Propostas de uso na práctica docente.

Tags: audio, blogue, documentos, imaxe, vídeo

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Saudos, non teño experiencia on line polo que teño o blog daquela maneira e a cachiños. de todos os xeitos quero dirixir o meu blog de cara a orientación ao alumnado con necesidade especifica de apoio educativo, de xeito que tamén sirva para axudar ao profesorado e as familias.
Neste blog poderemos publicar recursos educativos, opinións persoais e información.

Poderemos colgar proxectos levados a cabo cos nosos alumnos que nos pareza interesante compartir. Utilizando vídeo, audio, imaxes e documentos. Por exemplo, pautas de actuación co alumnado con hiperactividade ou déficit de atención, podemos fotografiar e colgar os recusos de que dispoñamos ou elaboremos, vídeos, música, cancións, poemas en relación cos vermes.

► Responder esta


Deseja carregar arquivos?

Anexar arquivo(s):
No me deu tempo a facer un blogue relacionado co ensino porque me levou moito tempo facer as prácticas. Paréceme unha ferramenta moi interesante, pero non para facer nun curso de 19 horas ou polo menos paréceme a min, que non tiña idea de como se utilizaba.
o enlace do meu blogue:


Este o enlace dun blogue para os meus alumnos, pero esta sen terminar por falta de tempo.

blog isa
O meu é un blogue de materia dirixido principalmente ó alumnado de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato, aínda que está aberto á participación doutros profesores e de tódalas persoas da comunidade educativa ás que lles interese a Arte en xeral.

Nel poden atopar unha serie de recursos didácticos, fotos, vídeos de You Yube, PPS’s, enlaces de interese, actividades interactivas, etc., sobre os contidos da materia. Estarán organizados por etiquetas, e clasificados en unidades didácticas para que sexa doado navegar por el.

Os temas dos que tratará son os propios da miña materia, aínda que se intercalarán outro tipo de contidos transversais e interdisciplinares.

Pretendo que os contidos do blogue sexan reutilizables dun ano para outro, polo que non o adicarei á publicación de novas de actualidade, senón á publicación de materiais relacionados cos contidos didácticos de Debuxo Artístico. Así, poderemos empregar os recursos do blogue na clase, como apoio ás explicacións ou para a realización de actividades e traballos de investigación, e tamén na casa os alumnos poderán empregalo como unha ferramenta de apoio, ampliación ou consulta.

http://debuxoartistico.blogaliza.org/
A elaboración dun blogue é unha proposta interesante na educación. O meu blogue está dirixido a toda a comunidade educativa, en especial aos interesados e estudosos da lingua castelá e literatura e pretendo dar a coñecer imaxes, vídeos, enlaces interesantes, páxinas web... relacionados coa materia.http://mariamayo.blogaliza.org/wp-admin/
Espero poder empregar, nun futuro non moi lonxano, un blogue de aula no que os alumnos poidan incluír comentarios, redaccións ou proxectos mediante a inserción de documentos, imaxes, audio e, se é posible incluso vídeo na área de inglés. Preciso máis formación neste eido para sentir certa seguridade, polo que aínda debo poñer en práctica moita da información exposta neste curso.
Un saúdo.
http://sonia22.blogaliza.org/
O blogue nace coa idea de compartir as miñas experiencias docentes cos compañeiros, coa intención de aprender das súas andainas polo mundo da educación. Son moi nova no asunto e calquera axuda por pequena que sexa considéroa positiva. No bloque explicarei a forma de enfrontarme aos temas, colgarei actividades, videos de interese. Deste modo vería o que lle parece ao resto do profesorado e o que eles farían na mesma situación. Constituirá polo tanto un punto de intercambio de información entre docentes.
Unha vez que adquira máis soltura na elaboración de blogues, teño pensado crear un co que traballar na aula cos meus alumnos, nel colgarei os traballos que lles propoña, terán material de apoio, referencias as páxinas web de interese e videos.
Mi blog no se corresponde con mis propuestas pues está realizado únicamente siguiendo las instrucciones de las prácticas. La dirección es: http://antipodas.blogaliza.org/
Además de todas las propuestas que puedo leer y én las que básicamente estamos todos de acuerdo, yo propondría crear dos blogs, uno para el departamento dirigido a los profesionales y padres, además de crear actividades e incluir enlaces de interés y otro de aula y que los alumnos publiquen en él sus inquietudes, links a noticias que sean de su interés y además mediante la sindicación de contenidos, que ese blog informase de lo nuevo que se va incluyendo en el blog del departamento en la categoría destinada a los alumnos
O meu blogue non vai dirixido a ninguén en concreto, xa que me centrei en realizar as prácticas sen lle dar importancia ningunha ao contido.
Eu crearía un blogue de aula para que o xestionase o alumnado. Iría enfocado a recoller opinións sobre a lectura de libros previamente seleccionados polo profesor/a. Con isto cada alumno/a tería unha idea previa á hora de escoller a súa futura lectura. Ademais deberían, unha vez comentado o libro, realizar as seguintes actividades:
1. Buscar e Introducir no blogue imaxes que teñan que ver co autor/a ou da época en que viviu.
2. Publicar un vídeo que teña relación co libro ou coa súa temática (guerra civil, violencia machista, recitais poéticos, trailers de películas sobre o libro...)
3. Cargar arquivos de música relacionados co libro (por época, por ser poesía e estar musicada, por referencias que poidan aparecer no texto...)
O meu Blog é http://lumu82.blogaliza.org E tanto un blog para o traballo na aula, como para o intercambio de información ou novidades con outros docentes da área de Música en Primaria.

As miñas propostas de uso para este blog son as seguintes:

o Documentos: Presentacións… que na meirande parte das veces introducirán ou completarán certos temas máis teoricos con imaxes e sinxelas explicacións dunha maneira o máis visual posible. Por exemplo as diversas familias de instrumentos: corda, vento, percusión. Farase un ppt de cada categoría onde se verá de forma agradable e resumida os principais contidos de cada un.
o Imaxes: de instrumentos, de autores, de agrupacións, etc…
o Videos: Cancións, regueifas ou explicacions ou documentais de outros docentes ou expertos… que completen o traballado na aula.
o Audio: Cancións ou bases rítmicas para logo facer as diversas actividades prácticas na aula. Incluso playbacks ou bases musicais para logo tocar cos instrumentos Orff e/ou flautas.
http://gondomar.blogaliza.org/

O meu blogue pretende servir para intercambiar e a través del acceder a información e documentos que axilicen e dinamicen a miña práctica educativa.
Tamén pretende facer uso das ferramentas que pon o meu alcance. Como o uso do calendario como axenda para lembrar datas importarntes (reunións con pais, avaliacións, cursos, ...). Colgar proxectos exitosos levados a cabo nas nosas aulas, cancións e demáis.
No futuro gustaríame que tamén fora un blogue para @s alumn@s e que servira de plataforma para despertar o seu interés polo coñecemento doutras linguas e culturas e en xeral pola escola.
Ola a todos, a piques de rematar este curso dicir que o meu blogue está orientado cara ao profesorado da materia de bioloxía. Nel pódense incluir recursos, links, propostas de actividades e comentarios sobre algunhas das realizadas entre o profesorado e as realizadas polos alumnos.

Paréceme interesante a opción de facer un blogue a nivel a aula onde se poidan recoller os traballos dos alumnos e onde nos podemos insertar as nosas suxestións.

Espero con tempo poder aplicar os coñecementos adquiridos neste curso para poder completar e engadir videos sobre os diferentes apartados das materias e actividades que se poidan realizar on line polos alumnos.

o URL do meu blogue é: http://anai.blogaliza.org/

Saúdos a todos e ata outra

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo