Propostas de uso na práctica docente.

Tags: audio, blogue, documentos, imaxe, vídeo

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Ola a todos,
O meu blogue é: pinho.blogaliza.org, aínda que mentres o fixen estiven máis preocupado por facer as prácticas que por pensar en relacionalas coa educación.
Referido á utilidade dos blogues no ensino, está de máis que diga que me parecen unha ferramenta moi útil e práctica.
Eu crearía un blogue en dúas direccións:
Por unha parte serviría para eu darlle aos meus alumnos material adicional, colgar temas e cuestións de interese relacionadas co que esteamos a ver na aula...
Por outro lado serviría para que eles propuxeran, interactuaran e tamén compartisen materiais, puidiesen ver os traballos realizados, vídeos etc…
As propostas que apunto son abertas xa que dependerán do curso e dos temas que nel se traten:

Documentos: incluiría power points con temas tratados na clase que serían proxectados co canón na aula; documentos en Word e pdf; exercicios de reforzo e tamén traballaría a expresión escrita escribindo de maneira encadeada un relato na rede.

Imaxes: Poderiamos en Bacharelato facer un traballo sobre toponimia; onde os alumnos tirasen fotografías de lugares do seu concello e engadirían (escaneadas ou baixadas de flickr ou outros medios) os mesmos lugares anos antes. As imaxes ilustrarían o traballo onde dan unha explicación da orixe do nome.

Videos: Organizaríamos un concurso de microvideos (gravados co móbil ou videocámara) de non máis de 2 min. Os alumnos previamente elaboran o guión e despois de filmalo colgaríano no blogue e faríamos unha votación para elixir ao mellor.
Tamén empregaríamos esta ferramenta para poñer as actividades relacionadas coa normalización lingüística feitas por eles, saídas e visitas.

Audio: Unha actividade sería servir de biblioteca de música galega, para así achegarlles as novidades e os grupos actuais que empregan o galego nas súas composicións.
Noutro apartado colocaría gravacións de música galega que servisen para ilustrar de maneira sonora poemas de autores galegos (Celso Emilio, Curros Enríquez, Rosalía de Castro), das cantigas medievais musicados por diferentes grupos e solistas.
No apartado dialectoloxía os alumnos poderían facer pequenas gravacións aos familiares e coñecidos para extraer logo na clase os trazos fonéticos; ou tamén buscalas na rede.
Como vemos, as posibilidades son moitas!
O meu blogue é o seguinte: http://paufupe.blogaliza.org/

Polo de agora no meu blogue só teño incluídas as prácticas que fixen para este curso pero a miña intención é que se convertise nun espacio onde os profesores da materia de Inglés puidesen atopar distintos recursos que lles puideran servir de axuda para desenvolver as súas clases.

Estes recursos poderían ser de varios tipos:
Links a páxinas web relacionadas coa docencia do Inglés.
Imaxes relacionadas con esta materia.
Vídeos que poidan ser útiles para presentárllelos ós nosos alumnos
Cancións que poidan ser traballadas na clases de Inglés
O meu bloque trataría de dar apoio tanto ao alumnado, aos pais e ao profesorado.

Dentro de cada unha delas prepararía material especializado según as diferentes necesidades do alumnado agrupado en enlaces, documentos (pdf, doc, ppt, ..) e videos.
Por exemplo para alumnado se tratamos a mellora da atención podemos colgar laminas para descargar, imprimir e traballar na aula o na casa á atención, enlaces a xogos flash do tipo brain training, videos con imaxes para atopar erros, ...
Subiríamos material, para o profesorado, a nivel teórico sobre o traballo dos procesos psicolóxicos básicos e a súa importancia e relación directa cos estadios de desenvolvemento do alumnado.
Aos pais asesoraríamoslles en canto as orientacións prácticas e pautas de actuación con presentación en powerpoint para traballar a atención no ámbito familiar.
A miña idea como profesor de inglés sería a de crear un blog de aula a que se lle daría acceso ós alumnos. Neste blog colgaríase todo tipo de links útiles para o ensino xeral, a extensión de coñecementos ou o reforzo educativo. Intentaría levar ó día as actualizacións para que os alumnos visitasen con regularidade o blog, e incluso sería unha boa idea face-las visitas obrigatorias.
Utilizaríase tamén o blog como ferramenta de traballo na escola, con propostas de debate, análise ou como mero foro de escritura, facilitando de tal maneira ese merxer de TICs e metodoloxía "anticuada" que hoxe en día todos perseguimos. As visitas pois á aula de informática (mentras non nos doten do material tecnolóxico que tanto necesitamos nas nosas aulas) serían habituais e fomentarían a participación do alumnado.
Unha última idea podería ser a de facer unha rede de comunicación con alumnos doutros institutos españois ou estranxeiros interesados no intercambio linguístico. Esto axudaríanos a poder utiliza-la lingua inglesa nun contexto real e práctico.
A miña proposta é a creación dun blog do departamento de química. Nel poderían colgarse fotos e imaxes de todos os modelos, materiais de prácticas, .....
Neste blog colgaríanse tamén videos que se poderían facer coa axuda dos alumnos de como se fan as prácticas e o desenvolvemento das mesmas. Animaríase tamén aos alumnos a que fixesen experimentos caseiros, os gravasen en video e despois os colgasen no blog. Outra posibilidade e que fixesen un slideshow que amosase os distintos pas os da realización do experimento.
O profesor tamén podería deixar no blog diversos audios que conterán pequenas explicacións relacionadas con aspectos puntuais da materia.
No blog colgaranse, así mesmo, boletíns de exercicios de repaso, ampliación e recuperación e as solucións aos mesmos serán colgadas un par de semanas despois de colgar os exercicios.
Tamén será unha vía de comunicación dos alumnos co profesor e viceversa e entre os propios alumnos.
Un saúdo
O meu blogue está adicado á época de Renacemento español, sobre todo a un xenial poeta como é Garcilaso de la Vega.
O meu obxectivo é dar a coñecer a obra deste autor e como influiu en etapas posteriores, incluso comparar algún soneto del con outros do Barroco nos q podemos encontrar similitudes ainda que o fin sexa distinto, debido ó diferentes que son ámbolas dúas etapas. Poderíanse facer comentarios on line sobre distintos poemas e cada persoa aportará o que vexa personalmente nas poesías ou o que aparece en estudos literarios sobre a obra de Garcilaso. Entón, os obxectivos primordiais son a difusión e o ensino, polo que vai dirixido a alumnos de Bacharelato pero tamén a estudosos, investigadores e profesores que queiran axudar no proxecto e colaborar. Para iso, incluirei unha ligazón cun foro (aínda teño que crealo) que levará contraseña e deixarei no blogue una dirección de correo electrónico de contacto, co cal eu poderei elixir ás persoas que entrarán nese foro e que poden publicar contados relacionados co tema do blogue.
Bueno, está claro que tamén se poderán publicar imaxes da época para ver cómo era a sociedade do momento, videos explicativos de comentarios de poesías…etc e todo o q se nos vaia ocorrendo co fin de enriquecer e divulgar educativamente os contidos do blogue e da misma maneira os nosos alumnos utilizan as novas tecnologías, algo que lles gusta e que deben dominar.
A dirección do meu blogue é: http://ireneduran.blogaliza.org/
Ola a todos,
O meu blogue é: http://mimiam.blogaliza.org, aínda que mentres o fixen estiven tan preocupada por facer as prácticas ben e a tempo que desvieime un pouco do obxectivo da educación.
Vai dirixido ó profesorado de Ciencias e Bioloxía, que pode ser de un departamento concreto, de xeito que todos os membros do mesmo poden utilizar os recursos publicados e engadir outros relacionadas coas materias que imparten.
Documentos: incluiría algunha lexislación educativa imprescindíbel para o docente, o tablón de anuncios do instituto, novas educativas, asociacións de biólogos e profesorado, etc.
Imaxes: poderían ser dende fotografías feitas polos propios profesores, da natureza, animais e outros temas relacionados coa Bioloxía, pretendendo ser non só un blogue profesional exclusivamente senón tamén de esparcemento.
Videos: aquí os profesores incluirían aqueles videos que atopen didácticos para utilizar na aula (metose, ventre materno,..) mediante o canon do PC.
Tamén empregaríamos esta ferramenta para as saídas e excursións do instituto (museos, parques naturais)
Audio: no caso deste blogue, podería ter dous fines: ocio, en forma de cancións, melodías e gravacións de interese para os usuarios, aínda que non directamente relacionados coa Bioloxía..; e educativo: se colgarían audios de conferencias, entrevistas a científicos reseñables, roldas de prensa..
Hai moitos usos...o próximo o farei específico para o alumnado.
Hola:

A dirección do meu blog é a seguinte: http://tamaracercido.blogaliza.org/

Pretendo que sexa un medio de información tanto para alumnos coma para compañeiros sobre a materia que imparto que é a Física e Química a nivel de secundaria e bacharelato. Para iso utilizei todo o material que nos mostraron o largo do curso:

Documentos: Neste apartado introduciría documentos interesantes para o desenrolo da materia. Documentos word ou presentacións power-point que poidan axudar a esclarecer a materia dada na clase. Tamén podería introducir material de ampliación e recuperación, exames correxidos,....

Imaxes: Neste caso temos unha tabla resume dos distintos enlaces o cal podería axudar o alumnado a centrarse e enteder mellor as diferenzas. Introducir esquemas ou debuxos (imaxes) aclaratorias da materia dada na clase poderia ser unha voa utilización deste apartado para os nosos alumnos. Tamen faría albums recopilando distintas fotos e clasificadoos segun a materia. No blog actual hai un album con fotos de estructuras de azucares (Química Orgánica), pero poderia engadir un con instrumentos do laboratorio, Estructuras critalinas,...

Videos: Este apartado sería para introducir videos explicativos ou das prácticas que facemos na clase.

Ademais disto en documentos poderiamos facer outro apartado ou colocar otra etiqueta para colgar os traballos feitos na clase, horarios, exames,....

A existencia deste blog , ademais de informar ós alumnos, tamén informaríamos as familias para que elas puideran facer un seguimento do curso e materias, para axudar ós alumnos .

Na barra de dereita do meu blog engadirialles páxinas web ou direccións doutros blogs interesentes para a materia de Fisica e Química, que os alumnos poderían consultar para facer os traballos, resolver dúbidas non resoltas na aula,...

Tamén se observa que na barra da dereita hay un apartado que nos leva a un blog de Fisica e Química de 3º e 4º da ESO. Esto tería que amplialo e introducir unha paxina para a Fisica e Quimica de 1º de Bacharelato e Fisica e Quimica de 2º de Bacharelato. Así os alumnos poderían ver directamente as novidades deses blogues e consultalas.

A idea sería que o blog se fose actualizando diariamente según a materia dada na clase, os problemas que xurden (para engadir material explicativo), traballos propostos,....
Ola,

o meu blog é : http://rocioreiro.blogaliza.org/

nun principio vouno orientar a divulgación, xa que, non tiven tempo a facer nada interesante. Quero acabar primeiro o curso, e despóis xa veremos.
Como vimos, pódense incorporar videos, audio, documentos, páxinas web, así que, non hai que perder as oportunidades que nos ofrecen,
saúdos
Mi blog http://emva.blogaliza.org/ va dirigido a la comunidad educativa en general: profesores de departamento, alumnnos/as y demás.
No existe ningún tema central; todo aquello que se pueda relacionar de una u otra manera con la biología, bien desde un puntode vista meramente divulgativo, bien desde una visión formativa .
Cualquiera que tenga curiosidad por la materia podría tener algo que encontrar en este blog donde se publicarían textos de reflexión sobre la tarea educativa, imágenes impactantes o curiosas relacionadas econ las ciencias naturales, o propuestas formativas concretas
Ola a todos e todas. A direccion do meu blogue é a seguinte: http://mirian.blogaliza.org/ e está pensado para que poidemos utilizalo toda a comunidade educativa. Polo tanto haberá un espazo propio para que o alumnado faga consultas e insira os seus documentos para así tamén poder participar con outros centros, e ao mesmo tempo haberá un espazo para que os pais, no que poden ver o que están a traballar os seus fillos e fillas e poden opinar e dar ideas. e por outra banda, ainda que teñemos un blogue especialiado para nós, tamén o profesorado participará deste blogue dando ideas a o alumnado e opinando do que elaboren.

Documentos
En canto a publicación de documentos, como xa dixen, todaa comunidade educativa poderá ir colgando os documentos que considere oportunos seguindo o teme que se estea traballando, e aos que o resto poderá respoder e opinar ou cirrixir se se considera oportuno.
Serán documentos de elaboración propia ou aqueles que atopen en referencia aoa tema en cuestión e lles pareza interesante.

Videos

En canto aos videos, farase do mesmo xeito, ben poderán ser videos que eles mesmos ou nos mesmos gravemos e colguemos ou ben poderán ser sacados de outros medios audiovisuais, como poden ser videos que se teñan na casa, sacados de interner ou ben da televisión.

Imaxes

Coas imaxes ocorre outro tanto do mesmo. Poderán ser sacadas en concreto para a actividade, ou ben aproveitar imaxes que se teñen na casa, que se atopen en internet, ern libhros, revistas, periódicos,....

Audio

E, por último, co audio dicir que outra ve me teño que repetir, xa que está pensado para a maior participación de todos, polo que poderán ser audios que se teñan xa gravados, ou gravalos expresamente para a actividade (por exemplo, se estamos a tratar as cantigas, pedirlle aos avós e avoas que lles canten cantigas antigas,...)ou sacalos deinternet, televisdión, Cds , etc.
Bo día a tod@s,
o meu blogue chámase http://javierfachal.blogaliza.org/ e está enfocado á publicación de recursos para profesores de Inglés como lingua estranxeira. A súa temática trata, polo tanto, deda materia que nós impartimos e pretende recoller páxinas web, blogs e outros recursos que están á nosa disposición na rede e que poden ser utilizados nas aulas.

A hora de facer este blogue, como moitos de vos tamén confesades, a miña principal idea era tentar rematalo de maneira satisfactoria. En calquera caso, ao tratarse dunha publicación que conforma unha unidade é moi importante que exista coherencia entre os diferentes documentos publicados.
Son da opinión de que se trata dunha ferramenta moi potente á hora de empregala na clase, xa que se fachemos un blogue de aula os protagonistas do mesmo son os propios alumnos, e podemos ir engadindo novas temáticas respondendo ao "feedback" que de eles obtemos. Polo tanto, trátase dunha ferramenta coa que se traballa, é dicir o seu obxectivo vai ser sempre "o próximo documento, o próximo vídeo, imaxe ou audio" non é unha publicación que xa poida ter acadados tódolos obxectivos pois sempre aparecerán novos recursos interesantes que publicar no mesmo.

En xeral eu empregaría o meu blogue como publicación de recursos para profesores, pero son consciente de que pode ter outros obxectivos como o de publicación de documentos audiovisuais para os alumnos.

En canto aos documentos sería nesta segunda vertente onde máis a empregaría, pois podería utilizarse para publicar os contidos explicados na aula e profundizar cos temas.

As imaxes fan que o noso documento non apareza como unha "pedra" para o alumnado e serve como elemento contextualizador do mesmo

Por último, tanto vídeos como audio, supoñen unha ferramenta básica para a aprendizaxe de linguas e as empregaría para traballar a comprensión oral sempre cunha temática de interese para o alumnado.

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Mª Belén
  • SARA
  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo