Xano

Exemplos e ideas prácticas de utilización dos foros e listas de distribución no ensino

Casos e propostas de usos concretos no ámbito educativo.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

É evidente que internet ofrece posibilidades case infinitas de obter información, pero como sabemos non toda é de boa calidade nin fiable. Na área de Ciencias Sociais isto multiplícase incriblemente, e tanto docentes como alumnado teñen problemas para abarcar e procesar tanta información e posibilidades.
Tento en conta todo isto, a miña proposta para un foro na área de Ciencias Sociais iría encarado a solucionar dúbidas e a dar recomendacións ao alumnado para facer consultas en rede, tendo en conta a calidade da información ofertada. E ademais os alumnos poderían intervir facendo as súas propias aportacións sobre páxinas visitadas, materiais e recursos atopados, e efectividade dos mesmos, de tal forma que non só o profesor aporta ideas e materiais, senón que tamén os alumnos poden recomendar o que a eles máis lle interesa, e mellor lles resulta de cara a súa formación.

Responder esta

A miña proposta básase na creación dun foro ou unha lista de distribución (dinamizada e moderada por un docente) que contribuise a achegar informacións, experiencias, propostas, recursos multimedia ós diferentes membros da comunidade educativa (mestres, alumnos e pais, principalmente). Dentro deste espazo na rede e dado que son mestre de infantil, un dos tópicos que crearía sería o de achegar recursos, experiencias, ideas, opinións... relacionadas cos Proxectos que levarían a cabo durante o curso académico.
En calquera caso, para animar ós nenos a participar e a promover un aprendizaxe significativo, salientaría a utilización de power points, programas e contidos audiovisuais... ,dada a especial motivación que neles esperta. Ademais, serviranme para complementar e profundizar as súas aprendizaxes, promover o desenvolvemento das súas capacidades, reforzar o proceso educativo nos nenos extranxeiros, promover a socialización....-

Responder esta

os foros e as listas de distribución no ensino son de gran importancia, tanto para o alumnado (resolver dúbidas ou debater sobre os contidos estudiados) e para o profesorado (coordinación dentro do departamento). No campo da educación física o profesorado pode ir "abrindo" os temas propios de cada unidade didáctica e o alumnado consultarao. Ademáis podénse propor diferentes actividades en relación co uso das novas TICS.

Responder esta

Na materia de lingua castelá e literatura a utilización dos foros e listas de distribución resulta moi útil. Poderíase utilizar, por exemplo, para practicar, en case tódolos niveis de secundaria para, de forma amena, ortografía (unha das partes máis odiada polos alumnos) mediante exercicios e links de distinto nivel segundo as características do alumnado como elemento de reforzo. Habería que buscar algunha maneira de incentivar a visita do foro a través de algún tipo de xogo ou en algunha hora de clase.

De igual maneira se poderían utilizar para introducir e comentar as dúbidas que van surxindo ós alumnos a medida que se enfrentan a temas novos.

Na área de literatura, pareceme moi boa idea inserir comentarios sobre libros que nos propoñemos, pero tamén os que eles propoñan, introducindo diversos elementos que relacionen a literatura con outras artes, a música, a pintura, a fotografía... en fin, o obxetivo xeral podería ser que os alumnos se expresen, obxetivo, díficil de cumprir. Esta podería ser unha boa canle.

Responder esta

Eu acostumo a traballar con grupos de Diversificación Curricular no ámbito lingüístico- social e creo que o foro se pode aproveitar para a produción de textos. Normalmente o alumnado elabora un texto cada semana, quince días... unha vez por semana podería haber un alumno/a que escribise sobre un tema de interese ( por exemplo no insti no que estou eu hai alumnado afectado polas obras do AVE que quedou sen a súa casa) e durante o resto da semana ( até a publicación do próximo texto) o resto de compañeiros/as poderían opinar sobre ese tema.
En canto ás listas de distribución, iríame ben para traballar con este alumnado tamén xa que eu adoito propoñer traballos por grupos, cada grupo é responsábel dunha "parcela" de información e unha vez rematado o proceso de recollida de datos, redacción... teñen que compartir todos os grupos o resultado para que estea completo o tema. Unha lista de distribución serviría para repartir isto entre o alumnado.

Responder esta

En 4º ESO poderíase constituir un foro de Educación Plástica e Visual no que se vaian colgando fotos do proceso do traballo proposto, dende o boceto inicial, pasando polas correccións, influencias etc ata chegar ao resultado final. Deste xeito dáselle valor non só ao traballo feito e rematado, senón a todo o proceso ata chegar ao resultado tendo en conta as opinións dos seus compañeiros e compañeiras.

Responder esta

son ferramentas ás que o equipo de biblioteca do centro lles pode sacar moito rendimento. no foro podense ter varios temas estables buscando unha certa continuidade e aprofondamento (interesante contar coa colaboración dalgún departamento que queira traballar algún autor ou tema concreto) e tamén outros específicos relacionados con eventos particulares, ademáis de aqueles que a comunidade usuaria considere pertinentes. as listas de distribución permiten a comunicación de información facilitando a posta en común. resulta util dispor de varias en función de grupos, niveis, inquedanzas...

Responder esta

penso que sería positivo ter foros nos que puidesen participar toda a comunidade educativa tratando temas transversais como a igualdade entre homes e mulleres... deste xeito poderíamos ver cales son as ideas existentes e poder traballar sobre os aspectos que se consideren máis oportunos

Responder esta

Propoñemos a creación dun foro de debate, na que os alumnos poden explicar ou dar a coñecer as prácticas físico-deportivas, ou actividades físicas as que adican o seu tempo libre, co obxectivo de que outros con intereses similares poidan recoller ideas para a ocupación constructiva e activa do seu tempo de ocio, contribuindo a evitar o sedentarismo e as enfermidades relacionadas co mesmo.

Responder esta

Aínda que eu son mestra, e as listas e foros son recomendables para o ensino superior eu propondría un foro de discusión cos alumnos do último ciclo de Primaria onde, despois de cada saída cultural que fixeramos, poderían poñer as súas opinións respecto da mesma téndoas en conta (o profesorado) para futuras partidas.

Responder esta

Un exemplo práctico da utilización destes foros, é compartir ideas creativas, coma poden ser a dos Terminais Lixeiros, pois en moitos centros estanse aproveitando ordenadores antigos, que son conectados en rede a un ordenador potente e permiten navegar por internet e manexar algúns programas, facilitando que haxa máis ordenadores dispoñibles, pero cun baixo custo.

Responder esta

a mín gustame a idea de crear un foro para tratar cos pais os temas que traballo cos nenos na aula (de infantil) iso inevitablemente involcraríaos na educaión dos seus fillos e cando tivesen 5 anos ou incluso menos xa serían os nenos quenes axudaían aos seus pais nesta area, achegándoos as tics.

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo