Xano

Exemplos e ideas prácticas de utilización dos foros e listas de distribución no ensino

Casos e propostas de usos concretos no ámbito educativo.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Hola!Outra aplicación podería ser, que si en Coñecemento do Medio estamos a estudiar Galicia; que cada alumno aporte fotos e comentarios sobre lugares de Galicia onde tivese estado. Doutros lugares é do propio onde se vive.

Responder esta

Yo creo que lo de los foros es muy interesante, porque aquí si que todo el mundo puede compartir sus propias opiniones y las de los demás, y con eso se aprende mucho.
Yo abriría un foro de actualidad para que los alumnos pudiesen hablar de todas las noticias que le parecen interesantes, y que a lo mejor otros alumnos no han escuchado y así se enterarían de lo que está pasando en el mundo, que es muy muy educativo.

Responder esta

Xa que son profesora de estética e os meus módulos son eminentemente prácticos,eu propoño a creación dun foro para o departamento de estética,en donde se poidan expoñer os problemas que surxen na aplicación de diversos tratamentos ,erros que acontecen nos protocolos de actuación,causas de estes erros ,e como solventalas.

Responder esta

Eu propoño crear un foro ou unha lista de distriución para un grupo de traballo dun centro, xa que son mestra de educación infantil, crearía un foro ou lista de distribución para que os mestres de ducación infantil dun mesmo centro traballasen en equipo compartindo ideas e proxectos o cal sería moi enriquecedor. Tamén sería importante contar con mestres de primaria para que cando os nenos cambien de etapa non lles supoña ningún tipo de problema e poidan seguir tendo un aprendizaxe globalizado e lineal.

Responder esta

Como mestra en educación musical, poderíase crear un foro no que os alumnos por grupos expliquen as diferencias e similitudes entre distintos cds de música que proporcionará a profesora (música clásica, rock, country,hip-hop...).
Así todos os grupos analizarán as diferentes músicas e as súas características e estas aparecerán recollidas no foro.

Responder esta

Como parte integrante do Departamento de Orientación dun Centro Educativo podemos crear un foro ou lista de distribución co obxectivo de intercambiar información do alumnado con necesidade específica de apoio educativo escolarizado nese centro. Esta información fará referencia aos obxectivos que nos plantexamos cada profesional con cada alumno de forma individualizada, metodoloxía, actividades, recursos persoias e materiais, temporalización das actuacións...co fin de estar coordinados todos xuntos e así poder acadar os obxectivos propostos no programa de intervención.
Podrían formar parte deste foro todos aqueles profesionais internos e externos ao centro que prestan atención a estes alumnos (Orientad@r, mestr@s de apoio, titor@s, membros do E.O.E, logopeda, terapeuta ocupacional, especialistas...)

Responder esta

En primaria estamos co plan lector . Tódolos días adicamos un tempo a lectura .Cada neno ten que ler un conto , despois facer unha ficha de lectura que comparte cos demais nenos . Explicando ,se lle gustou o non o libro e por que . Esto que facemos na claseseria moi interesante poder compartilo nun foro con nenos de outros centros .

Responder esta

A miña proposta centraríase na creación dun foro ou dunha lista de distribución para un centro de educación secundaria .Un exemplo concreto sería unha lista de distribución entre aulas dun mismo centro da ESO, a través da cal os constituíntes poderían opinar sobre conflictos acontecidos nos recreos, modo de resolverlos, etc.

Responder esta

Interesante sería crear unha rede relacionada con cada un dos autores/as que veremos dende a literatura, de xeito que todas as cousas relacioandas con elas/es cheguen a todo o alumnao e podan eles mesmos participar no grupo creado.

Responder esta

A miña proposta será a seguinte:

Os rapaces de bacharelato teñen unha serie de lecturas obrigatorias ao longo do curso escolar, ben, pois por que non crear un foro de debate ou unha lista de distribución sobre cada unha desas lecturas, onde todos (os distintos grupos do centro) poidan ir opinando sobre o libro fixado facendo mención aos distintos aspectos desa obra: autor, argumento, personaxes, tempo e espazo narrativos, estilo...

Responder esta

A min paréceme que isto de aforrar folios está ben: facer o mesmo pero a través dun espazo de discusión ou traballo nun soporte web. É unha opción, nada desbotable e alternativa. Mais paréceme que o uso das TICs debe promover a exploración de novas linguaxes de comunicación, por exemplo, o uso das web quests.
Así que ocórreseme que como complemento a unha unidade didáctica calquera, e pertinentemente, se inclúa unha actividade deste tipo para aprender a usar comprensiblemente e discretamente (como ensino -proposta- e fomento do bo e concreto uso dos novos soportes dixitais). Por exemplo, propoñer pasos e fases concretar de descubrimento de certa e concreta información dentro de diversas páxinas webs. Podería ser un proxecto en que cada procura na web nos leve a unha pista que desembocará na nova procura e así sucesivamente até chegar á meta. O resultado poderáse plasmar en papel ou en formato dixital, tamén nun foro sería posible. O traballo gañador ou seleccionado polos alumnos será exposto e explicado nas aulas e as diferentes respostas, erróneas ou correctas, serán discutidas e valoradas entre todos coa axuda do profesor-moderador.

Responder esta

A MIN PARCEME INTERESANTE CREAR UNHA COMUNIDADE VIRTUAL PARA QUE OS ALUMNOS DE DISTINTOS CENTROS OPINEN E DISCUTAN ACERCA DE DETERMINADOS TEMAS QUE PREOCUPAN A SOCIEDADE ACTUAL E ESTAN PRESENTES NOS MEDIOS DE COMUNICACION PARA DESTE XEITO INTERCAMBIAR ASPECTOS FUNDAMENTAIS DA EDUCACION EN VALORES. E DICIR TRATRIASE DE QUE INVESTIGUEN AS CAUSAS DALGUNS DOS PROBLEMAS QUE PREOCUPAN A SOCIEDADE ACTUAL, ASI COMO AS SUAS CONSECUENCIAS NO CONTORNO SOCIAL E ELABOREN AS SUAS PROPIAS HIPOTESES PARA PODER SOLUCIONALOS E ASI IR COMPARTINDO A TRVES DESTA COMUNIDADES UN CONXUNTO DE VALORES DENDE UNHA PERSPECTIVA CRITICA

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Mª Belén
  • SARA
  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo