Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Tags: delicious, marcadores

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Neste espazo tedes que dar a coñecer as vosas contas en delicious, coa intención de que o resto de participantes do curso as coñezan e vos poidan incluír no seu network se lles interesa. Para introcucir unha ligazón tes que seleccionar o texto, clicar na quinta icona (cadea) e introducir a URL da conta.

Ademáis, imos facer propostas concretas de utilización dos marcadores sociais no ensino. Pode ser tanto para o uso do profesorado como para o alumnado.

Por exemplo:

En tecnoloxía de 4º de ESO estamos a estudiar o tema de tecnoloxías da comunicación. Aparte das montaxes prácticas, o alumnado ten que elaborar en equipo un traballo (wiki) sobre o funcionamento dos distintos dispositivos utilizados ao longo da historia. O primeiro paso é marcar nunha conta en delicious as ligazóns de interese que atopa e, a partir dela, repartir a tarefa e elaborar o traballo. As etiquetas que deberán utilizar son, como mínimo: comunicación, radio, televisión, TDT, internet, telegrafía e GPS.

En clase de matemáticas imos facer uns exercicios de estatística mediante a folla de cálculo. Cada grupo de alumnos e alumnas debe recompilar os datos necesarios para o traballo elixido. Por exemplo, os datos meteorolóxicos da comarca durante dúas semanas, coma temperatura, presión, humidade, etc. En primeiro lugar márcanse as ligazóns necesarias para a recollida de datos e, a partir delas, vanse recollendo diariamente os datos para a elaboración das estatísticas.

O profesorado de educación primaria desexamos dispoñer de recursos de xogos e actividades interactivas para traballar co alumnado. Mediante a ferramenta de marcadores sociais delicious un grupo de mestras e mestres creamos un network no que imos engadindo ligazóns clasificadas (matemáticas, lingua, ciencias naturais, etc), para poder botar man deles e utilizalos nas nosas clases.
A miña conta en Delicious é : http://delicious.com/marlenealvarez
Eu son profesora de ciclos formativos da rama sanitaria . Penso que unha boa idea sería que creasemos un network (mediante marcadores sociais delicious)con porfesores da misma especialidades , no que fosemos engadindo diversas ligazóns para poder dispoñer de recursos interactivos , actividades , exercicios , avaliacións , ... para usar na aula . Ademais os nosos alumnos poderían contar cunha conta en delicious : que podería actuar como base da búsqueda de información de interese para a elaboración de traballos na aula ( protocolos de actuación , anatomía de estructuras corporais , ...)
Premede aquí para a miña conta de Delicious

En clase de Historia de segundo de bacharelato estamos a estudiar a caída do antigüo réxime. O alumnado deberá traballar en grupo definindo cales deberían ser as palabras claves e as etiquetas máis axeitadas ao tema que estamos tratando.

Cando as etiquetas e os marcadores máis adecuados estén definidos, deberán crear contas en delicious e buscar ligazóns que respondan a esas etiquetas, cubrindo unhas fichas prediseñadas onde quede recollido o grao de adecuación dos contidos desas webs como axuda para a preparación do tema en cuestión. Materiais de axuda, mapas, liñas cronolóxicas, etc...

Todos os alumnos engadiranse dentro da mesma network de xeito que os links atopados por cada un estén fácilmente disponibles para todos os demais
http://delicious.com/efg76 é a miña conta de delicious

A verdade é que non coñecía esta ferramenta, pero paréceme que ten unha potencialidade realmente boa

A actividade que se me ocurre está adicada básicamente aos profesores.

Entre os profesores do departamento de francés comezar a etiquetar as páxinas webs de recursos que normalmente emprega cada un de nós de tal xeito que esas etiquetas permitan a outros profesores o acceso rápido a esa información, deste xeito todos teríamos ao noso alcance rápidamente centos de páxinas de recursos o que facilitaría enormenente a preparación das clases, novos exercicios, coñecer novos métodos postos en práctica por outros colegas, etc.. etc...
A miña conta de Delicious

Os mestres do CEIP no que traballo a través do CEFORE formamos un grupo de traballo para o coñecemento e uso do encerado dixital.
Mediante a ferramenta de marcadores sociais delicious os mestres implicados creamos un network, clasificando mediante diferentes etiquetas a información recabada referente a compoñentes da pizarra, recursos multimedia das distintas áreas, bibliografía, experiencias na rede...que deste xeito intercambiaremos e teremos dispoñible ao momento.
A miña conta é http://delicious.com/Aureliaaaaaaa

Descoñecía totalmente este sistema de búsqueda de información e contidos na rede. Paréceme moi interesante para facer traballos e sobre todo o aforro de tempo que supón á hora de pasarlle información ós alumnos.
http://delicious.com/mariaalonsoa

Este tipo de ferramentas pode resultar interesante para a elaboracións de proxectos transversais nos departamentos de linguas modernas. Se levamos a cabo un proxecto sobre o comercio xusto, por exemplo, poderíamos utilizar unha conta en delicious para subir links a contidos que poidan resultar de interesa á hora de levar a cabo unha actividade ou que o alumnado poda utilizar como guía.
Link da miña conta
Son profesora de orientación e formación laboral (FOL) podedes acceder á miña conta en Delicious onde teño algun material relacionado co tema. Por ejemplo enlaces a páxina do Inem, a algún buscador de emprego, ademais de outros enlaces que irei engadindo.
http://delicious.com/celiainfantil

Ola!! Non coñecia esta ferramenta...e pareceme moi interesante para compartir a nosa experiencia cos compañeiros, asi "aforramos" a busca, as veces infructuosa de materiais, pois se compartimos o que imos seleccionando e mais doado o traballo.
Estou con celia. Tampouco coñecía esta páxina e de feito, facendo o curso, doume conta que estou bastante desfasado. Desde logo é moi útil poñer en contacto a diferentes persoas con inquietudes comúns e compartir todo aquilo que se coñece.
A miña conta delicious é
http://delicious.com/Xose7
A miña conta de delicious é http://delicious.com/mirianjp

Na clase estamos a traballar os animais, polo que o alumnado traballa nunha conta en delicious con etiquetas que van dende carnívoros,... clasificandoos segundo a súa alimentación ata "en_extinción", por exemplo, ou outras que se lle van ocorrendo o que atopan.

Por outra banda, o profesorado facemos o propio nunha network onde as etiquetas de cada un facilitan moito o traballo dos demais.

RSS

Membros

  • Nasa de pau
  • Silvia
  • Lois
  • javier
  • maría
  • vanessa
  • Adela otero Fdez-Aperribay
  • María Prieto Pérez
  • J. Luis López de Guereñu Polán

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo