Propostas de uso na práctica docente.

Tags: audio, blogue, documentos, imaxe, vídeo

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

O meu blogue está feito, por así decilo, a cachiños. Según se ía pedindo algo, se ía engadindo, polo que non ten unha finalidade clara. Iso si, serve de práctica para que cunha planificación como é debido, se poida mellorar ou facer outro máis a modiño.

De facer un blogue para a aula sería moi interesante incluir vídeos como os que xa teño atopado en Youtube referidos ao tema a tratar no colexio(as cores en inglés, os números, os animais da granxa...)
Tamén se pode aproveitar para facer cos nenos pequenas grabacións de contos, poesías ou adiviñas en inglés e publicalos no blogue.
Incluso se pode facer enlaces diversos para que os nenos saiban onde poden atopar un sitio para practicar o aprendido na clase.
O blogue Orientacion en Cervo (http://orientacervo.blogaliza.org/) e un blogue de informacion e participacion do departamento de orientacion dese colexio.
O seu contido vai dirixido a informar á comunidade educativa, en especial a do noso centro, dos eventos que acontecen ó noso redor.
Centrareime nos temas que abranguen directamente o departamento, leis, axuda ós alumnos,...e tamen a publicacion de novas e traballos do centro.
Traballaremos temas relacionados coa adquisicion de habilidades sociais, prevencion de problemas de conduta, habitos saudables.
E publicaremos arquivos multimedia nos que poidades coñecer o o noso entorno.
O meu blogue iría destinado ó alumnado, para facer unha Orientación Académico-Profesional na etapa da ESO e Bacharelato. Os alumnos atoparían de xeito sinxelo as distintas opcións tanto de estudio como de traballo que se lles abren ó rematar cada etapa educativa.
Do mesmo xeito tamén sería un blogue moi útil para os titores, xa que lles facilitaría información que poderían tratar cos rapaces nas sesións de titoría.
A intención final do meu blog é a de servir de plataforma de intercambio de experiencias e recursos entre profesores de música. Por suposto hai que eliminar algúns materiais que so foron incluídos para facer as probas e incluír algúns outros que poidan ser de interese.
Podedes consultar o meu blog en http://musicactiva.blogaliza.org/
O meu blogue é
http://silvia.blogaliza.org/

Está orientado cara á procura de recursos relacionados coa área de Coñecemento do medio social, natural e cultural. Vai dirixido a toda a comunidade en conxunto xa que, ó non traballar como docente, non a podo empregar para o uso dun grupo de alumnos.

Trataranse temas en xeral, relacionados co coñecemento do medio. O meu obxectivo é seguir taballando nela para poder compartir con quen queira diferentes actividades para abordar temas relacionados coa área. As actividades poderán ser colgadas directamente dende a web, propias ou simplemente colar a ligazón que nos leve directamente a calquer documento interesante.

Ademais de actividades propiamente ditas, haberá diferentes recursos que poidan servir posteriormente para crear actividades propias. Por iso se publicarán tanto documentos coma imaxes, vídeos ou audio que poidan estar relacionados con algunha das temáticas que se traballan no coñecemento do medio na etapa de educación primaria.

Invítovos a todos os que estedes interesados no tema ou teñades algo que comentar ou aportar.
O meu blogue é o seguinte: http://ccss09.blogaliza.org/

Trátase dun blogue dedicado as Ciencias Sociais na aula. así pódense atopar contidos de historia, de arte ou de xeografía todos eles etiquetados e clasificados por categorías. Este blogue non deixa de ser o resultado das prácticas de este curso, mais a súa utilidade é moito maior, sempre e cando se actualicen os contidos e se dedique moito máis tempo a elaboralo.
Sería unha boa ferramenta para o traballo cos alumnos, pois podería ter unha sección onde se colgaran os apuntes da clase (contidos fundamentais de cada unidade didáctica...), outra centrada no vocabulario específico, etc.
Outra dedicada os traballos, onde serían os propios alumnos os que colgaran os seus traballos da materia, podendo ser aproveitados por tódolos demais. Así se farían dende pequenos traballos monográficos, pasando polos comentario de texto, gráficos ou obras de arte (dependendo da materia e curso impartida durante o curso), que unha vez revisados sería de moita utilidade para o alumnado.
É necesario crear outro enlace para respostar dúbidas, creando entre todos unha especie de debate.
Creo que debería engadirse, un calendario onde se anotarían as fechas importantes (exames, entregas de traballos, titorías, excursións,...)., que ademais de ser útiles para os alumnos tamén serían unha boa ferramenta para os pais.
Como é lóxico, todo está por facer. Pero cun pouco de tempo e ganas... sería de moita utilidade poñelo en práctica....
Hola a tod@s, o meu blog é http://yolyfb.blogaliza.org/, pero teño que recoñecer que o meu blogue non ten moito sentido, está creado para respostar ás prácticas que se nos piden, pero me levou moito máis tempo do esperado, así que non podía perdelo tempo poñéndoo "bonito" e dándolle un sentido claro.
Se despuxera de máis tempo, gustaríame que o meu blogue fose funcional, que servise para algo, para poder aportar ideas e recibilas, tanto comentarios persoais, como experiencias, propostas de actividades, etc.
En realidade, eu penso que a funcionalidade sería un recurso para a búsqueda de información, e un lugar sobre todo onde compartir.
Podería ser útil tanto para a práctica docente, como para o alumnado na realización de determinados traballos, como para o resto da comunidade educativo (repito, se estivera mellor feito e máis completo, de momento aportáronse cousas illadas para a realización das prácticas do curso)
Está claro que a aplicación das Tics na aula son un recurso inmensamente rico, claro que hai que ter claro para qué se quere empregar, xa que nos ofrece multitude de información e de recursos, por eso a práctica debe ser guiada para conseguir uns obxectivos propostos.
-O contido do meu blogue vai dirixido a todo o profesorado que quixera intervir, aportando todas aquelas suxestións que crean apropiadas, proporcionando novas anotacións, dúbidas, innovacións, medios,..., pero tamén ás familias do noso alumnado, ofrecendo as súas ideas e interactuando con nós para resolver tódalas dúbidas acerca do funcionamento e desenvolvemento dos seus fillos, así como aportando aqueles problemas coa ensinanza que por sí sos non son capaces de solucionar; e, en definitiva, atoda a comunidade educativa que quixera participar.
-Os temas a tratar serán todos aqueles relacionados co ensino-aprendizaxe e aqueles que conflúan o seu arredor, para ter unha marxe máis ampla e enriquecer a nosa experiencia como docentes, para así poder actuar e desenvolvenos mellor con sosos cativos.
-E, por último, as propostas para a utilización do blogue serán, sobre todo, para a publicación tanto de documentos, imaxes, vídeos, audio, experiencias persoais cos cativos /sempre coa autorización pertinente dos seus pais) e así facilitar unha mellor relación do ensino e a práctica docente co noso alumnado.
O contido do meu blogue vai dirixido a nenos/as de Educación Infantil e Primaria, é dicir, de idades comprendidas entre os tres e os doce anos.
Os temas do blogue incluirán xogos, videos, actividades e exercicios que axudarán ós nenos/as na aprendizaxe da lingua estranxeira (Inglés).
O blogue o utilizarían en xeral como fonte de información ainda que tamén se poderá utilizar para publicar traballos feitos por nenos e nenas.
En canto á publicación de documentos, poderían ser dos nenos/as: contos, descripcións...etc. Poderá haber exercicios e actividades para que realicen os nenos/as adaptados ás súas idade: exercicios de gramática, de unión de palabras e debuxos, historietas que poderán representar...
En canto ás imaxes ofrecerase vocabulario para que podan ir mellorando a súa comunicación. Tamén poderán facer descipcións destas imaxes no espacio de documentos.
Os videos serán educativos con vocabulario, cancións...etc
No apartado de audio haberá cancións adaptadas ó seu nivel.
Tamén haberá acceso a xogos educativos.
O meu blogue
Os OBXECTIVOS que pretendo co meu blogue son fundamentalmente, por un lado, intercambiar información actualizada e variada relacionada coa E. Infantil, e por outro ofrecer e intercambiar recursos e ligazóns de interese.
O meu blogue VAI DIRIXIDO a todos os mestres/as de E. Infantil, e tamén ás familias.
As PROPOSTAS DE USO DO BLOGUE son:
- Ofrecer diversas ligazóns relacionadas coa E. Infantil: páxinas de recursos, de formación, de lexislación educativa...
- Publicar información de actualidade que nos poida interesar a todos, e outra mais específica dirixida ás familias.
- Publicar fotos de diferentes actividades que levaremos a cabo tanto na aula, como no centro ao longo do curso (magosto, festival de nadal, entroido, día da Paz, día da Árbore, saídas e outro acontecementos que vaian surxindo).
- Publicar videos das actividades anteriormente mencionadas.
- Publicar todo tipo de música: infantil, moderna, clásica, popular, en galego, en castelán, en inglés...
Co meu primeiro blogue, adicado á electrónica no ensino secundario pretendo acadar os seguintes obxectivos:
- Achegar á comunidade educativa das especialidades electrónica e afíns os distintos sistemas dispoñibles pora a súa explotacións didáctica.
- Trataránse temas da electrónica no ensino, pero ademáis incluiranse outros temas máis variados: curiosidades e música.
- Achegar os alumnos aos profesores da especialidade mediane o intercambio de información e opinións.

O uso que se pretende dar aos distintos tipos de documentos será:
- Documentos: Manuais e follas de características de compoñentes e equipos electrónicos.
- Imaxes: Montaxes e práctias a desenvolver.
- Vídeos: Videotutoriais.
- Audio: Música, xa que non só de electrónica vive o home.

Invítovos a todos a visitalo regularmente en http://dtbuga.blogaliza.org

Un saúdo
O meu blogue vai dirixido tanto para os profesores da especialidade de Lingua castelá e Literatura como os alumnos que estuden esta asignatura. Por iso, os temas que me gustaría tratar son os que se recollen no currículo correspondente, aínda que pretendo mostrar que a literatura e a lingua castelá poden ir moito mais alá do libro de texto e a aula, que están presentes no día a día da nosa vida e o noso traballo. É un blogue de departamento no que os demáis compañeiros poden engadir publicacións intersantes. Podemos compartir distintos documentos de texto: edicións especiais de libros acompañadas das fotos da portada e páxinas interiores ( creando un álbum en Flickr) para o uso nas aulas, imaxes e vídeos de diferentes experiencias educativas particulares que sirvan como orientación ou exemplo (You tube é unha ferramenta moi útil; recordemos as conferencias do xuíz Calatayud) etc.. Ai vai a miña URL: www.soniglessia.blogaliza.org

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo