Propostas de uso na práctica docente.

Tags: audio, blogue, documentos, imaxe, vídeo

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

O meu blogue está feito, poor así decilo, a cachiños. Según se ía pedindo algo, se ía engadindo, polo que non ten unha finalidade clara. Iso si, serve de práctica para que cunha planificación como é debido, se poida mellorar ou facer outro máis a modiño.
Respecto á proposta, o blogue podería ser un lugar de información e de contacto entre profesionais interesados nunha mesma temática. Como son profe de inglés, serviría para un intercambio fluido de experiencias e de ideas para a posta en práctica na aula. Para iso, incluiría algún que outro vídeo, cancións, e sobre todo texto e enlaces a diversos lugares de interese común.
http://charolm.blogaliza.org/
Este é o meu blogue, ainda que neste momento non segue para nada o plantexamento que lle quer dar porque non é sinón unha amalgama dde prácticas sen sentido e sen conexión coa práctica docente, nun futuro pretendo darlle forma segundo o seguinte bosquexo:

Destinatarios: alumnos e familias
Temas: Orientación académico profesional e orientación vocacional. Será un blogue do departamento de carácter divulgativo e formativo.
Propostas de acción: links a principais páxinas:Ministerio, Xunta....publicación de documentos e matriculas........ Links a algún porgrama de autorientación.....Publicacións de artios sobre temáticas afíns.......
A dirección do meu blogue é: http://iriacorte.blogaliza.org/

Este blogue, titulado “Poesía y vanguardias”, pretende facer un seguimento das vanguardas poéticas do século XX e XXI. Nel poderemos atopar enlaces a diversas páxinas sobre poesía, a arte das Vangardas, a relación entre as distintas manifestacións artísticas (pintura, poesía, cine, escultura…), e tamén a páxinas que ofrezan recursos didácticos e actividades para traballar estes contidos na materia de Lingua castelá e literatura, especialmente en E.S.O. e Bacharelato. O blogue está dirixido á comunidade educativa en xeral, e a todo aquel que estea interesado no tema.
Propostas concretas:

-Imaxes: Pódese propoñer unha actividade de creación de poemas visuais cos alumnos, e despois utilizar o blogue para colgar unha mostra dos máis significativos.

-Vídeos: Colgaranse a cotío vídeos de documentais sobre literatura, entrevistas a escritores ou interpretacións musicais de poemas.

-Audio: Ademais de colgar cancións, poemas musicados, etc., podería facerse unha grabación dun grupo de alumnos recitando poemas e facendo ritmos (palmas, tambores...) que se publicase despois no blogue.
http://juanjo.blogaliza.org/

O meu futuro blog vai ir dirixido a estudantes de Formacion Profesional e nel falaremos de todo tipo de actividades profesionais do ámbito da fontanería e da electricidade.

A miña proposta consistirá en que mediante a publicacacións de videos de youtube ensinarlles aos rapaces a facer os distintos traballos e logo publicariamos os resultados no blogue mediante o uso de flickr para publicar as nosas propias fotos froito do traballo feito ou os nosos videotutoriales para poder ensinarlle a calqueira persoa interesada na materia a facer cousas tendo os materiais necesarios.
http://www.anti09.blogaliza.org/
Obxectivos de meu blogue:
- O blogue está dirixido non só ao profesorado da minha especialidade senón a todo o profesorado posto que o tema da lingua debería e debe ter sido en consideración en todas as especialidades. O galego debe ser a lingua vehicular, normal e habitual do curriculum e por esa razón penso que o blogue pode resultar axeitado e interesante para calquera area.
- Así mesmo pode ser tamén interesante para o alunado xa que poderá consultar novas, vídeos, música, etc na nosa lingua, atopando ferramentas e recursos que non só lle resulten útiles senón tamén atractivos. A idea é a de achegarmos ao alunado o aprecio, respecto e carinho pola nosa/súa lingua.
- O tema no que se centra é o da lingua en xeral (a súa problemática, os aspectos positivos, a situación sociolingüística…), aínda que se considerará este tema tamén de xeito máis particular: tratará da lingua no ensino, trataremos de introducir novas, temas,…que poidan resultar de interese do profesorado, do alunado e de calquera outra persoa que poida interesarse polo tema.
- Neste caso trátase dun blogue que aporta información que eu considirei axeitada mais non por iso considero que sexa personal. Unha boa idea sería continuar con este blogue ou con outro similar como un blogue de aula no cal os alunos aporten as novas, materiais e opinións que eles consideren interesantes. Do mesmo xeito sería interesante crear outro blogue diferente con recursos, vídeos, novidades,…non só para o departamento de lingua e literature senón para o resto dos departamentos. Como se comentou anteriormante o tema e a situación lingüística afecta a todos e non só ao departamento de lingua e literatura galega.
- Propostas: Empregaría o blogue para incluír novas de actualidade relacionadas co tema que nos interesa. Sería unha boa idea botar man de algúns documentos relacionados coa historia, coa historia da lingua e coa literatura que podemos atopar en slideshare (agora que o conhezo sei que pode ser moi útil) ou neutros lugares.
En canto ás imaxes é interesante usar imaxes gráficas que expresen de algún xeito o propósito do blogue (o galego no ensino). Un apartado do blogue estará dedicado a referencias de libros especialmente de autores galegos, portugueses e do resto da lusofonía novos e de actualidade que plantexen temas que poidan interesar ao alunado, aínda que tamén se poden incluír por suposto referencias de clásicos. Incluiremos un espazo para achegarmos información relacionada coa lusofonía. Os vídeos terán unha función importante no blogue xa que son unha ferramenta moi útil para explicar contidos.
Ola, o URL do meu blogue é: http://panpanpan.blogaliza.org/
Porén trátase simplemente de retallos co obxectivo de traballar as diferentes prácticas propostas polo profesorado. Non obstante, os posts están en xeral relacionados co periodo literario do trobadorismo galego-portugués.
Xa máis en serio e para facer con calma, proporìa non facer blogues moi complexos senón intentar facer pequenos blogues para cousas concretos. Agora penso en dous:

1) Un blogue do que todos terían as chaves para facer unha colleita de alcumes da zona de influencia do instituto. Así toda a comunidade educativa tería a oportunidade de fornecer de material, sen necesidade de centralizalo todo nun pequeno equipo que tería que cargar con este "traballo sucio". En todo caso, a todo colaborador se lle daría unha serie de ítems obrigatorios. Por exemplo, poderían incluír o alcume (coas posibles variantes), a localización da persoa que o leva (lugar, zona, parroquia e municipio), a orixe (por que se usa e desde cando) e o nome do informador (xunto coa súa idade).
Con todo o material recollido, poderíase:
a) Traballar o coñecemento das variantes específicas da lingua da zona.
b) Traballar a onomástica.
c) Facer un pequeno estudo cun grupo de alumnos para publicar no mesmo blogue, no website do centro ou na revista.

2) Utilizalo como material de apoio aos exames (daquela, dirixido especificamente ao alumnado). Un ou dous días antes de cada exame, colgaría no blogue unha serie de tests creados co HotPotatoes (como os que teño sobre Martín Codax -ben mellorables- no meu blogue) que incidisen nos puntos fundamentais da materia que entre en cada caso. Para un mellor rendemento, faría que todas as respostas erradas (e incluso tamén as acertadas) provocasen a apertura dunha xaneliña que lles dese informacións válidas para clarear os aspectos concretos tratados nesa pregunta.
O meu blogue é: http://rociolp79.blogaliza.org/
A miña proposta é a seguinte:
O meu blogue vai dirixido ao alumnado. Nel contemplase cousas interesantes ou noticias relacionadas co ciclo formativo (eu son dun ciclo de formación profesional), incluiría noticias curiosas o que poden chamar a súa atención para captar o seu interese de cara aos temas que imos ir vendo o longo do curso e.
Ademais tamén colgaría no blogue outras cousas que poden interesar aos alumnos como música, videos ou noticias, para que lles guste o contido e o lean con curiosidade e por gusto e non por obligación. Deste xeito podese motivar os alumnos moito mellor que pedindolles que lean un blogue moi técnico e aburrido.
Tamén poderíamos poñer nel outros contidos deles que queiran compartir cos demais, como secuencias de fotos utilizando flickr.
O blogue educación infantil http://catuxinha.blogaliza.org/

O blogue educación infantil vai dirixido a mestres e mestras que imparten docencia na etapa de 3 a 6 anos. Este blogue nace co obxectivo de servir como medio de intercambio de información entre o profesorado. Nel poderánse atopar recursos didácticos, noticias educativas, documentos lexislativos…
Así en relación a documentos atoparemos: artigos, textos lexislativos , proposta de unidades didácticas, proxectos…
Como imaxes: materiais realizados polos propios nenos e nenas, fotografías…
En canto a vídeos: documentos visuais baixados de platarformas como youtube, imaxes grabadas no centro educativo e na propia aula relativas a actividades realizadas polos propios rapaces e rapazas…
En relación a materiais de audio: atoparanse dende cancións, música, sons que permitan o seu uso didáctico.
O meu blogue vai dirixido a toda comunidade en conxunto: aos alumnos/as así tamén coma aos pais/nais e profesoras que queran informarse dos contidos que damos na miña clase de música, a compañeiros/as da miña especialidade co fin de aportarlles algunhas ideas…etc.
A miña proposta ten como obxectivos os seguintes:
- Que os nenos adquiran unha aprendizaje autónoma.
- Despertar o seu interese por ampliar a información sobre os temas que a eles lle gusten.
- Compartir as nosas experiencias con toda a comunidade educativa.

Os temas que vou tratar en xeral van ser os seguintes:
- O festival de Nadal.
- Os concertos didácticos.
- O entroido.
- A paz.
- Algúns compositores e audicións de interese.
- O día das letras galegas.
- O festival de fin de curso.

Despois de forma puntual, por se os nenos/as queren aumentar a información sobre un tema dado na clase que lles resultou de interese, entón haberá un apartado con enlaces a páxinas, actividades, vídeos…co fin de ampliar os seus coñecementos sobre o tema.
Tamén contaremos cun álbum onde estarán as fotos realizadas no festival, de traballos feitos na clase, excursións…etc.
mi blog www.sophie.blogaliza.org se dirige a toda la comunidad educativa que tenga algo que ver con la enseñanza del francés en la Eso y el Bachillerato, es decir a todos los docentes asi como por supuesto a los alumnos. Su propósito es de compartir experiencias vividas en el aula, de aportar material que se pueda aprovechar en el aula pero también de compartir todo lo que tenga que ver con la cultura francesa o francófona. Así se podrán colgar documentos que tengan que ver con la actualidad cultural ( videos, últimas pelis, música, etc), y también links con páginas de material, etc.
O meu blogue é http://vacaloura.blogaliza.org/

A miña proposta é a utilización do blogue como ferramente de comunicación entre os profesores de diferentes áreas do coñocemento, nun IES.
O blogue vai dirixido aos profesores do departamento de Ciencias Biolóxicas, do departamento de Física y Química, do departamento de Matemática e do departamento de Xeografía e Historia.

O obxectivo é crear un espazo virtual para compartir contidos, presentacións, fotos, audio, publicacións, datos, gráficas, modelos de exercicios, protocolos de excursións, prácticas de laboratorio, etc, entre os profesores dun instituto, vinculados mediante un proxecto multidisciplinario, do tipo do que desenvolve a Xunta de Galicia cós profesores de ciencias (denominado Climántica). Todo este material será utilizado polos docentes para enriquecer os seus propios contidos e para desenvolver o proxecto multidisciplinario previamente acordado ó longo do ano, adaptándolo ó nivel correspondente.

Deste xeito, buscarase facilitar a labor do profesor e lograr unha maior eficacia no uso do tempo para a preparación das clases.

Por exemplo, se se está a desenvolver un tema de contaminación atmosférica, os profesores poderán aportar diversos materiais para abordar o tema desde diferentes áreas, como os mencionados a continuación.

-Produtos químicos que son vertidos á atmosfera de forma frecuente e que alteran a súa composición.
-Videos dos efectos da chuvia ácida sobre os bosques.
-Mapas dos continentes coas principais rexións afectadas pola contaminación atmosférica.
-Presentacións powerpoint explicativas do efecto invernadoiro.
-Debuxos sobre o burato de ozono.
-Táboas e gráficos sobre as variacións da contaminación en determinadas rexións e períodos.
-Publicacións sobre os efectos directos da contaminación atmosférica sobre a saúde humana e sobre a diversidade biolóxica.
-Audio dos animais dun bosque en condicións de baixa o nula contaminación.
-Noticias da prensa sobre os posibels efectos do quentamento global.

Ocasionalmente, tambén poderían ser de axuda os aportes dos profesores doutras áreas, por exemplo, os profesores de Lingua Galega con comentarios dos nomes técnicos nesa lingua; os profesores de inglés ou francés traducendo algún texto de interese, ou os profesores de Educación Física con consellos sobre a exercitación ó aire libre lonxe das cidades, etc, etc.
No meu blogue ( http://brais.blogaliza.org/ ) hai nestes momentos unha mestura heteroxénea e inconexa que vai desde anotacións educativas,pretensións de denuncia do xenocidio en Gaza,algunha anotación musical e outras sen significación algunha fruto das diferentes prácticas deste curso.
A idea inicial era e,ao mellor, pode volver a ser, facer un blogue que servira de soporte ao traballo de animación á lectura feito por clubes de lectura,grupos de biblioteca,etc.Neste blogue poderían aparecer ríticas,comentarios,páxinas ou traballos doutros grupos e centros e mesmo,fragmentos de obras ou calquera tipo de publicacións que se consideraran interesantes.Habería quedestacar especialmente o traballo do alumnado de xeito que viran reflexado o seu labor.
O bloque tamén debe ser unha ferramenta que nos permita relacionar a literatura e as novas tecnoloxías.

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo