Propostas de uso na práctica docente.

Tags: audio, blogue, documentos, imaxe, vídeo

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Presenta aquí o teu blogue, indicando a URL, a súa temática e a quen vai dirixido.

Fai propostas concretas de utilización das ferramentas vistas nos contidos do curso.

Estes son algúns exemplos:

Imaxes:

Nun traballo de ciencias naturais ou de coñecemento do medio, o alumnado deberá facer un traballo de investigación sobre as árbores e prantas do entorno. Nunha saída ao exterior do centro, e tamén o propio alumnado no entorno da súa vivenda, debe sacar fotografías das árbores e prantas que atopa. Despois de clasificar e seleccionar por grupos as fotografías atopadas, deberá crear un álbum en Flickr co nome correspondente e unha descrición de cada unha das prantas. Logo publicarase unha secuencia no blogue da aula.

Vídeos:

No programa de televisión "El Hormiguero" realízanse diariamente experimentos científicos, pero non explican como funcionan e por que se producen ditos fenómenos. Estes vídeos ligaranse dende o blogue e unha vez á semana eses vídeos visualizaranse en clase, e o alumnado deberá debater sobre as razóns científicas que conducen a eses resultados, atopando, coa axuda do profesorado, unha explicación científica aos mesmos.

Documentos:

En educación infantil, a mestra elabora e publica no seu blogue presentacións para aprender vocabulario, inserindo imaxes de diversos temas. Unha presentación sobre as partes do corpo humano, outra sobre animais, outra sobre os números, etc. Mediante a visualización en clase utilizando un proxector ou un encerado dixital o alumnado debe ir identificando as imaxes e nomeándoas correctamente. Estas presentacións compártense en internet con outras mestras e mestres, creando un banco de recursos útiles para usar en clase.

Audio:

Desde o Equipo da biblioteca queren fomentar a lectura aproximando ao conxunto do alumnado as obras que están a ter mellor recepción. Por iso, xunto con determinados departamentos do Centro, créanse grupos de alumnos/as encargados de facer reseñas orais daqueles libros que máis lles gustaron. Estes grupos deben elaborar un breve guión no que apoiarse á hora de gravar as intervencións e no que recollan unha serie de datos, como quen é o autor, por que lles gustou, a quen llo recomendarían especialmente, etc. Esas gravacións aloxaranse logo no blogue da biblioteca acompañadas dunha imaxe do libro.

Fai ti as túas propostas concretas de utilización.
O meu blogue non responde a propostas concretas para o alumnado, xa que está feito a base de prácticas. É o seguinte: http://sabelarivera.blogaliza.org/

As miñas propostas son as seguintes:
O blogue sería para o alumnado. Publicaría documentos sobre tecnoloxía e semanalmente pediría aos alumnos que revisaran os novos documentos. Incluiría vídeos sobre a realización de proxectos e o funcionamento de programas informáticos, que foran útiles para traballar na clase (os alumnos poderían visitalos como tutorial).
Na clase faríamos fotos dos proxectos realizados e creariamos un álbum en Flickr. Logo a publicariamos no blogue.
En canto a música, propondría aos alumnos a busca de cancións en internet e colgaríaas no blogue para que traballaran escoitándoas. Esta é unha forma de motivar aos alumnos a entrar no blogue.
O meu bloge é o seguinte: http://mariagalan.blogaliza.org/ E gustaría me que cando tivesedes tempo o visitedes, xa que o seu traballo me costou.

A pesar do traballo, xa que todo isto era novo para mín, puiden facer o meu bloge usando as técnicas de audio, documentos, imaxe e vídeo. Creo que todas elas son moi convintes para o noso bloge educativo, xa que hai veces que é mellor usar un recurso en lugar doutro, xa que dí moito máis. Por exemplo ás veces unha imaxe vale máis que mil palabras e outras veces parece insuficiente.

Podemos usar o audio para actividades para os nenos: discriminar sons, aprender cancións,...; os videos para ver un corto dunha serie, a realización dunha manualidade, a presentación dunha actividade para que resulte motivadora,...;etc.
O meu blogue non responde a unha intención predefinida posto que se trataba de practicar as tarefas propostas. Á hora de concretar unha idea, eu apostaria por facer un blog persoal centrado en recursos relacionados coa pedagóxia, orientación, apoio, ... como moitos dos que hai por ahí pero sindicando e suscribiendo contidos multimedia de calidade e facendoo mais participativo dentro da comunidade escolar empregando algunhas das ferramentas propostas no curso que impliquen á familia, profesorado

Dispoñendo de gañas e tempo e tendo un pequeno coñecemento destos recursos pódense elaborar iniciativas didácticas moi interesantes.

http://quasar333.blogaliza.org/
Propostas concretas:


Tres seccións:
-Alumnado
-Pais
-Profesores


Dentro de cada unha delas material agrupado en enlaces, documentos (pdf, doc, ppt, ..) e videos.
Por exemplo para alumnado se tratamos a mellora da atención podemos colgar laminas para descargar, imprimir e traballar na aula o na casa á atención, enlaces a xogos flash do tipo brain training, videos con imaxes para atopar erros, ...
Seguindo con este tema no apartado de profesorado pódese subir material a nivel teórico sobre o traballo dos procesos psicolóxicos básicos e a súa importancia e relación directa cos estadios de desenvolvemento do alumnado.
No apartado de pais/nais colgaría orientacións prácticas e pautas de actuación con presentación en powerpoint para traballar a atención no eido familiar.

As posibilidades son moitas pero se concretarán segundo o tema que pretenda traballar.
Ola a todos/as. O meu blog é: http://estela.blogaliza.org/
A continuación preséntovos algunha proposta concreta do que vimos ata agora no curso.
-Imaxes:
Durante o Entroido faremos fotografías dos distintos disfraces, clasificarémolos por cursos, e despois crearemos un álbum en Flickr. Logo publicaremos unha secuencia no blogue da aula que lle presentaremos a tódolos alumnos/as.

-Vídeos:
Na clase de música decidiron que os alumnos colgaran no blogue, vídeos de música clásica que aparecen en Youtube. Unha vez feita a ligazón os alumnos/as terán que explicar os demais o motivo da súa elección.

-Documentos:
Elaborei unha presentación en power-point con fotos do Nadal. Os meus alumnos/as, nenos de Infantil, terán que recoñecer as distintas imaxes que aparecen en dita presentación. Sirve tamén para compartir cos demais compañeiros mestres/as.

-Audio:
Para celebrar a festa dos Maios, os rapaces de 3º da ESO, sairán por determinados pobos de Ourense, e faranlle preguntas os maiores do lugar sobre a celebración desta festa. Despois subirana no blogue e compartirana co resto dos compañeiros/as.
O meu blog funcionaría como un apoio extra para o alumnado. Na EOI a asistencia non é obligatoria e colgar contidos nun blog facilitaría a aprendizaxe ós alumnos que por motivos laborais ou de estudios teñan que faltar ás clases. Canto a documentos de descarga podemos incluir os hand-outs que se traballan en clase, ben textos, actividades, transcripcións... En audio podemos incluir os listenings traballados en clase para volver escoitalos as veces que se queira cada un ó seu ritmo. En vídeos poderiamos colgar o material audiovisual (fragmentos de películas, cancións, publicidade...) extraído de internet.
Os contidos do blog serían de 2 tipos. Por un lado material xa visto en clase para os que non viñeron ou os que queiran repasar e, por outro lado, práctica extra para afianzar os coñecementos, materiais que non deu tempo a presentar en clase...

http://xerovigo.blogaliza.org/
Mi blog está indicado para alumnos de 3º de ESO, concretamente para la materia de "Lengua castellana y su litertura", considero que está indicado para ese curso porque aparecen videos explicativos sobre la Edad Media y su literatura, período desarrollado en ese curso según el currículo. http://romina.blogaliza.org/2009/01/07/edad-media/

En este blog, además de tratar la literatura, también hay contenidos de lengua como es el origen de algunas palabras que aparece en el powerpoint que he incluído. http://romina.blogaliza.org/2009/01/07/origen-de-las-palabras/

Pero no sólo se centra en la lengua y literatura, promueve el acto de la lectura gracias a las imágenes que he incorporado, tanto la imagen que surge de una pregunta a modo de adivinanza, como la serie de imágenes que dicen por qué es bueno leer. http://romina.blogaliza.org/2009/01/08/esconden-el-saber/
http://romina.blogaliza.org/2009/01/08/libros/

En cuestión de audio he incorporadi una canción que no tiene mucho que ver con la materia, pero en cuanto encuentre una idónea la cambiaré, por ejemplo, siguiendo con la Edad Media podría incluir una cantiga de amigo medieval o alguno de los villancicos castellanos de dicho período.

Como web enlace importante que he incorporado es la página de Cervantes Virtual, que considero una buena página en la que encontrarán todo lo necesario y más para la materia. http://romina.blogaliza.org/category/webs-importantes/

He añadido a mi blog el feed con mi cuenta en Delicious, a la cual podrán acceder los alumnos y con ello conseguirán encontrar una serie de páginas en las que podrán descargarse libros gratis, consultar: atlas, bibliotecas, enciclopedias y diccionarios.

Bueno mi blog es: http://romina.blogaliza.org/ si teneis curiosidad echarle un ojo
Este é o meu blogue
Está destinado á toda comunidade educativa en xeral, pero especialmente, aos mestres especialistas en Audición e Linguaxe, logopedas e calquera outro profesional implicado directa ou indirectamente na atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo no ámbito da audición e a linguaxe.
Estaría pensado para converterse nunha ferramenta que lle permita aos profesionais mencionados compartir recursos e información, intercambiar opinións e experiencias e debatir sobre temáticas de interese.


Imaxes:

Un grupo de alumnos que esté generalizando o fonema /R/ sacará fotografías no centro e tamén na casa de obxectos que conteñan ese fonema. Logo clasificarémolas según a posición na palabra e crearemos en Flickr co seu Nome. Despois publicaremos unha secuencia no blogue da aula e iremos pronunciando cada unha destas palabras.

Vídeos:

Os membros do Departamento de Orientación colgan periódicamente no blogue do departamento vídeos recollidos de Youtube, que conteñen información práctica para as sesións de intervención do profesorado de apoio.

Documentos:

A mestra de AL publica no seu blogue unha presentación na que se traballan os conceptos básicos. Logo proxectarase no encerado dixital e traballarase co alumnado con carencias de vocabulario. Pode compartir este recurso coas mestras de Infantil.

Audio:

A mestra de AL grava distintas series de sons, do corpo, da naturaza…para logo realizar actividades de discriminación auditiva na aula. Estas gravacións quedarían recollidas no blogue do Departamento de Orientación.
O meu Blog é www.milinha.blogaliza.com

Vai dirixido a toda a comunidade educativa en conxunto e de forma xeral.

Este é un blog xeral no que se falará das NEE, para dar a coñecer algun aspectos da nee, asi como recursos, experiencias, e gustaríame que os alumnos compañeiros dos nenos con nee do centro, asi como estes mesmos, puidesen expoñer as suas experiencias como compañeiros, para favorecer asi a integración.

A sua utilización de forma especifica é dar a coñecer o profesorado e a comunidade educativa en xeral as nee.

De forma máis especifica, fanse publicas paxinas interesantes sobre as nee, para profesorado e familias, para que posúan un recurso eduativo máis.

Imaxes e videos para dar a coñecer un pouco máis algunhas nee, asi como fotos sobre traballos dos nenos.

E finalmente en canto a musica, haberá musica relaxante para agradar un pouco os nosos sentidos.
no sé que me pasa no blog que cando quero editar o sobre perdo a conexión a internet e por suposto non podo continuar porque a seguinte prçactica a teño que colgar no blog coma unha anotación e cando o intento volvo a perder a conexión pero somentes no meu blog, no no ordenador

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo