Propostas de uso na práctica docente.

Tags: audio, blogue, documentos, imaxe, vídeo

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

O meu blogue http://arwen888.blogaliza.org iría dirixido ó profesorado de Primaria.

Os temas serán en relación ás diferentes áreas, Coñecemento do Medio, Matemáticas, Lingua e Literatura Galega, Lingua e Literatura Española, Plástica.

Os obxectivos serán:

-Proporcionar recursos educativos útiles ós mestres de primaria do meu centro e doutros.

- Enriquecerse co intercambio de recursos entre os docentes.

- Facilitar o aceso ós recursos.

a) En xeral: para o intercambio e o acceso a recursos interesantes.

b) en canto ás publicacións:

Textos interesantes para o traballo dos contidos de Coñecemento do Medio. Así como vídeos con experimentos, feitos cos nosos alumnos ou baixados de youtube.

Recopilación de relatos dos nosos avós para Lingua Galega
e literatura, así como poemas, cancións, adiviñas, retahílas, etc... Tamén, co consentimento do autor podemos colgar vídeos ou audio de xente maior contando contos, cancións, etc...

Para plástica podemos colgar imaxes de exposicións, obras de arte que esté actualmente na cidade, obras feitas polos alumnos, etc.

Podems colgar proxectos levados a cabo cos nosos alumnos que nos pareza interesante compartir. Utilizando vídeo, audio, imaxes e documentos. Por exemplo, se observamos o proceso dos vermes de seda, podemos fotografiar e colgar cada fase, táboas cos datos da evolución dos vermes, vídeos, música, cancións, poemas en relación cos vermes. Algunha obra plástica coas casulas dos vermes e expoñela no blog.
Bosquexo dos obxetivos do blogue

Boas- son Miguel Forneiro, profesor de piano

Ainda que o meu blogue non ten de momento un tema definido, como xa indiquei nalgunha anotación a súa finalidade de momento sería a de:

Bloque de departamento—neste caso para o seminario de piano

A súa finalidade sería a creación duna programación para os diferentes cursos, maís ou menos homoxénea en canto a dificultade e compositores,

En concreto:

1-irianse subindo documentos facendo unha biblioteca de partituras escollidas con anotacións sobre dificultade, estilo e demáis

2-abríriase o blogue a outros conservatorios, sobre todo do ámbito municipal para que pudiesen participar e aportar ideas para a programación

3-outro apartado sería a problemática específica da ensinanza musical nos conservatorio que poderíamos denominar “ de vila” , que en xeral soportan unha escaseza de medios moi importante con respecto os asumidos pola Xunta, creando un foro para tratar temas administrativos, contractuáis, etc



accede o meu bloque
O meu blogue chamase Trótula e o seu enlace é http://maitepena.blogaliza.org/

O obxectivo principal do blogue Trótula é intercambiar información (artigos, imaxes, reportaxes,…) entre o alumnado e o profesor dunha materia en concreto, neste caso a materia de Historia do mundo contemporáneo.
Un dos obxectivos concretos deste blogue é sobre todo transmitir os contidos transversais de dita materia: educación para a paz, educación ambiental, educación para a igualdade entre os sexos, educación para o lecer,… Así neste blogue o alumnado terá que descargar reportaxes relacionados ca historia das mulleres no mundo contemporáneo, sobre o impacto das revolucións industriais no medio ambiente, etc.
Neste blogue fomentaremos o uso da lectura da prensa a través de internet, incidindo na importancia de informarnos e relacionar situacións actuais co seu pasado histórico.
Este blogue tamén servira para coñecer os actos da nosa localidade que sirvan como elemento didáctico e complementario da materia a tratar. Esta información será dada polo/a profesor/a, e a poden ampliar os/as alumnos/as.
E por último nos servira para compartir as fotos, vídeos que alumnado realice nas actividades complementarias e extraescolares.
Unha actividade concreta que debera realizar o alumnado será a seguinte. Dividirase o alumnado en grupos de catro membros e a cada grupo asignarase unha etapa concreta da época contemporánea, e cada grupo deberá elaborar unha presentación en power point da historia das mulleres nesa etapa e colgala no blogue.
O meu blogue é básicamente un blogue persoal, dirixido a navegantes que poidan atopalo nas súas buscas sobre temas que tamén son do meu interese. Mais iso non exclúe o seu uso na práctica docente, e tamén inclúo aos meus alumnos entre os seus posibles lectores e comentadores. De feito, presenteino no seu día coma un espazo en torno á aprendizaxe da lingua inglesa, pero mediante a apertura de distintas seccións ou "páxinas", o uso de redes sociais e a sindicación de contidos podo "humanizalo"no senso de facer ver ao meu alumnado que, como elas e eles, son unha persoa con intereses, afeccións e pasións tamén fora do eido académico, e de paso aprender que as linguas ábrenlles os ollos e as portas a moitas cousas fermosas, entretidas e emocionantes. Penso que iso axuda a establecer mellores relacións entre profesores e alumnos.
Como se pode apreciar, no blogue aínda non hai aínda apenas material, pero xa se deixa ver un interese pola preservación e o disfrute sostible do medio ambiente natural, que eu creo que debe de ser un dos elementos "transversais" ou presentes en todas as áreas educativas.
Como proposta xeral, paréceme que o achegamento que acabo de comentar e mais o simples feito de darlles a alumnos de ESO opcións de coñecer e participar das posibilidades da blogosfera (ou de calquera uso estimulante e de proveito das TICs alleo aos xogos sen máis) xa son pasos importantes e que se inscriben no camiño de avanzar nas súas competencias básicas como propón a LOE.
Como propostas máis concretas, penso que podo incluir links a documentos de referencia para o apoio no estudo ou a resolución de dúbidas (listas de verbos irregulares, diccionarios on line, textos para a práctica de reading e pautas de writing, etc.) e a actividades complementarias da miña colleita elaboradas mediante recursos como `Hot Potatoes´ ou doutras fontes. Ocórrenseme tamén a presentación de imaxes jpg chamativas ou chocantes para a introducción de temas de discusión, a axuda para a preparación dos exames mediante probas prácticas interactivas de multiple choice e a proposta de actividades de "listening comprehension" baseadas en arquivos mp3 e clips de Youtube empregando a lingua estranxeira como vehículo de resposta e o propio blogue como foro e espazo de intercambio entre alumnos e co profesor.
mi blog www.sophie.blogaliza.org está destinado tanto a los docentes de francés en la Eso y Bachillerato como a los propios alumnos de francés que deseen ampliar sus conocimientos o su interés por la enseñanza y la cultura francesa.
este blog se quiere generalista en el sentido que se intentará tratar y colgar todo tipo de información: de mejora de la didáctica del Fle, de links de interes para utilizar en nuestras aulas ( ejercicios, actividades, etc), pero tambien de actualidad cultural dando a conocer las noticias relevantes, las útimas películas, música,etc. Se intentará tambien fomentar la cultura general sobre Francia gracias a fotos, documentales, dándole un aspecto atractivo.
saudos non teño experiencia on line polo que teño o blog "daquela maneira". de todos os xeitos quero dirixir o meu blog de cara a materia de fisica que e a que imparto, pretendendo que sexa interactivo cos meus alumnos e polo que:
elaborarei contidos on line
introducirei actividades de cuestions e problemas
actividades interactivas como as applets java

tamen tiven que colaborar co proxecto de bibliotecas teño un blog relacionado con este tema e mando a
informacion acadada ata agora http://gerardoaller.blogaliza.org/
O meu blogue está concibido como un banco de recursos e materiais educativos para o ensino das ciencias sociais (historia, arte e xeografía) para todos os niveis educativos.

Por agora é un bosquexo sobre o que aínda teño que reflexionar pero en xeral a idea é a que vos presento a continuación.

Vai dirixido especialmente aos docentes de ciencias sociais de todos os niveis educativos pero tamén pode resultar de interese para os estudantes xa que aí tamén poden atopar materiais e actividades que faciliten a súa aprendizaxe ou reforce e amplie os seus coñecementos nestas materias.

Como xa dixen centrarase en reunir materiais educativos para as ciencias sociais.

O blogue aparecerá estruturado por materiais: Historia, Arte e Xeografía. Cada unha delas aparecerá dividida a súa vez por niveis educativos: primaria, secundaria obrigatoria (ESO) e bacharelato.

Nestes recursos poderanse atopar dende un banco de imaxes (por exemplo para Historia da Arte), videos e audio con diferentes temáticas, así como toda clase de documentos que traten estes temas.

Ademais de ofrecer estes recursos a docentes e estudantes preténdese tamén favorecer o intercambio de experiencias entre os docentes de ciencias sociais.

Estarei encantada de recibir todo tipo de consellos e críticas (constructivas por favor) de todos vos.
estou verde nas TICs pero de todos os xeitos vou a tratar de esbozar unha sinxela proposta:

O blogue sería para os meus alumnos. Publicaría documentos sobre autismo e dislexia e semanalmente pediría aos alumnos que revisaran os novos documentos. Incluiría vídeos sobre autismo principalmente para que os alumnos os poidesen visitar cando quisexen pero de forma tal que eu poderia saber cando estan conectados ect
Na clase faría fotos dos meus alumnos/as e as publicaria no blog para que tivesen un incentivo mais, e tamen faria participes aos pais ¡¡por suposto contando co seu permiso!!
O meu blogue é: http://rompendoestatsticas.blogaliza.org/

En principio sería un blogue dirixido ó alumnado, aínda que por tratarse dunha materia case que transversal, podería tamén servir para o profesorado e a comunidade educativa en xeral.
Trataríase dun blogue para o módulo de FOL, pero non para todo él, senón para o bloque de prevención de riscos laborais.

En xeral podería ser un blogue de apoio ó estudiantado, como método de motivación, e incluso tamén de participación, para que eles mesmos subiran os seus traballos.

Como propostas concretas:
Publicación de documentos: noticias de interese sobre a materia, como por exemplo dalgún accidente laboral na zona do centro de estudios, ou algunha estatística publicada sobre a materia
Imaxes: no suposto de que fosen os alumnos os que participasen no blogue, podería mandárselles un traballo de investigación, onde tiveran que sacar fotografías de lugares de traballo nos que apreciasen infraccións da lei de prevención de riscos. Despois publicaríanas no blogue
Vídeo: o docente podería subir un vídeo sobre algunha materia explicada para ilustrala, como por exemplo, un vídeo de extinción de incendios
Audio: Aquí poderían meterse diferentes sonidos para que os alumnos expresasen a súa opinión sobres si existiría risco polo factor do ruido en diferentes situacións laborais
o meu blog vai estar dirixido ao profesorado da especialidade de inglés para intercambiar experiencias aínda que tamén se incluirán actividades para os alumnos. Os obxectivos serán: construir actividades con inglés real, intercambiar material multimedia, apresentar aos alumnos material auténtico.
Documentos: artigos de xornais e itens de notícias.
Imaxes: fotografías para describir
Videos sobre calquera temática sempre que cumpran unhas pautas de contidos admisibeis e sexan en inglés
audio:uso de cancións e arquivo mp3 con entrevistas ou diálogos.
Animovos a participar no meu blog Real English http://quinha.blogaliza.org/
O meu blog é http://anarosa.blogaliza.org/
Este blog non ten unha finalidade concreta, xa que é para cumpli-las prácticas do curso. Pero as posibilidades son moitas.

Como exemplos de emprego do blog eu propoño os seguintes:
-Fotos: que os alumnos saquen fotos do lugar (rua, barrio, pobo ou aldea) onde vive. As fotos publicaranse en Flick ( con enlace no blog), facendo carpetas para cada lugar
-Audio: Os alumnos terán que gravar unha pequena pista de son do lugar onde vive. Estes publicaranse facendo referencia ás fotos anteriores, e estudiarase que tipo de sons hai en cada lugar (ruido de tráfico, animais, xente falando...)
-Vídeo: Graaranse as intervencións de cada clase no festival de Nadal do colexio e publicaranse no blog, podendo comentar cada actuación.
-Documentos: Complementariamente á actividade anterior, podese publicar as letras das cancións que se cantaron (no meu colexio normalmente se escollen cancións coñecidas, ás que se lles cambia a letra, poñendo os alumnos outras divertidas).
Este o meu proxecto para o blogue que me piden que publique aquí os do curso de Elaboración de Contidos II
Anexos

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo