Xano

Exemplos e ideas prácticas de utilización dos foros e listas de distribución no ensino

Casos e propostas de usos concretos no ámbito educativo.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Eu agora estou dando clase a grupo do PCPI, concretamente o módulo científico-matemático. A parte científica ímola dar nunha aula de informática. Os rapaces buscarán información sobre os temas do temario e faremos un foro de discusión. Cada rapaz ou rapaza abrirá un fío co seu tema (resume e comentarios personais) e os demais irán opinando o respecto.

Responder esta

Como profesora de inglés crearía un foro para discutir temas de actualidade de diversa índole para así poder trata-los diferentes campos semánticos. Outra idea sería propoñer unha palabra en inglés cada semana e que os alumnos escribiran en inglés o que esa palabra lles suxire ( podería ser calquer tipo de escrito, dende unha serie de palabras relacionadas ata unha narración, un conto, un diálogo.. ) Sería algo parecido a un obradoiro de escritura.

Responder esta

Un foro no ensino podería valer para que o alumnado faga preguntas ao profesor sobre algunha unidade didáctica que teña colgado de internet (por exemplo nun blog educativo) e que o profesor deixe a resposta na rede.
Poden aproveitarse horas lectivas ou mesmo fóra da aula.

Responder esta

SON MESTRA DE EDUCACIÓN INFANTIL E PENSEI EN CREAR UN FORO COS NENOS E AS SÚAS FAMILIAS PARA TRATAR O TEMA DO NADAL NA AULA NO QUE PRETENDO QUE COÑEZAN AS DISTINTAS FORMAS DE CELEBRAR O NADAL NO MUNDO. A CADA FAMILIA TOCARIALLE UN PAÍS E APORTARIAN INFORMACIÓN,FOTOS OU VIDEOS DAS DISTINTAS FORMAS DE CELEBRAR O NADAL,CREARIAMOS UN ESPAZO NOS QUE TODOS OS PARTICIPANTES POIDESEN CONSULTAR A INFORMACIÓN APORTADA POLOS OUTROS E ASÍ TODOS XUNTOS APRENDERÍAMOS ALGO NOVO.A VEZ TAMEN NOS SERVIRIA PARA QUE NOS POIDESEN CONTAR NENOS E FAMILIAS DOUTROS PAISES COMO CELEBRAN ELES O NADAL

Responder esta

É evidente que a utilización dos foros e listas de distribución é útil para calquera área de coñecemento ou incluso para a propia vida interna de cada centro educativo.
Eu propoñería un foro de aula (dentro dun blogue) aplicada ás Ciencias Sociais no que o profesorado interveña como guía á hora de realizar determinadas actividades e traballos, que os alumnos e alumnas realizarían, comentarían, compartirían, etc...
Ocórreseme, por exemplo, a creación de diferentes foros ao longo do curso con temas diferentes e de actualidade: un sobre os dereitos humanos e a súa violación en moitos países, outro sobre o 25 de novembro e a violencia de xénero, outro sobre o magosto, outro sobre o antroido, outro sobre o autor/a á que se lle adique as letras galegas, outro sobre memoria histórica (experiencias de represaliados, xente que participou na guerra...) etc... a través dos que o alumnado aporte -aplicando as TIC- o seu traballo e incluso referencias das costumes e tradicións do contorno do noso centro educativo, o que nos permite coñecer mellor ao noso alumnado (e incluso as súas familias, experiencias...) e o noso entorno, do que moitas veces somos grandes descoñecedores. Porque, ben é certo, que os alumnos/as aprenden de nós, pero nós tamén temos que aprender moito deles.
En fin, son moitas as cousiñas que se poden facer cos foros e listas de distribución, tanto a nivel de aula como a nivel de centro, que poden ser moi interesantes e productivas para toda a comunidade educativa.

Responder esta

Poderíase crear un foro dentro da páxina do IES onde o alumnado, aparte de poder consultar dúbidas, descargar material educativo, etc., teña acceso a xogos, encrucillados, exercicios prácticos... para unha aprendizaxe más amena da asignatura e á vez motivar a participación na páxina do centro.

Responder esta

Como xa dixen, empregaría unha rede social para intercambiar información acerca da lingua e as costumes das persoas que teñen o inglés como lingua materna, así como para preguntar dúbidas acerca da lingua, coma se se tratase dun gran dicionario.

Responder esta

A lectura na ensinanza de linguas extranxeiras é unha actividade moi aconsellable. A creación dun foro no que os alumnos discutan e falen sobre as lecturas levadas a cabo axúdaría por un lado a desenvolver a súa capacidade de atopar a idea do texto lido, así como a súa habilidade escrita. Isto facilitaría tamén a aprendizaxe grupal.

Responder esta

Creo que é interesante construir un foro na web do centro onde se poidan discutir certos temas cos alumnos e entre eles mesmos. Deste xeito as dúbidas que poidan ter fóra do horario lectivo poderíanse resolver dunha forma sinxela

Responder esta

Resulataría adecuado cerar un foro o lista de distribución en un IES a través del departamento de orientación de forma que se puedan analizar las necesidades tanto del centro como del alumnado, teniendo en cuenta sus características. De esta forma todo el centro, tanto alumnos como profesores podrían realizar propuestas y comentar dichas necesidades, así como del alumnado con necesidad específica de apoyo educativo, proponiendo medidas tanto curriculares como organizativas que mejor se adapten al centro en cuestión.

Responder esta

Por exemplo.
Pedemos levar a cabo un proxecto no noso centro educativo e colgar a experiencia. Outros mestres poden velo, e entrar no foro de discusion para expresar que lles parece ou se seria posible no seu centro. (por exemplo)

Responder esta

Por un lado a intercomunicación entre distintos membros de un grupo de traballo entre clases e por outro lado o envío e recepción de exercicios entre o mestre e os seus alumnos,por exemplo

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Mª Belén
  • SARA
  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo