Xano

Exemplos e ideas prácticas de utilización dos foros e listas de distribución no ensino

Casos e propostas de usos concretos no ámbito educativo.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

por exemplo en educacion física en secundaria poderíamos propoñer un foro destinado os hábitos suadables nos que os nenos poden comentar e intercambiar experiencias propias sobre actividades que fan ou que coñecen falando do que lles aportan esa actividade no seu tempo libre.

Responder esta

A miña especialidade é o inglés. Eu propoño ir co grupo de alumnos unha vez á semana á sala de ordenadores para participar no foro. Cada semana proporíalles un tema de debate relacionado cun asunto de actualidade ou cun tema do seu interese. Por exemplo, esta semana poderíamos falar do Bullying ou do Botellón. Por suposto, todas as intervencións serían en inglés.

Responder esta

Como futura profesora da rama de ciencias, preocupame moito o deterioro do medio ambiente, asi que proporía a realización dun foro onde os alumnos poidan dar a sua opinión, ademais de recoller ideas, sobre o coidado do medio ambiente. Un exemplo sería ir anotando día a día, cada alumno, as cousas boas que fixo para axudar ao coidado do medio ambiente. Así poderianse concenciar mutuamente do coidado do medio ambiente.

Responder esta

Bos Días de novo:

a miña proposta vai dirixida a creación dunha rolda de correo entre os integrantes da comisión de normalización lingüística do centro, na que poderan ir facendo o seu traballo, sen ás preocupacións de que falte algun/ha membro/a ás reunións da propia comisión.
Desta forma, queremos dinamizar o traballo das comisións, e axilizar ós trámites da mesma, a través do coñecemento en todo momento, a través de dita rolda, do traballo do resto do grupo, das fechas de reunións, etc...

Responder esta

A verdade é que é un pouco complicado crear un foro para os/as rapaces/as de educación infantil, pero poderíase abrir un foro para os/as nenos/as onde falasen dos seus problemas, inquuietudes...

Responder esta

E por que non para os mestres/as e nais/pais?
Moitas destas aplicacións que estamos a ver non son útiles para que traballen directamente con elas nenos e nenas de infantil, pero si poden ser moi útiles como espazo de comunicación entre o profesorado e as familias.
A aplicación destes recursos e ferramentas dependerá moito do nivel no que se traballa e da especialidade, pero estes foros axudan a que reflexionemos sobre as posibles aplicacións, e que poidamos recoller as ideas que están a aportar outros compañeiros e compañeiras.

Responder esta

Partindo de que cada instituto ten a sua páxina, poderíanse facer moitos foros de debate, ben das distintas asignaturas, ou ben de temas transversais entre os alumnos do centro.
Tamén vin nun instituto catalán como o profesor de matemáticas, a miña área, plantexaba un problema de inxenio, e os rapaces iban dando distintas solucións, ou facendo preguntas ata atopar a resposta correcta.

Responder esta

A miña proposta nesse caso sería a creación dun foro adicado á Matemática Recreativa, é decir, a acertixos matemáticos, problemas matemáticos famosos, problemas de lóxica, etc. Por exemplo, para empezar podería ser un profesor de Matemáticas quen propuxera un acertixo, abrindose un debate no foro sobre as posibles solucións, as pistas ou pasos que se van resolvendo e que poidan servir para o resto do grupo, para poder chegar entre todos á solución. A súa vez os propios alumnos poden propoñer novos retos. Incluso poderían participar alumnos de outros centros, ou ter un blog paralelo no que se vaian colgando os distintos acertixos para ir elaborando unha recopilación dos mesmos.
Así podería darse a coñecer unha aorte lúdica das Matemáticas que sirva para acercalas ós alumnos.

Responder esta

Hola,
mi propuesta para la creación de un foro sería dirigida a afianzar y consolidar el idioma ingles entre mis alumnos, crear cada dia o semana un tema de discusión y que ellos puedan expresar su ideas en otro idioma, de esta forma no solo practican el idioma, sino tambien conocen diferentes vocabularios destinados a diferentes temas a tratar

Responder esta

A MIÑA APORTACIÓN BÁSASE NUNHA EXPERIENCIA LABORAL QUE TIVEN, ONDE EN UN CENTRO EDUCATIVO MEDIANTE UNHA REDE SOCIAL OS PAIS DOS ALUMNOS ACCEDÍAN A UN INFORME DE RENDIMENTO DOS SEUS FILLOS, ORIENTADO HACIA OUTRAS IDADES E NECESIDADES PODERÍASE EMPREGAR A PARTICIPACIÓN NOS FOROS PARA QUE OS ALUMNOS POIDERAN TER UN CONTACTO MÁIS DIRECTO CO PROFESORADO OU INCLUSO PARA PAIS DE NENOS DE ESO DE FORMA QUE ESTIVERAN INFORMADOS DA MARCHA DOS SEUS FILLOS.

Responder esta

Silvia, procura non escribir en maiúsculas. En internet significa levantar a voz ou berrar. Utilizade sempre minúsculas nos foros e chats. É unha das regras básicas de "net-etiqueta".

Responder esta

Na rede Ning "Internet en el aula" móstrannos unha experiencia de utilización dos foros: http://internetaula.ning.com/forum/topics/el-foro-online-como-una

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Mª Belén
  • SARA
  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo