Propostas de uso na práctica docente.

Tags: audio, blogue, documentos, imaxe, vídeo

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Eu decidín deseñar o meu curso de 4º da ESO de Inglés por proxectos transversais. Por isto, creei un blog en multiply onde se poden separar os contindos en pestañas: blog, videos, música, calendario, etc.

Os proxectos están relacionados con diferentes temas: fair trade, human rights, health and alcohol, enviromental education y equality of opportunities for both sexes.

Por poñer un exemplo do primeiro proxecto podería comentar algunhas ideas que tiven. No blog subín un par de videos que sirven de introducción, un de Oxfam con Chris Martín e outro tipo documental que servirá como exercicio de listening. Estes dous videos dan pe para abrir un debate entre ó alumnado.

Tamén subín un artigo en inglés explicando qué é o comercio susto para que lles sirva ó alumnado como punto de partida para comezar o proxecto de cada grupo no que está dividido a clase. O texto é argumentativo, polo que tamén servirá de esquema ou exemplo para que deseñen eles e elas o seu traballo final.

Outro dos videos que subín é un sobre a responsabilidade de cada un e unha de nós nunha sociedade de consumo que lles fará (espero) adquirir actitudes críticas e continuar coa súa investigación para o proxecto final. Por último, en horas de clase e téndome a mín como guía, terán que deseñar por grupos unha presentación por diapositivas ou unha película co material que crean necesario e coas conclusións de cada grupo. Estas presentacións subiranse tamén ó blog para que os diferentes grupos as comenten e fagan comentarios críticos.

A miña idea é utilizar estas presentación para conmemorar o día internacional para a erradicación da pobreza e o día internacional dos alimentos o 16 e 17 de decembro con un festival no instituto onde se exporán as presentacións da páxina web.
Ola María
Gustaríame ir a ver o teu blog, paréceme moi interesante a opción de clasisficar os contidos en pestanas, pero non puxeches o enclace á url :-(
un saúdo
Ana
O meu blogue é este:
http://pizarradixital.nireblog.com/
Tenta ser un punto de partida para o profesorado interesado nesta tematica.Traballanse todos os aspectos de Pizarra Dixital Interactiva, dende videos ,titorais ,software........Temos tamen recursos para todas as ideas dende Infantil a Secundaria pasando por Educación Especial,Inglés,Educación Física.......
Espero que lle botedes unha ollada cando teñades tempo.
Ola, co motivo deste curso creei un blogue relacionado coa materia que imparto FOL (Formacion e orientacion laboral) si queredes botar unha ollada aquí queda a ligazón.
http://ropeca.blogaliza.org/

Neste bloque ademáis dos post que xa fun pegando seguindo as prácticas deste curso, teño pensado usalo como apoio as miñas clases. Irei colgando documentos escritos e videos relacionado co mundo laboral. Colgarei tamen presentacions das clases para que ós alumnos que non poidan asistir non perdan de todo o fio do que se está a dar. Tratarei de facer participar ó alumnado, por exemplo como prácticas obrigatorias deberán facer un comentario, cada un, nos post e adxuntar algun documento ou ligazón relacionada.

Hay ligazons a diferentes organismos oficiais, buscadores de emprego, etc, para que os alumnos poidan coñecer a realidade do mundo laboral no que se sumerxirán despois dos estudos.

Usaremos no blogue:
- Videos:
Videos interesantes sobre a actualidade do mundo laboral, no que se explique os pasos a seguir para crear unha empresa. Videos de prevención de riscos laborais. Videos que expliquen en que consiste o acoso laboral...

- Imaxes:

Graficos indicativos do desemprego. Indices das empresas que cotizan en bolsa. Festas do curso (non vai ser todo traballo....)

- Documentos:
Solicitudes, empresos oficiais que se deben cubrir por diferentes motivos laborais..... Presentacions das clases que dia a dia imos dando no aula....

- Audio:
Podese facer un apartado de cancions relacionadas cos movementos sindicais, mais que nada para facer máis ameno o blogue e de paso falar da historia, da transición dende o franquismo ata agora. Tamén se poderían grabar en mp3 os apuntes a modo de Loquendo.

Ainda queda moito por andar pero a primeira pedra xa está posta.
Bueno o meu blogue ( http://andreslopez.blogaliza.org/ ), é unha pequena caixa desastre orientada a pasar as prácticas plantexadas, ainda que tamén é certo que cando iniciei este curso, tiña moi clara unha necesidade que puiden detectar cando realicei as prácticas do CAP.
Logo para esta actividade voltarei ás necesidades reais.
O blogue está dirixido a toda a comunidade educativa.
Pretendería que exista homoxeneidade de recursos e de medios nos diferentes centros, empregando como punto de encontro de ideas e experiencias o blogue. No blogue todos os centros que recibiron unha maqueta de inxector bomba, participarán para unificar o criterio de montaxe dunha caixa de averías e compartir información técnica. Para conseguir esto penso que empregarei as seguintes ferramentas:
Documentos, publicación de autodidácticos ou manuais de reparacións que cheguen ás nosas máns ou ben creados polos integrantes do grupo en base á experiencia adquirida no curso.
Imaxes e videos, das diferentes medicións ou comprobacións realizadas nos centros polos diferentes grupos de traballo. Na aula pódense realizar videos ou montaxes de fotografías para expoñer as tarefas realizadas e forma de realizar comprobacións ou medicións.
Hai no blog un vínculo a unha páxina de mecánica e un widget a un blogue moi interesante. Tamén publiquei un documento con links a unha web de normativa euro, e pouco mais relacionado coa automoción pero como estamos en Xaneiro e como propósito para este ano, en canto teña tempo, espero actualizar o blogue con información que pode interesar.
Ola a tod@s. O blogue que eu elaborei está dispoñibel a través de http://nonte.blogaliza.org/.


É un blogue que máis ca dirixido para uncolectivo concreto, está pensado para unha temática educativa específica. Así, dito blogue tenta poñer de relevo a pouca o nula presenza que posue a problemática do cambio climático nas nosas escolas. Dende el ofrecese a posibilidade de por opinións en conxunto, introducir novas de interese relacionadas coa temática, establecer ligazóns con outras páxinas de interese, ....
En definitiva, tenta ofrecer un espazo de debate cara un tema de actualidade social que ten moi pouca relevancia nas aulas.
Sen embargo, tamén achegase a un amplo abano de posiblidades de contidos, así ofrece imaxes e videos diversos que poden ser de interese para os alumnos e os mestres. Tamén inclue a posibilidade de acceder a moitas opcións musicais que ainda pouco relacionadas coa temática, serven de ruxe ruxe de fondo que amenice a lectura e participación.
En definitiva, este blogue que eu presento está pensado para todos os membros da comunidade educativa e tamén para aqueles que queiran participar dende fora, de tal xeito que se permita unha interacción efectiva entre persoas moi diversas, pois todos podemos aprender de todos.
Este é o meu blogue
http://jluisalamancos.blogaliza.org/

O meu obxectivo e utilizalo como soporte para as clases on line, cando teña a posibilidade de contar con PDI, e como almacén de contidos diversos dos que poida dispor na a aula de música. Serveme tamén para ollar alternativas dos meus colegas e que eles teñan acceso ás miñas propostas.

Pódense concretar propostas de utilización como:

- Documentos:
Arquivos ppt para a elaboración de “diaporamas,” “musicogramas” e representacións diversas, tanto convencionais como non convencionais que sirvan de apoio ós contidos a tratar e dispoñibles na rede. Por exemplo representar unha caravana no deserto coa música de Borodín “Nas estepas de Asia Central”
- Imaxes:
Asociación de imaxes de instrumentos e o seu son para a discriminación auditiva e visual dos mesmos
- Vídeos:
Visionado de vídeos de diferentes estilos musicais e épocas para comentalos e elaborar fichas sobre cada un deles
- Audio:
Con respecto ó seu uso podemos darlle dous enfoques: audicións e grabacións.
Podemos facer unha selección de audio dende a rede e engadila ó blogue para ter materilal sonoro organizado. Con respecto as grabacións podemolas utilizar para grabar cancións cos nenos/as e logo gardalas no blogue, escoitalas e incluso darlle opción ós paias e nais para que as escoiten tamén dende a rede.
Este é o meu blogue: http://natalia.blogaliza.org/
O meu blogue sería principalmente para traballo cos meus alumnos, xa que creo que é unha maneira moito máis atractiva para eles, aínda que tamén máis laboriosa pola miña parte [polo menos ó principio].
En canto a audio e vídeo, incluiría tanto material traballado na aula como fragmentos de vídeo e audicións de apoio, todo iso para que repasen ou reforzen a comprensión oral.
Do mesmo xeito, subiría documentos tipo textos de lectura ou artigos interesantes, e propondría un concurso de escrita [tema variado, según alumnado]. Deste xeito, traballaríamos as destrezas escritas.
As imaxes creo que podrían ser unha boa excusa para que acheguen eles mesmos a súas propias fotos e voten pola mellor dando razóns. Así, dunha maneira indirecta, estaríamos traballando as destrezas escritas, tanto a expresión como a comprensión [porque seguro que se achegaban a ver e ler as votación dos seus compañeiros].
De tódolos xeitos, isto non é máis que un boceto. Sería necesario darlle forma a moitos detalles.
Preséntovos o meu blogue. Son profesor de ensino secundario, na especialidade Bioloxía e Xeoloxía. O blogue vai dirixido a toda a comunidade educativa en xeral.
Tratarei de que sexa un blog no que se presenten recursos sobre as Ciencias da Natureza, prestando especial atención na Xeoloxía. Para isto, xa hai publicadas algunhas imaxes, vídeos e sobre todo, unha serie de recursos e enlaces de interese. Gustaríame utilizalo na miña práctica docente, onde os alumnos e alumnas de diferentes niveis educativos podan atopar información e participar nel a través dos seus comentarios, expresando as súas ideas, inquietudes ou aportar traballos, vídeos ou documentos que lles sexan de interese sobre a materia.

Tanto na sección de vídeos e imaxes, paréceme moi interesante o uso destes para a observación de diferentes fenómenos xeolóxicos habituais, coma poden ser os terremotos ou volcáns. En canto ós documentos, pódense colgar moitos relacionados coa xeoloxía.

Ademais desta materia, tamén podemos mostrar imaxes do noso centro educativo, onde por exemplo, temos instalada unha estación meteorolóxica e participamos no proxecto Meteoescolas.
Ola a todos! A URL do meu blogue é: http://silviama.blogaliza.org/
Con respecto a utilización didáctica que lle quero dar ao blogue, decir que o meu obxectivo é que sexa un lugar de interese tanto para profesores coma para alumnos, é decir, en el gustaríame publicar experiencias propias dentro da aula, materiais didácticos interesantes, reflexións sobre a práctica docente, dar a coñecer sitios web que me parezan interesantes...
Para levar a cabo todo esto por suposto, cómpre insertar no blogue documentos, por exemplo, os exames que poño os meus alumnos coa súa corrección, algún vídeo interesante`, imaxe ou algún podcast que esté relacionado co tema a tratar.
Polo tanto, tódolo aprendido ata agora será moi útil para poder levar a cabo esta iniciativa.
http://diana.globaliza.org
Este é o blog que creei facendo as prácticas, polo que os contidos tampouco foron moi seleccionados.
En principio, a miña idea é facer un blog para o alumando, teño feito outro do ano pasado que inclúo no de globaliza. Baseándome nese primeiro blog que fixen pensando no alumnado, ahí fun metendo links con exercicios interactivos, xogos, as webs dos libros de texto empregados na aula, os vídeos das cancións que escoitabamos na clase...O resultado foi que os alumnos estaban realmente motivados cando iamos á aula de informática a entrar no blogue, e incluso algunos deles dixeron que entraran nas súas casas...Polo tanto, con este novo blog, seguirei o mesmo camiño, pensando nas necesidades do alumnado.
Ola a todos chámome Romu e son profesor de EF en EP!!!
Estou neste foro para propoñer a utilización dos blogs como meterial didáctico que nos serva de utilidade para nós e para que os nenos achéguense as Novas tecnoloxías.
Para comeza podía propoñer o meu blog, ainda que todavía está en fase de experimentación.
A miña proposta é a seguinte:
Obxectivo:
1.- Que todos os nenos dunha comunidade educativa utilicen os blogs como medio de transmitirse as súas experiencias (no ámbito deportivo).
2.- Que os mestres poidamos contar con eles como medio de axuda para as nosas programacións.

Contidos:
Comenzar dicindo que para a administración dos contidos necesitaremos nenos de 11 anos en adiante.
Os contidos dividiríanse en 2 grupos:
1.- As Noticias, experiencias etc que poidan publicar os nosos alumnos.
2.- Os contidos que publicarían os mestres.

No caso primeiro introduciríamos aos nenos ensinándolle o uso do blog e facilitándolle as posibilidades de publicación no mesmo. Neste apartado os nenos disporían de varias categorías como
-O meu deporte: na que cada alumno contaría cousas sobre o deporte que practique.
-As miñas experiencias: cada neno contará as súas últimas experiencias. Ex: "o sábado pasado xogamos contra...e gañamos..."
-Novas: Os nenos poderían publicar aquí algunas novas que eles mismo consideren importantes. Ex: Onte saíu no xornal a nova de que no noso barrio van a construir unha nova pista polideportiva..."
-A minha pequena historia: onde cada neno pode ir contando a modo de "diario" a súa breve historia deportiva.

No caso segundo, seremos os mestres os encargados de facilitar documentación no blog. Esta información estaría dividida en varias categorías:
-Os xogos populares: cada semana introduiríamos información sobreun xogo popular ou tradicional para que os nenos poidan recuperar as tradicións dos seus pais e avós.
-A nosa música: do mesmo xeito incluimos esta categoría que podería mesturar músicas tradicionais con músicas de referencias deportivas.
- Actividades: aquí o mestre publicaría diferentes actividades que poder levar a cabo nas súas sesións de EF.

Todos estos contidos deben ir acompañados pola publicación de imaxes, videos etc.

Esperando darlle un pouco máis de forma nun futuro próximo despídome coa intención de que a proposta sexa de utilidade.

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo