Xano

Exemplos e ideas prácticas de utilización dos foros e listas de distribución no ensino

Casos e propostas de usos concretos no ámbito educativo.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

como exemplo propoño que despois de que os alumnos visen un video sofre a deforestación, creasen un foro de debate onde reflexaran o grao de responsabilidade que temos na deforestación da selva

Responder esta

No que sería a bioloxía e ciencias do medio, poderían ser moi útiles para que os alumnos puidesen propoñer distintas accións que poden levar a cabo eles habitualmente para axudar a reducir a contaminación.
Ademais de que oporten os pros e contras que crean que poden ter os usos das distintas enerxías renovables existentes, explicando cal consideran que sería a mellor.

Responder esta

Un foro no que participen departamentos da mesma materia pode ser moi útil. Pódense compartir ideas, organizar actividades, estar ó día de novas relacionadas co ensino desa materia, etc. En resumo, un punto de encontro para profes da mesma especialidade.

Responder esta

Algo moi útil e interesante deste tipo de páxinas "Redes Sociais" é a de poder compartir información entre departamentos de distintos centros. É unha utilidade moi boa cara os docentes, eu non sabía da existencia deste tipo de páxinas e de seguro que vai ser de bastante utilidade. Eu son de Tecnoloxía, penso que é moi interesante crear unha comunidade na que os docentes da nosa especialidade poidamos por información, unidades, preguntar dúbidas, etc.

Responder esta

Poderíase empregar un foro para responder a preguntas que aparecen en clase, que se desvían da programación, pero teñen interese suficiente por si mesmas como para xustificar este debate, aínda que o tempo limitado de clase fai que non se poidan atender en dito tempo.

Responder esta

crear un foro donde os pais/nais e os nenos/as poidan comunicarse sempre relacionado coa actividade do momento.

Responder esta

pódese crear un foro para compartir dúbidas, inquedanzas ou comentar problemas que surxen na práctica diaria dentro dunha mesma especialidade.

Responder esta

Como profesora de matemáticas que son, proporía un foro ou un grupo de traballo cos meus alumnos. Neste foro se pretendería sobre todo buscar distintas formas de plantexar problemas, o afondamento no coñecemento das matemáticas, da súa historia e, en xeral, sobre todo aquilo que aos alumnos lle poidan parecer de interese.

Responder esta

Eu propoño constituir un foro ou unha lista de distribución para o Departamento de Física e Química mediante o que os alumno poidesen plantexar as suas dúbidas, consultar datas de exámentes, atopar exercicios, contactar cos titores, opinar sobre as asignaturas, realización de traballos, etc.
Tratarian-se temas transversais e direccions de interés para os alumnos

Responder esta

Como mestra de E. Primaria, para un grupo de nenos/as de 6º curso, propondría o seguinte: Participar nun foro con varios colexios da nosa zona, e participar nun foro de debate sobre a reciclaxe para compartir ideas, opinións, diversas prácticas, etc. Así despois, en pequenos grupos na nosa clase, realizariamos diferentes traballos relacionados co tema, murais, posters, etc. Desta maneira o meu alumnado estará mías motivado ademais de empregar as Tics.

Responder esta

Eu centrareime en educación infantil, e utilizaría os foros e listas de distribución no ensino como vía de comunicación cos pais, como intercambio de ideas, suxerencias... etc.

Responder esta

A miña proposta e crear un foro, con curiosidades matemáticas, biografias, xogos de lóxica; unhas certas e outras falsas, e os alumnos deberían cotexar e discutir a verdade ou falsedade delas

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo