Propostas de uso na práctica docente.

Tags: audio, blogue, documentos, imaxe, vídeo

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

O meu blogue é: http://elva.blogaliza.org/

O seu obxectivo é presentar unha serie de actividades que se poden facer nas clases de inglés. As máis importantes, para min, son quizáis as actividades audiovisuais, xa que os alumnos non están tan acostumados a traballar con elas na aula, e por esta razón van atopalas máis interesantes, co cal o ritmo e actitude da clase tamén se verá beneficiado con estas actividades.
En xeral , o blogue está indicado para alumnos e docentes da lingua inglesa, para poder compartir traballos e actividades sobre dita lingua.
O meu blogue non esta feito a medida do que vou expor aquí, a dirección do blogue e esta: http://vanuska.blogaliza.org/

Nun futuro o blogue podías usarse para enviar a información os pais, e os alumnos, e así poden ver as interaccións ou traballos que teñen os rapaces para a casa.

No blogue pode ter varios apartados un dirixido os alumnos, outro os pais, e outro o progreso xeral da aula.

Tamén poden poñer tareas para mellorar o alumno na materia.

Imaxes, vídeo e audio:
As imaxes vídeos e audio poden axudar a mostrar contidos enriquecidos para que a materia esposta sexa fácil de entender.
o meu blog: http://siryo2.blogaliza.org/
Este blog pretende ser, no futuro, un espacio onde tanto o profesor dun curso como os seus alumnos poidan intercambiar información, onde se recollan os contidos estudiados na aula, boletins de exercicios, material de ampliación, etc, e onde os alumnos poidan entregar certos traballos de busqueda de información, etc.
Adicionalmente no blog publicaranse as actividades realizadas pola clase dentro e fora da aula (fotos e videos), e funcionará como un foro de debate adicional o que se poida producir no aula.
O meu blog , adicado ás Ciencias Sociais, actuaría como espazo aberto ao alumnado. Nel poderían atopar todo tipo de materiais relacionados coa materia, ordeados por curso e tema. Ao mesmo tempo tamén teriamos a posibilidade de utilizalo como blog de aula.

No tocante a propostas concretas:

- Documentos: subida de textos relacionados coas ciencias sociais (ordenados por materias e cursos e unidades ou temas: por exemplo, dentro do apartado 4º E.S.O. –Historia, tema X, atoparemos textos históricos, historiográficos ou de calquera índole, sempre relacionados co tema a tratar); exames e follas de actividades: esquemas...

- Imaxes: seguindo o mesmo criterio, as imaxes distribuiranse por materias e temas (por exemplo, 1º E.S.O.-Xeografía, tema X). Estas imaxes poderán presentarse individualmente ou dentro dunha secuencia ou presentación power point. Mapas mudos, diagramas, gráficas, mapas históricos, viñetas e caricaturas, obras de arte....estarían a disposición dos alumnos, rematando así coa visualización restrixida á alula das mesmas.

- Audio: cada período histórico e cada cultura ten a súa música. Aínda que non o teño moi claro, unha posibilidade residiría en asociar a cada tema (e penso neste caso na Historia e na Historia da Arte) unhas pistas representativas da música predominante no momento (non sei se existe algo máis interdisciplinar que as Ciencias Sociais). Outra opción, quizáis máis complexa, sería recoller o audio de discursos, entrevistas ou novas radiofónicas.

- Video: debería ser un recurso básico para todas as ramas das Ciencias Sociais. Seguindo os parámetros xa citados, cada tema ou apartado levaría aparellado unha serie de arquivos de video, xa sexan fragmentos ou links para descargar documentais e filmes completos. Ao mesmo tempo non podemos descartar a produción propia de videos.
Ola!
Presentovos o meu blogue DeArTe http://aialo1.blogaliza.org/
A idea é crear un blog centrado na didáctica da materia de Historia da Arte para secundaria, orientado a alumn@s e interesad@s na Arte. Nel poderemos atopar presentacións de interese, recursos, enlaces e novas de interese.
Hola de novo a todos!
O meu blogue é http://andreina.blogaliza.org/


- A quen vai dirixido o contido do meu blogue?
En xeral vai dirixido aos profesores e profesoras que teñan interese en formar parte dun grupo coa intención de compartir ideas para mellorar a nosa metodoloxía didáctica.

- En que temas me vou centrar?
Centrareime máis na área do medio natural e social, pero realmente podemos tratar do tema que surxa. En torno a esa área, trataremos sobre xogos, páxinas webs, programas do ordenador, actividades, etc.

- Empregaría o blogue:
a) En xeral: para manter o contacto con outros profes e compartir ideas e poder seguir unha mesma liña.
b) En canto a publicación de:
- Documentos: para compartir con meus compañeiros/as algun documento interesante que, por exemplo, poidamos mostrar á clase.
- Imaxes: encontradas na rede e que sean útiles en nosas clases.
- Vídeos: para usalos nas clases e sobre todo de procesos biológicos que non podemos ver a simple vista´(por exemplo, como se crea un bebé, o unha flor).
- Audio: para mostrar á clase calquer son que nos interese, o algunha música doutro país...
O meu blogue vai dirixido a profesores e alumnos de inglés de secundaria.
Os temas nos que me vou centrar son os distintos aspectos da lingua inglesa, como os contidos gramaticais, vocabulario, destrezas comunicativas.
Tamén tratarei temas relacionados coa cultura anglo-saxona, como costumes e tradicións nos países de fala inglesa, medios de comunicación, televisión, etc.

Eu empregaría o blogue para o coñecemento da lingua e a cultura dos países de fala inglesa. Para iso utilizaría documentos visuais, como trailers de películas, anuncios ou documentais en inglés, para que os alumnos se familiaricen coa lingua, e os profesores teñan de man unha serie de recursos dos que tirar. Tamén utilizaría imaxes para dar a coñecer distintos lugares dos países de fala inglesa
O mismo xeito utilizaría cancións de distintos estilos e épocas, para dar a coñecer a evolución da música dos países anglo-falantes
Por certo, o meu blogue é
O meu blogue é http://mates.blogaliza.org/
Non responde a un uso determinado xa que está feito a base das prácticas. De ter tempo gustaríame facer un blogue para o alumnado e no que alumnado tamén podese participar subindo artigos, fotos e tamén vídeos
O blogue que utilicei para o curso de contidos educativos será modificado e reutilizado como blogue para o módulo que estou impartindo.
O meu blogue vai dirixido a alumnos de informática dun ciclo formativo.
Utilizarase para publicar material necesario para o módulo de consulta para o alumnado, actividades interactivas, imaxes interesantes, videos que aclaren conceptos sobre a materia, etc.
Tamén se permitirá que o alumnado inclúa no blogue experiencias persoais, ferramentas útiles, trucos, programas interesantes,... relacionados ca materia do módulo.
O meu blogue é:http://lasmatematicas.blogaliza.org/
Como o seu nome indica é un blogue de contido matemático, será un blogue que usarei na aula, vai polo tanto dirixido ao alumnado. Utilizareino ao longo do curso de diversas formas:
RSS
nel poderemos (tanto os alumnos coma eu) novas de interese matemático, a través da RSS de páxinas que nos parezan interesantes, tanto as que poida propor eu coma as que propoñan os alumnos. Ademáis podemos tamen ter a de algún periódico da zona.
Documentos.
No meu blogue poderanse consultar exercicios de ampliación e reforzo así coma de fin de unidade, esto será para cada unha das unidades do curso. Tamén ligazóns a actividades do tipo cazatesouros e webquest, así coma ligazóns a páxinas de interese para a unidade que estemos a traballar.
Imaxes
Éstas seran imaxes feitas na aula, en excursións e relativas a materia para, por exemplo, aclarar contidos.
Os vídeos.
Proporei por exemplo de youtube, relacionados ca materia, para motivar ao alumnado o comezo dunha unidade, ou de tipo aclaratorio para resolver un exercicios, éstes últimos elaborareiones eu.
Decir que os meus alumnos teran a posibilidade de facer os comentarios que consideren oportunos no blogue. Ademáis cando na aula realizemos algun traballo colgaremolos todos no blogue.
E esto sería a grandes rasgos como utilizarei o blogue na aula.
Ola, o meu blogue é : http://alimate.blogaliza.org/
O meu blogue vai dirixido fundamentalmente ao alumnado de 3º da ESO.
Os temas a tratar seían:
- Unidades didácticas cos seus correspondentes exercicios.
- Axenda de traballos a realizar.
- Datas de examenes.
- etc.
En canto a publicación no blogue utilizaríaa para:
-Documentos: para subir unidades didácticas propias ou atopadas na rede.
-Imaxes: publicaría imaxes nas que se poiderá estudar algún aspecto relativo as matemáticas.
-Audio e vídeo: recrearían algunha curiosidade matemática, algúnha tarefa plantexada,...

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Tania
  • Mª Belén
  • SARA
  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo