Propostas de uso na práctica docente.

Tags: audio, blogue, documentos, imaxe, vídeo

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

O meu blogue é: http://bioxeo.blogaliza.org/

O meu blogue vai dirixido ao alumnado das materias relacionadas coas Ciencias da Natureza. Algúns dos obxectivos propostos serán conseguir que os alumnos e alumnas desenvolvan a competencia dixital, ao mesmo tempo que acadan un alto grao de motivación con respecto á materia. Deste xeito aproveitaremos máis o traballo dos distintos contidos curriculares.

As funcións do blogue, en xeral, serán moi variadas, desde colgar recursos interesantes para completar ou traballar os contidos (vídeos, fotografías, diapositivas, textos,...), ata publicar artigos, vídeos, música,... de interese para a reflexión e o debate ou servir como soporte para a relización de actividades colaborativas.

Algunha das actividades concretas poderían ser:

En canto á publicación de documentos: no blogue poderemos colgar algún artigo sinxelo sobre a práctica científica. Os alumnos poderán colgar as súas opinións e debatir sobre os temas propostos.

En canto á publicación de imaxes: nas saídas ao campo realizadas cos alumnos podemos facer fotografías, facer un álbum en flickr e logo publicalas no blogue para que estén ao alcance de todo o grupo de alumnos e de todo aquel que visite o blogue. Tamén se poden facer actividades colaborativas como facer entre todos un álbum de especies da flora e fauna típicas de Galiza (con fotos propias ou doutros autores) coa súa clasificación científica.

En canto á publicación de vídeos: a publicación de recursos en vídeos no blogue servirá para ilustrar de en 3D e en movimiento numerosos procesos naturais vistos na clase.

En canto á publicación de audio: ademáis de dar un toque lúdico ou relaxante ao blogue e de dar a coñecer outros tipos de música, a publicación de audio pode servirnos para completar ou reforzar contidos (explicacións ou definicións en formato de sonido), colgar música con temática ecoloxista, facer actividades colaborativas como grabar sons da natureza, etc.
A dirección do meu blogue é http://anacarnota.blogaliza.org/

A miña intención era crear un blogue no que os profesionais da Eduación Física poideran reflexionar acerca da sú práctica, e así o contemplo no apartado "Sobre" do blogue.

Quizáis a utilización máis básica é mostrar vídeos ou documentos que poidan axudar a que a área da Educación Física cobre a importancia que se merece. Sobre todo o que se intenta é que experiencias de outros docentes nesta área poidan servir de axuda para a práctica diaria nos centros educativos.

Polo tanto, éste bloque non vai adicado ós alumnos, senón os mestres de Educación Física. nesta área é un pouco complicado traballar as novas tecnoloxías salvo que sexa nunha ocasión moi puntual, por iso non se plantexa nada en concreto de cara ós alumnos.

O único que espero é que cada mestre reflexione sobre a sú práctica docente, e que os profesionais da Educación Física poidan compartir recursos de interese para facer unha mellor práctica educativa.
Ola, este o meu blogue e algunhos posibles empregos del:
http://picasso.blogaliza.org/
O blogue iria dirixido a persoal docente da especialidade de música.

Obxetivo xeral:

-Reunir diferentes recursos,ideas e propostas para o traballo a nivel auditivo, ben sexa persoal ou de cara o alumnado.

En cato o emprego do mesmo poderíanse tratar distintos temas como:

-Posta en común da metodoloxía empregada por cada un, pros e contras.
-Metodoloxía empregada co alumnado, pros e contras.
-Metodoloxía coñecidas, viabilidade de aplicación.
-Aporatación de links a paxinas con recursos interesantes.
-Aportación de material propio.
-Links ou direccións de tendas para poderen mercar materiais especificos.
-A publicación de material multimedia tería moitas vertentes:Videotitoriais da nosa metodoloxía(explicación básica),mp3 de cancións, exercicios etc que servan para acadar un obxetivo especíifico(afianzamento de tal ou cal intervalo etc..);
imaxes con materiais empregados e outros.

En canto a publicación de un blogue para a o alumnado poderíase empregar para que subiran grabacións de "composicións propias OU ALLEAS", calqueran canción que poidan grabar na casa
eles mesmos ou os seus familiares; para subiren imaxes de instrumentos da súa zona, videos de festas populares,compartir links a webs de formacións musicais etc....
Ola, o meu blogue é http://amolacorzana.blogaliza.org/. O meu blogue sería unha ferramenta máis para as miñas clases.É dicir unha ferramenta de consolidación para os meus alumnos.Pensando nas miñas clases de inglés eu usaría o blogue para ir recapitulando cada unha das unidades vistas. Así no apartado audio, poría a pronunciación do vocabilario o das cancións dadas para que os alumnos puideran practicar. No apartado documentos elaboraría unha serie de actividades relaciondas co tema para que os alumnos puideran repasar o aprendido. No apartado de imaxe colgaría os traballos realizados por eles na clase e no apartado de vídeo, colgaría as obras de teatro feitas por eles. Obviamente eles tamén participarían na súa elaboración con novas propostas. De todo, podemos observar como a través do blogue podemos plasmar tódolos contidos dunha asignatura e onde os alumnos poden interactuar con eles dunha forma amena e divertida.
hola, o meu blogue é http://pouso.blogaliza.org/ e nel podemos compartir experiencias os mestres de Educación Física.
As miñas propostas para utilizar os contidos do curso sería facer un blogue de aula, nel por exemplo utilizariamos as imaxes creando unha conta da aula en flickair e subindo as fotos das figuras que fixemos na unidade de acrosport, e logo publicarimolas no blogue. tamen publicariamos videos que grabaremos da primeira e da última sesión das unidades didácticas para que así os alumnos fosen conscientes da evolución que experimentaron nos diferentes deportes.
en canto a documentos poderíamos elaborar presentacións de power point sobre as diferentes partes dunha sesión e a su importancia para logo publicala no blogue. No uso do audio subiriamos ao blogue diferentes músicas doutras culturas para logo facelos bailes na aula.
un saudo.
Aunque en un principio este blog fue creado con la única intención de superar este curso , he logrado ver y entender las posibilidades y facilidades que con el puedo ofrecer a la comunidad educativa . Este blog es personal y está orientado tanto a alumnado especificado ( Ciclo Medio de Auxiliares de Enfermería) como a todos los compañeros de mi familia profesional así como a otros con los que esta materia sea común ( coñecemento do medio ) .
En el aparecerán colgados documentos , presentaciones , recursos interactivos , imágenes , vídeos , ... relacionados con el currículo de estas profesionales , como por ejemplo : aparatos o sistemas ( respiratorio , circulatorio , tegumentario , músculo - esquelético , nervioso , ...) , procedimientos relacionados con la práctica clínica ( sondajes , constantes vitales , ...).
Pienso que es una heramienta muy útil en el proceso de enseñanza-aprendizaje , que puede ser realizado también , mediante la creación de grupos de trabajo en el aula ( metodología coopertiva) , por las propias alumnas .
En cuanto a mis compañeros creo que es , igualmente , una buena manera de colaborar , criticar ( constructivamente ) y mejorar la metodología y recursos docentes .
La URL de mi blog es : http://marlene.blogaliza.org/
Ola a tod@s:
é unha pena que eu tamén estea tan mal nas tecnoloxías, pero esto doume ganas (despois de moito sufrir)
de seguir e buscar, así que espero que algún día poda levar a cabo o proxecto:

Os principais obxectivos:
-Implicación de mestra e alumnado
-Coñecemento das novas tecnoloxías para aproveitamento da aprendizaxe escolar
- Intercambio de actividades
- Expansión de traballos levados a cabo.

O noso traballo terá moito que ver co entorno, cultura e linguaxe. Buscaremos a actividade que nos rodea para aproveitar: vocabulario, contos, xogos, cancións, traballos....
E nel publicaremos todo o que poidamos traballar na aula::
-documentos de información sobre os diferentes problemas da linguaxe
-imaxes para traballar a conversa, vocabulario...
-videos para traballar o ritmo
- audio para a discriminación auditiva, fonética, memorización..

Pero polo de agora só queda neso, en intención, e esta é o meu:http://lourdes.blogaliza.org/
Eu plantexaría o meu blogue (http://anabelenig.blogaliza.org/) como un blogue de aula, no que poidan participar conxuntamente docente e alumnado. Sería un espazo onde colgar diferentes propostas de escritura, realizar exercicios interactivos, valorar a marcha das clases, continuar falando de temas que quedaron pendentes, propoñer exercicios ou lecturas complementarias, expoñer interrogantes, resolver dúbidas...

Así, a actividade fundamental sería a de diario de clase, pero tamén a publicación de documentos, imaxes, vídeos ou audio (tanto por parte do docente como dos alumnos e alumnas), organizados en varias categorías e relacionados coa lingua e a literatura, e o posterior debate en torno ós novos documentos colgados.

Por exemplo, na unidade correspondente ó Teatro do século XVII ademáis de realizar exercicios interactivos para reforzar os contidos desenvolvidos no aula, os alumnos e alumnas deberían buscar información ó respecto na rede e colgar no blogue un texto (ou unha imaxe, un vídeo, un documento de audio) que consideren de interese; posteriormente, a medida que os compañeiros vaian subindo ó blogue outros documentos, debería xurdir un debate no que os alumnos e alumnas vaian comentando os distintos materiais.
Ola, o meu blogue é http://amolacorzana.blogaliza.org/. O meu blogue sería unha ferramenta máis para as miñas clases.É dicir unha ferramenta de consolidación para os meus alumnos.Pensando nas miñas clases de inglés eu usaría o blogue para ir recapitulando cada unha das unidades vistas. Así no apartado audio, poría a pronunciación do vocabilario o das cancións dadas para que os alumnos puideran practicar. No apartado documentos elaboraría unha serie de actividades relaciondas co tema para que os alumnos puideran repasar o aprendido. No apartado de imaxe colgaría os traballos realizados por eles na clase e no apartado de vídeo, colgaría as obras de teatro feitas por eles. Obviamente eles tamén participarían na súa elaboración con novas propostas. De todo, podemos observar como a través do blogue podemos plasmar tódolos contidos dunha asignatura e onde os alumnos poden interactuar con eles dunha forma amena e divertida.
A intención principal da creación inicial do meu blogue foi a de poder levar a cabo as prácticas propostas dentro do módulo 2 do curso. É o seguinte: http://natial.blogaliza.org/

A miña proposta céntrase nun blogue no que se traten todo tipo de aspectos relacionados coa ciencia e, particularmente coa física e a química. Trataríase dun blogue do Departamento de Física e Química dirixido ao alumnado de secundaria.

Documentos: Os profesores do departamento poderían presentar no blogue documentos de apoio das súas clases, de xeito que o alumnado pode consultalos en calquera momento e dende calquera lugar.

Imaxes: O blogue constituiría unha galería dende onde publicar imaxes sobre estruturas tridimensionais de diversos compostos, imaxes inéditas do universo …etc

Vídeos: Poderían inserirse no blogue vídeos de documentais científicos de interese, de experimentos científicos, fenómenos naturais…para que despois o alumnado reflexione e debate sobre eles.

Audio: Algún dos profesores do departamento que participe nunha sección bilingüe (inglés/francés) con algún dos grupos, podería incluír intervencións propias no blogue no idioma estranxeiro sobre algún aspecto relacionado coa temática que está a tratar na aula e logo propoñerlle unha serie de preguntas aos alumnos para avaliar a súa comprensión oral neste idioma.
O meu blog, Capitán Nemo, (capitannemo.blogaliza.org), vai dirixido aos meus alumnos actuais, no IES David Buján de Cambre - A Coruña. A idea é que a partir de agora podan consultalo para ver as novas, os enlaces para ampliar info citados nas clases na aula, os video con fenómenos da tecnoloxía relacionados coa materia impartida, e tamén que podan descarregarse PDF, ODT, ou outros con propostas de exercicios para traballar a materia. E mesmo para recibir as suas peticions, comentarios, etc que se lles podan ocurrir cando non estamos na clase. Quen sabe, quizáis inclua audio con comentarios, por exemplo, dos puntos máis importantes a estudar cara a un próximo exame...
Hola, son Leticiab, a dirección do meu Blogue é a seguinte http://leticiab.blogaliza.org/ O meu blogue vai dirixido fundamentalmente a orientadores escolares, mestres de PT, AL, así coma as familias dos nosos alumnos. Procurarei centrar o meu blogue en temas relacionados coas necesidades específicas de apoio educativo (tipos de necesidades, detección e intervención, actividades de mellora de dificultades educativas..)

O Obxectivos que me fixei son reflexionar sobre a práctica orientadora e os seus aspectos positivos e negativos no ámbito escolar. Dar a coñecer actividades deseñadas dende a orientación escolar e recoller información sobre as necesidades específicas de apoio educativo dos alumnos con necesidades.

A nivel xeral tratarei de recoller as miñas reflexións persoais como orientadora. É no referente a publicación, fundamentalmente publicarei documentos relacionados coas necesidades educativas especiais, tanto informativos, como de traballo específico para os alumnos.
Tamén incluireiAlgún video, imaxe ou audio, para a reflexiónn, ou con actividades realizadas tanto cos mestres coma cos alumnos.

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Mª Belén
  • SARA
  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo