Propostas de uso na práctica docente.

Tags: audio, blogue, documentos, imaxe, vídeo

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

O meu blogue é Apprendre le français

Agora mesmo ten pouco que ver con un blogue con recursos de educación. Tan só ten as prácticas deste curso.

No futuro pretende ser un sitio web onde os alumnos podan visitar para acceder a actividades online, cancións, videos e elementos que lles poidan axudar a mellorar as súas capacidades tanto coa lingua como a cultura francesa
Ola!!!! O meu blogue é http://loligonzalez.blogaliza.org e polo traballiño que me custou gustaríame que cando tivésedes tempo o visitárades.
Vai dirixido ós alumnos da materia de física e química aínda que podería ser de consulta tamén para calquera que estea interesado no tema posto que ter un apartado de química divertida e curiosidades que pode ser interesante.
Aínda que estea centrado nas materias de química e física tamén pretendo que os alumnos atopen nel información das últimas novas que acontecen no centro ou na vida diaria das clases; así poñerei os boletíns de exercicios, os exames corrixidos, fotos de viaxes e excursións... Polo tanto, a publicación de vídeos será tanto os que baixemos da rede que fagan referencia ás prácticas de física e química, ou a experimentos como os propios vídeos que fagamos cando realicemos nos as prácticas no laboratorio.
A música, irei colgando distintas cancións para que o alumnado as poida escoitar mentras traballa na casa e visita a páxino para recabar información útil.
As imaxes serán, por exemplo, de material de laboratorio... pero tamén como xa comentei antes, de excursións, viaxes, festas feitas no instituto... é dicir de cousas que poidan aportar os rapaces, porque tal e como aparece xa no meu blogue, non todo vai ser química.
Na sección de química divertida tentarei que haxa xogos, curiosidades, experimentos para facer na casa... que de algún xeito motiven ós rapaces.
Está claro que se visitades o meu blogue veredes que aínda falta moito por facer posto que de momento básicamente responde ás necesidades deste curso pero... o máis importante é que a primeira pedra xa está posta. Un bico.
Boas compañeir@s
Aquí vos presento ao meu fillo-blogue: http://melpomeneana.blogaliza.org/
Despois de moitos días de sufrido traballo o parto foi doloroso, pero aquí está e, coma sempre nestes casos, mereceu a pena. Animo a toda a xente que está aínda intentando darlle forma a que siga, a que non abandone porque o resultado é sempre positivo.
Pois ben, o nome do blogue é SCISNE UT ...?, que en latín quere dicir SABES QUE...? e pretende ser un escaparate de recursos e ferramentas tic dirixido aos docentes de clásicas. O obxectivo é, polo tanto, manter informado a este colectivo de todolos recursos tic relacionados coa nosa disciplina que van xurdindo na internet: ferramentas de autor, programas, titoriais, videos, fotos, esquemas, páxinas web e blogs, exemplos de aplicacións prácticas... así como tamén as novas de ninterese relacionadas co grego, o latín e a cultura clásica: paau, oposicións, prazas, libros, publicacións, congresos, cursos, etc.
En fin, que a idea é ambiciosa e pretende abarcar bastante, de momento conta só co que nos pediron nas prácticas, pero coido que sería de grande utilidade seguir con este proxecto.
Un saúdo e ánimo a todos, a min aínda me queda a última práctica
Ana
Ola a todo@s!
Despois dun tempiño podo presentarvos o meu primeiro blogue, DeArTe http://aialo1.blogaliza.org/
Este é un espazo adicado á didáctica da Historia da Arte, dirixido fundamentalmente ó alumnado de Historia da Arte na secundaria (Bacharelato) e a todos os interesados na creación artística. A idea é crear un espazo no que plantexar dúbidas, comentarios, preguntas e actividades, no que a participación resulta fundamental para a dinamización do mesmo.
No blog incluiránse as presentacións proxectadas no desenvolvemento das diferentes Ud´s e material de apoio ou explicativo. Asi como enlaces de interese para pesquisas sobre a materia.
Asimesmo, DeArTe inclúe 3 páxinas:
- Mundo DeArTe: No que se plantexarán cuestións sobre a creación artística e ideas estéticas.
- Presentacións: No que se incluirán progresivamente as presentacións vistas na aula.
- Actividades e Xogos: Espazo no que se propón a realización dunha actividade ou xogo relacionado coa materia que cambiará cada certo tempo.
As diferentes anotacións distribuiranse nas diferentes categorías que aparecen na barra lateral (Arte Antigo, Arte Medieval, Arte Moderno, Arte Contemporáneo, Vídeos...) para facilitar a busqueda dunha anotación en concreto.
Ó tratarse dun espazo adicado á arte resulta idóneo incluir a posibilidade contar con audicións musicais para o usuario.
DeArTe escomeza unha andaina, ainda queda moito que facer pero espero que vos guste.
Un saúdo.
O contido do meu blog vai ser de inglés de decundaria, gustaríame ter enlaces con páxinas de periódicos dos paises de habla inglesa, carregar arquivos con información acerca de estos paises e a posibilidade de que os meus alumnos entren en contacto con alumnos de outros centros educativos e podan compartir as suas redes sociais con eles.

Gustaríame tamén compartir nese blog a música que eles escoitan y tamen os videos que eu penso poden ser interesantes non somentes para as clases senon tamen para a súa vida, especialment se ten a intención de viaxar a o extranxeiro.

Este punto é tamen moi interesante porque eles poden acceder a experiencia persoal de outros compañeiros que xa estiveron no extranxeiro e compartir con eles sus dúbidas e medos antes de marchar a estudar a primeira vez.Tamén as fotos, os seus videos coas familias, etc

por suposto tamén poderíamos añadir material aternativo as clases e poder engadir máis canto eles o pidan.
OLA:
O enlace ao meu blog é o seguinte:

http://iroman.blogaliza.org/

Este blog fíxose co obxectivo de realizar as prácticas do curso.
Para o uso desta ferramenta no ensino eu propoño o tratamento de información desde un punto de vista persoal, indicando
Opinións
Gustos
Preferencias
Indicacións
Etc.
Por exemplo
Videos de empresas que me interesan.
Fotos de máquinas raras.
Toda esta documentación pode estar fora do programa pero é unha axuda para desenvolvelo.
Para temas máis formais (temas en pdf, exercicios...) usaría as paginas web dos centros.
O meu blog vai dirixido a alumnos de lingua castelá e literatura de ESO e BAC. Por iso os contidos están indicados para estes rapaces, ligazóns a páxinas nas que se pode consultar información da materia, ligazóns a páxinas con exercicios e algunhas cousas propias que irei elaborando e engadindo.

En canto á aplicación máis concreta á aula, o blogue pódese empregar de moitas maneiras. Por exemplo pode ser un lugar onde colgar os contidos, actividades, etc. que se van facendo diariamente na clase, tamén se poder engadir contidos para profundizar na materia, exercicios para que os rapaces practiquen voluntariamente, contidos para reflexionar sobre temas transversais. Ademais, pódense organizar debates en torno a un tema de actualidade, como novas que teñas que ver co ensino, coa xente nova, no que os rapaces teñan que deixar porlo menos un comentario co seu parecer.

Tanto os contidos como as actividades poden ser presentados no blogue en diversos formatos, vídeos explicativos sobre algún tema concreto (p.e. teño colgado un vídeo sobre as normas de ortografía), poden ser tamén presentacións en diapositivas, documentos, etc.
como estou co tema das bibliotecas e o proxecto lector propoño un blog de biblioteca
El blog que propongo supone un instrumento muy valioso para nuestros/as alumnos/as y también para sus familias pues pretendo que se convierta en un medio de información y orientación académica y profesional. Aquí iremos dejando como noticias las novedades académicas que vayan apareciendo relacionadas con la orientación e incluso otras que tengan que ver con la acción tutorial. En estas entradas podrán los alumnos hacer comentarios libremente, además de utilizar el enlace de Contacta para dejar en él cualquier pregunta o sugerencia.
Luego existirán otras entradas que hablan de diversos temas: Bachillerato, Selectividad, FP, Diversificación, etc.
Y quizás lo más interesante es que los alumnos podrán bajar desde ahí el programa Orienta pinchando en el enlace de Material. Este programa es muy completo pues en él viene toda la información en cuanto opciones de estudios y salidas profesionales y además os orientará a quienes tengan dudas sobre qué hacer, contestando a una serie de cuestionarios muy sencillos.
O meu blogue (http://jindop.blogaliza.org) sería multitarea, é dicir, habería cabida para min e os meus colegas do departamento de inglés e, á vez, para a participación do alumnado. De tódolos xeitos, e reparando se cadra máis no alumnado pensei a seguinte proposta:

Visita dun amigo escocés (por certo, a temática do meu blogue é o inglés e coñecer un pouco das illas de aló enriba). Os meus alumnos serían corresponsais do evento encargados de publicar noticias no blogue sobre esa visita.

Imaxes e vídeo:
Un grupo de nenos serían os reporteiros gráficos, coa cámara na man, gravarían vídeos do coloquio de presentación do visitante estranxeiro. Ao mesmo tempo sacarían fotos para incluír na conta que faríamos en flickr e que logo descargariamos no blogue.

Documentos:
Outros nenos serían os encargados de aportar os documentos escritos, contando as peripecias do noso amigo durante a visita, a opinión dos compañeiros, a organización do seu tempo connosco...

Audio:
Previo á chegada do noso visitante, outro equipo de rapaces encargaríase de compilar material audio (himno escocés, canción típicas de Escocia...) que podería empregarse para ambientar a súa chegada ao salón de actos no día do coloquio.
Despois, o coloquio sería gravado e subido ao blogue como parte do material do documental da visita.
Mi blog iría dirigido a profesores y alumnos de la especialidad de biología y geología. Estaría relacionado con la materia propiamente dicha de la especialidad, la idea sería compartir información de la misma, fotografías, explicaciones o aclaraciones de dudas o consultas. Asimismo podría disponer de material para los alumnos.
Un saludo
O meu bloge é o seguinte: http://marta55.blogaliza.org/ .

O meu blog non está adicado en concreto nin para o alumnado, nin para o profesorado, pero gustaríame que fose un blog para traballar co alumnado aínda que o podesen visitar outros docentes para observar como se poden relacinar as tics co área de educación física.
Vamos tratar principalmente todo o que se vaia a impartir sobre a materia de educación física, tanto contidos de expresión corporal, xogos populares, saúde...
En xeral utilizaremos o blog para a realización de actividades de investigación sobre diversos contidos, de afirmación de contidos, complemenarias...
Publicaremos toda información referente os deportes que imos a traballar, reglamentos, contidos básicos sobre saúde, hixiene, alimentación...En canto a imaxes de toda práctica que sexa interesante, acttividades de colaboración con paracaidas, de expresión corporal representando situacións...
vídeos: tanto de momentos de prácticas realizadas , na aula, saídas complementarias, como trballos fora da aula elaborados por eles mismos.
audio: musicas de gran aplicación a nosa área, danzas do mundo, músicas para traballar o aerobic, música de relaxación ...

Espero que serva de gran utilidade para todos aínda que agora non se atopa nas mellores condicións.

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Tania
  • Mª Belén
  • SARA
  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo