Xano

Exemplos e ideas prácticas de utilización dos foros e listas de distribución no ensino

Casos e propostas de usos concretos no ámbito educativo.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Neste espazo imos ir propoñendo exemplos concretos de utilización de foros e listas de distribución no ensino.

Por exemplo.

En 1º de ESO utilizamos a primeira media hora da clase de titoría como tempo de lectura. O alumnado debe elixir un libro entre os que hai na biblioteca para ese tempo. Para axudar ao alumnado na elección de libros decidimos abrir un foro de discusión. Ao rematar a lectura o alumnado debía abrir un fío de debate no foro no que debía facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

En ESO e bacharelato as cuestións de razoamento lóxico en física e química soen resultar difíciles de resolver individualmente, así que creamos un foro en internet para que se resolvan conxuntamente. O profesorado vai anotando cuestións e, o alumnado deberá debatir sobre elas ata atopar a resposta.
Por exemplo, no tema de termodinámica: a) Por qué sentimos máis frío cando pisamos lousa que cando pisamos madeira? b) Se abrimos a porta da neveira, arrefríase a cociña?
O alumnado debe xustificar a resposta para convencer aos demáis compañeiros e compañeiras.

Responder esta

Proporía constituir un foro ou unha lista de distribución para axudar ao alumnado na elección do proxecto a desenrolar trimestralmente na área de Tecnoloxía.

De este modo os alumnos/as ao rematar o seu traballo introducirían fotos do mesmo, comentando todas as incidencias que tiveron lugar durante a sua relización, nivel de complexidade do mesmo, dificultade a hora de conseguir os materiais adecuados así como a seu custo. Explicando como resolveron do modo máis axeitado as dificultades atopadas.

Sería moi importante, que todos/as puntuaran o nivel de dificultade do mesmo, así como o seu correcto funcionamento unha vez rematado, de cara a súa posterior elección por parte de outros compañeiros, xa que a simple vista o que parece máis vistoso ou aquel que os atrae nun principio, non é o que mellores resultados da, ou o que sería aconsellable para todos.

Responder esta

Como propuña anteriormente, ocorreseme crear nun IES un periodico propio, no que formaríanse grupos de traballo distintos, como por exemplo 1' da ESO, ... e así todolos niveis, cada un faríase cargo dun apartado do periodico, e usarían as roldas de correo para facer comunicados ou propoñer noticias de interese, discusions...

Responder esta

Se podria crear un foro donde los alumnos puedan, plantear dudas sobre cualquier asignatura y que los propios alumnos sean los que intenten ayudadarse unos a otros.

Responder esta

A miña proposta centraríase na constitución dun foro ou dunha lista de distribución para un grupo de traballo ou un departamento.
Un exemplo concreto sería unha lista de distribución do Departamento de Orientación do centro, a través da cal os constituíntes poderían intercambiar información e analizar aspectos como: as necesidades educativas especiais que presentan determinados alumnos, recursos cos que conta o centro para dar resposta a elas e cales é preciso conseguir, coordinación cos recursos persoais internos e externos ao centro, probas específicas para realizar unha avaliación e detectar posibles dificultades no alumnado, acordos sobre a realización de avaliacións psicopedagóxicas...

Responder esta

eso me parecería perfecto, además mientras ayudan a otros compañeros, aprenden ellos tambien...además, estamos hablando de una aprendizaje significativo.

Responder esta

A miña proposta sería crear un foro entre o alumnado ou unha lista de distribución para un grupo de traballo de medio ambiente.
Un exemplo concreto sería crear un foro de medio ambiente onde o alumnado poda intercambiar impresións e aportar ideas sobre o que fan no centro como: traballar as enerxías, a contaminación, plantación de árbores ou plantas, actividades relacionadas coa reciclaxe,...

Responder esta

Como profesora de ciencias (aínda que esto da protección do ambiente é labor de todos e todas nós), paréceme moi interesante esta idea que aportas. Podería utilizarse o foro e as listas de distribución para recoller os datos acerca de experiencias sinxelas e intercambialas entre o alumnado, datos referentes ó seu consumo de auga e eletricidade, reducción no uso de embalaxes, estudo dos productos que consumen... donde puideran ir anotando cada unha das accións individuais que van facendo nun día para protexer o ambiente.

Responder esta

Protexer o medio ambiente, e un tema que todos os alumnos deberían ter presente, independientemente dos estudos que estean a cursar, por eso recalco esta idea como moi interesante, e dende o meu punto de vista, como profesor de fp de agrarias e forestais considero que un foro onde participase todo un centro podería resultar util para intercambiar coñecementos entre alumnos de ciencias e alumnos de letras que deben coñecer tamén a importancia deste tema.

Responder esta

Cartearnos electronicamente os nenos do interior da cidade con nenos da costa, por exemplo.
Ó final de curso, facer unha excursión conxunta.

Responder esta

Mi especialidad es de Formación Profesional y a mi se me ocurre crear un foro general del ciclo formativo para que los alumnos intercambien curiosidades, preocupaciones, etc., y en el que también los profesores pueden coordinar en colaboración las actividades extraescolares y complementarias, el uso de las instalaciones de las que disponen, etc.

Responder esta

Poderíase empregar un foro para resolver as dúbidas dos alumnos en torno a un tema, tamén podería servir por exemplo a modo de diario no que poidan recoller as impresións e experiencias tanto dos alumnos coma do profesorado en referencia aos contidos e temas traballados e onde se recollan tamén as dúbidas e as súas solucións.
Outra proposta sería a de crear unha lista de distribución para o profesorado un mesmo ámbito educativo , a través da que poden intercambiar información, testemuñas e experiencias sobre a súa labor docente, aínda que tamén poden ser do mesmo centro, e serviría para informarlles de todo o relativo ao funcionamento do centro.

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Mª Belén
  • SARA
  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo