os marcadores sociais, non son un concepto abordado nesa unidade.

O grupo de alumnos dunha materia, unha vez creada a súa conta poderán compartir os enlaces entre eles á hora de realizar algunha actividade de investigación proposta.
A miña conta é http://delicious.com/anarosavidal
Esta ferramenta pódese empregar en calqueira tipo de traballo en equipo que precise da procura de información na rede, xa que todos os membros do grupo teñen acceso a todas as ligazóns.
Ola a todos! Acabo de rematar a miña conta en Delicious e hei de dicir que me levou máis tempo do que eu contaba....En fin, unha é algo torpe... Coñecía as Delicious doutras persoas pero nunca pensara en crear a miña conta propia. Pareceme moi cómodo tanto a nivel persoal porque sempres tes os teus favoritos a man, pero sobre todo por poder comaprtir con tantas persoas que teñen os mesmos interese ca min.
No meu cole somos tres profes de inglés e así podemos compartir as nosas páxinas favoritas e os nosos alumnos poden acceder a elas dende as súas casas para repasar, facer exercicios, ler, xogar .... coma un reforzo do que facemos na aula. Unha gran idea. Ah, a miña conta é: http://delicious.com/bolboretas
Descoñecía totalmente este sistema de búsqueda de información e contidos na rede. Paréceme interesante, coido que poderiase potenciar una rede social patrocinada pola administración e fose participada por tódolos centros para millorar as nosas relacións con cada especialidade.

http://delicious.com/Ana.Rivera
A miña conta de delicious é http://delicious.com/peluxe.
Eu son mestra de educación infantil, e a conta en delicious paréceme que está ben para poder compartir os meus favoritos con outros compañeiros/as e así poder ter aceso a moita mais información. Eu non coñecia esta ferramenta ata agora pero vou comenzar a utilizala porque me parece moi interesante, aínda que facela non o foi tanto porque me dou moita lata.
saúdos e ánimo a todos
Os marcadores sociais permiten acceder desde calquer lugar e calquer computador ás nosas ligazóns. Permiten ademais compartilas co resto dos usuarios da web.
A miña conta en delicious é
http://delicious.com/contidosEducativos
Estoy totalmente impresionada con Delicious. É un tema totalmente descoñecido para min, pero que penso aplicar inmediatamente, xa que da un acceso a información que de outro xeito non se tería, e ademais afórrase moito tempo.

Á miña conta de delicious é:
http://delicious.com/rocioreiro
Ola a tod@s a miña conta en Delicious é aialo1

É a primeira vez que entro en Delicious, de feito non o coñecía. Realmente pareceme moi útil á hora de realizar unha busqueda ou intercambio de recursos e actividades para o ensino. Asimesmo a potencialidade que ten este espazo de cara o seu uso nas aulas resulta moi interesante. Ademáis de realizar pesquisas sobre a unidade en seguimento, foméntase a colaboración entre os membros do grupo que poden agruparse dentro da mesma network.
Hola!
Son profesora de Fisica e Quimica a nivel de secundaria e Bacharelato.
A miña conta de delicious é: http://delicious.com/tamaracercido e invitovos a entrar nela e consultar as miñas páxinas referentes a esta materia.

Non coñecia esta ferramenta, pero pareceme moi interesante sobre todo para compartir as distintas páxinas de información sobre a materia que te interesa. É unha forma de conseguir diferentes recursos educativos, páxinas web ou información que posúen otros profesores adicados á mesma materia.
Tamen pode ser util para os alumnos, para buscar información para realizar traballos,... pero na miña opinión é mais util no caso de intercambio de información entre profesores.
A miña conta en delicious é http://delicious.com/noerod.
Descoñecía por completo esta ferramenta pero considero que ten moita funcionalidade neste mundo da docencia.
Son profesora de matemáticas e a miña proposta é a de darlles os alumnos de 4ºESO diferentes exercicios que deben resolver e clasificar mediante etiquetas nas distintas partes das matemáticas: álxebra, análise, estatísitica, etc.
Despois crearíamos contas en delicious e buscaríamos información sobre estas partes das matemáticas mediante as etiquetas que temos feitas.
En canto aos profesores o feito de compartir material pode diversificar de xeitos interesante os nosos contidos e exercicios sen perder tanto tempo buscando información e clasificandoa. É útil e cómodo.
Un saudo

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo