Un saúdo a todos e todas:

Había xa uns meses que non pasaba por estes foros e vexo con sorpresa positiva que aumentou considerablemente o número de usuarios :-)

No meu ánimo está promocionar o uso do software libre no eido educativo. A miña percepción deste tema lévame a ver dous pólos ben diferenciados no uso do software, e do software libre en particular. Nun extremo vexo unha élite, moi formada pero tamén moi reducida en número, de usuarios de Linux, moitos dos cales levan o rol de administradores de sistemas nalgúns IES de Galicia. De aí para baixo un mar de descoñecemento, no cal eu tería que incluírme, pois non posúo formación técnica específica.

E esta mensaxe vai dirixida a estes últimos, co obxecto de espertar unha conciencia crítica necesaria para todo na vida, pero máis especialmente no mundo da educación. Hoxe en día, utilizar software libre non esixe maior esforzo intelectual nin manual que utilizar software privativo (ao menos nas aplicacións básicas utilizadas nas escolas e institutos). Avanzouse moito neste campo nos últimos anos.

Onte mesmo ven de publicarse Galinux, un novo sistema operativo libre, gratuíto e en galego, impulsado pola propia Administración, baseado na distribución Ubuntu. Ante esta realidade sería interesante facer un estudo sociolóxico de porqué a maioría do profesorado galego utiliza windows, un software privativo, dunha empresa particular, que hai que mercar e ademais esixir directa ou indirectamente ao alumnado que o merque (pois suponse que eles tamén terán que telo nas súas casas).

Xa sabemos que hai moitas respostas a esta pregunta, pero a máis obvia é o descoñecemento por parte do profesorado destas cuestións; a maioría non distingue entre software libre e privativo nin o que representa cada modelo. Moitos de nós permitimos que as máquinas -os ordenadores- regulen os nosos actos e obedecemos sumisos a todos os seus caprichos. Outros cuestionamos esa realidade e preferimos ter nós o control sobre esas máquinas.

Voume permitirme recomendar o uso de software libre, a todo aquel ou aquela que:

Non queira estar pendente de se pilla virus ou non
Teña que estar todos os días mantendo o sistema para que non se ralentice
Non queira perder o tempo buscando onde piratear tal ou cal programa
Non queira facerlle gastar os cartos ao alumnado en software de marca
Aposte pola colaboración, a solidariedade e o traballo en equipo
Non queira ser un obrero/a de microsoft pola cara, sen cobrar un euro
Queira aprender a dominar un ordenador
E en fin, dalgunha maneira lle faga ilusión pertencer á comunidade do software libre.

Pódese ampliar información en:

http://xosevidal.blogia.com/2008/102901-por-que-usas-software-libre...

Compartir

Responder esta

Membros

  • Toño
  • Jerónimo
  • Montse López
  • Ana Carnota
  • Javi
  • ISA
  • Alejandra Graña González
  • jeru
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo