Propostas de uso na práctica docente.

Tags: audio, blogue, documentos, imaxe, vídeo

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

O uso do meu blogue sería moi amplo porque a medida que aprendes a usalo, ocúrrense máis cousas.

En principio, pola miña especialidade que é: mestra de audición e linguxe, iría máis dirixido a outros mestres e a familias e tamén á todos os membros da comunidade educativa aos que lle poida interesar.

Gostaríame tratar cuestións relacionadas con materiales (actividades, software informático libre, imaxes, etc), ideas, experiencias, e dudas que o meu traballo me poida presentar para tratar aos nenos que a LOE especifica como: alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Gostaríame que fose un blogue participativo e interactivo, no que teñan cabida todo tipo de intervencións.

O meu blogue é: http://xarumia.blogaliza.org/
http://neli.blogaliza.org/
Esta é a dirección do meu bloge; está pensado para compartir con mestres/as da miña especialidade recursos, como contos, cancións, direccións de interese, v ídeos e fotos de actividades realizadas cos nenos da Escola Infantil na que traballo, para así poderlles dar ideas e que eles tamén poñan en práctica os proxectos que eu realicei, e que compartan conmigo a experiencia, e outras ideas para modificalos ou melloralos para futuras aplicacións.
Este é o meu blogue http://raulpereira.blogaliza.org

O obxectivo deste blogue é proporcionar un punto de encontro entre os alumnos e o profesor que nos permita afondar na materia de educación plástica e visual dunha maneira máis completa e significativa mediante propostas educativas, enlaces interesantes, comentarios, etc.
Os temas que se han de tratar serán os que marque o desenvolvemento da programación para cada curso, como eixe vertebrador, ó que se han de engadir temas complementarios para ofrecer unha visión máis ampla da asignatura.
Utilizarase o blogue para a publicación de noticias relacionadas cos temas que se traballen en clase, así como propostas de exercicios e resultados de actividades levadas a cabo na aula. Darase cabida a todos os contidos afíns á asignatura e pormoverase a participación dos alumnos na aportación de comentarios e aportacións. Manterase un calendario e programación de actividades que os alumnos poidan consultar así como unha axenda cultural que se irá actualizando coas exposicións, concertos, charlas, etc.
Hola, miña URL do Blog é:http://rcc4.blogaliza.org/.
Vai encamiñado a potenciar a interrelación entre os profesionais educativos. Poderedes encontrar lins educativos, conexiós musicais, videos, todo en base ás prácticas desenvolvidas neste ... non sei como denominalo (curso). Pódese dicir que está ainda por madurar.
No me deu tempo a facer un blogue relacionado co ensino, pero cando colla máis soltura penso utilizalo para colgarlle os meus alumnos as actividades que lle propoña en cada tema, tamén referencias de páxinas web e vídeos que considere de interés para eles. Tamén me parece interesante que eles participen a través do foro e fagan os comentarios que crean convintes. Espero sacarlle moito partido.
Un saudo
O meu blog é : http://www.lugonoy.blogaliza.org

Como todo, feito ás presas e última hora, doume un que outro dor de cabeza, pero as cousas que se comenzan hai que perfecionalas.
O contido do meu blog vai dirixido a alumn@s de Tecnoloxías da ESO e Bacharelato. Nel, o que se publican son actividades, recursos, contidos da materia, propostas de actividades.

Trátase dun blog, coa participación dos propios alumn@s, no que se publicarán os traballos e proxectos realizados na aula polos mesmos. Coa publicación de documentos, poderán acceder a boletíns con actividades de reforzo, ampliación, etc..; imaxes que reflexen actividades feitas na aula; videos cos proxectos realizados no taller.

Todo ideas soltas, porque inda está en proceso de contrucción

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo