Propostas de uso na práctica docente.

Tags: audio, blogue, documentos, imaxe, vídeo

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

URL do blogue: http://luisrrivas.blogaliza.org/

O Blogue sería de carácter principalmente divugativo dirixido a toda sociedade educativa, non só de centros de E. S. O. senón tamén escolas de música, asociacións culturais de veciños, en definitiva, a tódalas persoas ou grupos interesados no tema.
Principalmente é un blogue de música de Jazz, quero especificar isto, xa que doutros xéneros de música hai moitas posibilidades de acceso, polo tanto de información por canais máis habituais como a radio ou a telivisión, donde existen cadeas e emisoras específicas que emiten durante as 24h do día pop, regueton etc...
Crearíase no blogue publicacións de artigos, videos, axendas culturais das distintas vilas e cidades de Galiza, onde a xente poidera participar comentando e informando dos contidos culturais da zona en donde viven.
Tamén sería interesante que grupos novos poideran colgar as súas gravacións co fin de axudar a divulgalas.
IDEAS PARA A ELABORACIÓN DUN BLOGUE:
A) En xeral:
O blogue estaría dirixido a toda a comunidade educativa, posto que o seu espíritu é aberto; gustariame que fora un lugar de encontro, un lugar onde establecer un diálogo amplo e enriquecedor para todos a través do intercambio de experiencias, dúbidas e inquietudes. Porque todos aprendemos; ou, alomenos, eu véxoo así.
Os blogue ha de ter unha temática variada, en consonancia co seu espírito aberto; esta temática estará relacionada coa educación en xeral, a educación secundaria e de xeito especial, coa materia de lingua e literatura.
Interésame especialmente a publicación dun blogue de aula posto que me parece unha ferramenta enormemente motivadora para o alumnado e, ao mesmo tempo, que permite establecer un intercambio enriquecedor na blogosfera, que sobrepasa as barreiras físicas das aulas e dos centros e implicando, deste xeito nese intercambio, a toda a comunidade educativa.

B) Como desenvolver o blogue de aula; algúns aspectos:
Eu faría un blogue de aula, no que o alumnado fora o auténtico protagonista. E sería un blogue de aula que aproveitaría as enormes posibilidades da materia de lingua e literatura. Así o eixo fundamental sería a lectura e a escritura de textos diversos, levadas a cabo polo alumnado e contando coa guía do docente. E non só textos senón tamén botando man de todos os recursos audivisuais posíbeis: imaxes, vídeos e audio; convertidos en elementos de debate e discusión e motores do blogue.

O enderezo do blogue creado para este curso é
www.mavei.blogaliza.com
O meu blogue chámase lauraenglish.blogaliza.com
O meu blogue está pensado para os alumnos do meu centro pero a sua vez para outras persoas que esten interesadas na lingua inglesa tanto na fala como na cultura e historia de Gran Bretaña, e Estados Unidos. No meu blogue pouco a pouco iran atopando notas historicas e culturais, asi como exercicios para facer, tamén atoparan material de axuda para a prendizaxe como diccionarios. Poderan atopar links a periodicos de lingua inglesa. Tamén links para facer exercicios de comprension auditiva. Nun futuro poñerei cancions coas suas letras e tamen con exercicios. A idea de que todo o departamento de inglés participara no blogue seria estupenda.
Cando o vexades xa vos daredes conta de que ainda lle queda moito para que todo esto se leve a cabo.
Perdón, o enderezo do blogue é
http://mavei.blogaliza.org
O meu blogue está pensado para os alumnos, aínda que o que atopades polo momento son maioritariamente os contidos das prácticas.
Pero a miña proposta e a súa utilización como material extra ou de reforzo do que se traballa na aula. A miña idea é que o blogue axude aos alumnos a ser máis autónomos na súa aprendizaxe.
Terán a posibilidade de acceder tanto a material novo como algún outro previamente visto na aula e que precisa algún tempo máis de elaboración. Este material inclúe: textos (extractos de periódicos, revistas, lecturas adaptadas, etc.) para por en marcha alguna dinámica da lectura; audio (cancións e audicións en xeral co tapescript) para que eles o escoiten as veces que sea necesario e tamén vídeos ( anuncios publicitarios, fragmentos de películas, etc).
As imaxes deixámolas para a parte máis lúdica: viaxes, visitas, festivais, etc. Colgaremos as fotos de tódalas actividades que realicemos tanto dentro como fora do centro.
Ah! o meu blogue chámase http://funny30.blogaliza.org/
O blogue matemáticas e xeometría, está pensado para que os destinatarios sexan os propios alumnos.
Como ben indica o título, estatá adicado a contidos de matemáticas en xeral, e de xeometría, en particula. Por qué a xeometría e non a estatística? debido principalmente a que quizáis unha das carencias máis fortes do alumnado en secundaria sexa o descoñecemento da xeometría elemental ou euclidiana. Euclides recolleu o saber da xeometría coñecida ata a súa época na súa obra "Los elementos", un conxunto de 13 libros desarrollados a partir de 13 definicións, 5 axiomas e certas nocións comúns. Este blogue adaptará os contidos dos elementos para seren presentados ós alumnos de secundaria, propoñendo a realización de diversas e sinxelas demostracións matemáticas ou retos similares que os gregos xa resolveron no 300 antes de cristo.
En canto a publicación fará fincapé nos vídeos, unha maneira amena de achegar o alumno ó contido; por exemplo a serie "+ por -" ofrece un vídeo chamado "La geometría se hace arte" que mostra as apliacións á arte das transformacións xeométricas, constituíndo unha boa actividade de motivación.
Na medida do posible, este blogue publicará diversos documentos en relación con outros temas non meramente xeométricos: a conxetura de Fermat, as Pontes de Konnisberg...
Por certo, que me esquencía o meu blogue: http://pitagorina.blogaliza.org/
O meu blogue creado para este curso é:
http:\//oxtan.blogaliza.org

De tódolos xeitos, ese está só creado para facer as prácticas do curso.
Eu traballo con Blogues na materia de Obradoiro de Iniciativas emprendedoras.
Desde o comezo de curso creei un blogue que sirve de referencia aos alumnos, blogue que eles visitan para recibir as indicacións das actividades que deben realizar.

Posteriormente, cada alumno creou o seu propio blogue e alí publican a resolución das actividades propostas, de tal xeito que eu recibo os feeds cada vez que un alumno actualiza o seu blog.

Existen actividades que teñen como base algún video de youtube, existen actividades baseadas en presentacións powerpoint a través de slideshare...

O envío de documentos, os alumnos o fan ben a través de publicación dos mesmos como anotación do segu blogue, ben como link á súa páxina de Google Documents onde eu vou lelos.
ola o meu blogue aparece recollido na páxina: http://mateca.blogaliza.org/, trata fundamentalmente sobre economía, pero tamén recolle outros temas, vai dirixido ao alumnado de primeiro bacharelato de humanidades e ciencias sociais, de economía, así como a todos/as aqueles que se amosen interesados pola materia. Voume centrar na economía de 1º de Bacharelato, pero tamén penso recoller anotacións matémáticas, estatísticas e de ciencias en xeral.
Con respecto as imaxes que figuran nel corresponden ao noso país veciño, o alumnado deberá incorporar no blog un traballo de investigación acerca de Portugal, en canto a súa moeda, cando entrou na U.E., o valor do escudo no derradeiro ano antes de entrar na Unión Europea, incorporar imaxes de escudos, etc...
Vídeos: incorporase varios vídeos relacionados coa economía, un deles do Banco Central Europeo, para facilitar o entendemento da inflación e a deflación. O alumnado deberá debater sobre as razóns que conducen a eses resultados, atopando, coa axuda do profesorado, unha explicación da elevada inflación ou da deflación, así como, das consecuencias das mesmas.
Documentos: presentacións para aprender os sistemas económicos, así como, as súas vantaxes o os seus inconvintes. Mediante a visualización en clase utilizando un proxector ou un encerado dixital o alumnado debe ir identificando os sistemas e nomeándoas correctamente. Estas presentacións compártense en internet con outros docentes creando un banco de recursos útiles para usar na clase.
Audio: recóllese a música de Afrika, como forma de introducir o problema da escasez e os problemas da pobreza, por unha mala distribución da riqueza. A clase dividirase en grupos, estes grupos deben elaborar un breve guión no que apoiarse á hora de gravar as intervencións e no que recollan unha serie de datos, como cales son os países máis pobres, cal é o seu IDH, causas da súa pobreza, formas de financiar a estes países, como evitala, etc. Esas gravacións aloxaranse logo no blogue acompañadas dunha imaxe representativa.
O meu blogue é http://perico86.blogaliza.org/.

Os contidos do blogue están pensados para o alumnado dos dous cursos de Bacharelato. O docente sería o principal proveedor de contidos, que consistirían principalmente en diversas curiosidades matemáticas, enlaces a webs interesantes sobre a materia, etc. Os contidos serían algúns de producción propia, mentres outros obtidos doutras páxinas, pero en xeral cunha certa relación co tema que se estea impartindo nese intre na aula. A participación do alumnado basaríase na inserción voluntaria de comentarios, e ocasionalmente e baixo a supervisión do docente, na inclusión de posts.
O obxectivo principal é darlle ao alumnado unha visión diferente da matemática á da aula, cecais cun tono un pouco máis lúdico.
O meu blogue é o seguinte: .
http://sabelita.blogaliza.org/
Naceu destinado ós alumnado de francés de secundaria e de bacharelato coa fin de que os alumnos dispoñan do material non presente no libro epoidan realizar tarefas ben de revisión ben de ampliación na casa.
Con esta fin, colgaranse os videos, as cancións, as imaxes e os documentos.
Asemade os alumnos, poderán deixar as súas opinións e ideas para posibles tarefas para desenrolar no aula.
Do mesmo xeito, os traballos e presentacións dos alumnos tamés estarán presentes para estaren accesibles a todo o mundo.
Finalmente tamén apareceran as fotos e videos dos viaxes do departamento ou das vacacións dos alumnos en países francófonos si eles así o desexan.

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo