Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Ligas internas
Propoño crear unha rede social para suxerir-criticar-eloxiar-publicitar as actividades extraescolares do centro, aspecto interesante para mestres, pais e alumnos. Pero sobre todo unha enfocada para os alumnos na que estivesen as ligas internas do propio centro, normas de inscripción, modalidades que haberá, horarios, etc. Paréceme que, polo interese que ten o tema para os alumnos, utilizarían a rede social con gusto e acotío.
estou repetindo a practica
Tendo en conta que hoxe en día o alumnado sabe moitísimo sobre as "novas tecnoloxías", coido que temos que explotalas o máximo posible, e que faremos o noso traballo moito máis ameno e atractivo para os escolares.
eu son profesora de infantil e creo que a rede social permitirianos crear unha rede na que poriamos a nosas experiencias didácticas cos nenos, dividindoa por apartados (psicomotricidade, lectoescritura, TIC...) deste modo podemos enriquecernos unhas das outras.
ademais podemos coñecer a outros nenos de colexios alonxados do noso, deste modo os nenos poden aprender de diferentes sitios os diferentes costumes, enviandonos fotos, videos...
outra proposta de utilización da rede social é o intercambio de información, fotos e videos de diferentes proyectos de traballo que se utilizan en infantil.
Está claro que as redes sociais teñen infinidade de aplicacións a educación, pero tamén ten inconvintes.
-En primeiro lugar, ainda que as redes sociais poden motivar ó alumno, esto pode perderse se o saturamos (a rede social de mates, de lingua, ingles....). Se o alumno vese obrigado a participar en tantos "proxectos" (o blog cun instituto finés =inglés, o foro de debate da clase de historia, a recollida de contos=lingua galega, recollida de xogos populares=ed física, publicación de mostras de pedras=coñecemento do medio....) final rexeitará todos.
-Por outro lado, as moitos dos usos das redes sociais non me parecen adecuados para os primeiros niveis educativos.
-As redes sociais poden acercarnos a realidades lonxanas da nosa (unha das maiores ventaxes que teñen), pero tamen nos poden arredar do mais cercano. Explícome: fanse moitas propostas para que se empregen as redes sociais como maneira de comunicar o alumno co meste. Na miña opinión a mellor maneira de facelo e de maneira directa (na aula, nas actividades do colexio...) e non por medio dun ordenador. Penso que corremos o risco de que mediante o uso das redes sociais "desocialicemos" ós rapaces, aillandoos do que teñen mais preto.

No lado das ventaxas (ademais de todas as que xa se dixeron), pareceme unha ferramenta moi útil para involucrar ós pais no proceso educaitivo, permitindo que se integren nel e poidan participar activamente.


A actividade que eu propoño, como mestra de inglés, é a creación dunha rede social con alumnos dun colexio angloparlante, que permita a práctica dos dous idiomas (inglés e castelán).
Non faría falta crear unha rede social para cada materia. Nunha rede social dun centro de ensino pódense crear grupos para cada materia, nunha única rede social. É coma esta: Nunha rede social para o profesorado galego, Ágora Rede, un dos grupos é para a realización deste curso. Outros grupos teñen diferentes obxectivos.

En canto á adecuación á idade, para os primeiros niveis de ensino tes razón en que non é a ferramenta máis axeitada, pero hai experiencias de redes sociais de colexios de infantil e primaria nos que participan conxuntamente o profesorado e as familias, permitindo un debate máis fluído entre eles, información sobre as actividades que se fan, publicación de fotografías e vídeos (ao ser nunha rede privada con acceso restrinxido gústalles máis ás nais e pais que a publicación de fotos e vídeos en internet, abertos a todo o mundo)

Todas estas ferramentas que estamos tratando no curso teñen as súas vantaxes e invonvenientes, pero iso non é cousa da ferramenta en si, senón do uso que se lle dea. A intención destes debates é que reflexionemos sobre os usos que lles podemos dar en función da materia que impartimos e o nivel no que traballamos, e busquemos a súa potencialidade.

Ao final, a súa utilidade ou non para realizar determinadas actividades nola dará a experiencia práctica, así que despois de reflexionar sobre os posibles usos que lle podemos dar a todo isto debemos dar un paso máis e aplicar estas ferramentas na nosa actividade docente, directamente co alumnado, familias, compañeiros e compañeiras, ... pero iso xa non é cousa dun cursiño, senón da vosa implicación.
hola son profesora de tecnoloxia e informática, o uso de internet e básico nas dúas materias, desta maneira os alumnos aprenden a crear blogs, paxinas web, intercambiar información de todo tipo e a buscar información sobre diversos temas para a realización dos seus traballos
O uso educativo desta ferramenta é moi amplo e variado. Non só nos permite crear unha rede para a interacción e aprendizaxe dun grupo co que queremos traballar senón que tamén se pode, por exemplo, traballar e comunicarse con outros grupos cos que nos podemos comunicar. Por exemplo, para compartir con eles os nosos traballos e que eles nos conten os seus, e incluso plantexar e facer algún proxecto en común.
Eu son da área de educación física e tamén penso que as Tics non están para nada enfrontadas coa actividade física, posto que son un complemento perfecto para este área, a se poden desañar actividades interactivas que reforcen os conceptos que se traballan nas sesións
Ola, desde logo que parece que tod@s estamos de acordo sobre todo porque esto permítenos traballar co instrumento que polo de agora máis lles gusta ó alumnado ainda que a nos, ás veces, nos de algo de medo por non ser capaces.
Pero a través destas redes podemos compartir que é un ben moi preciado e que ainda non callou moito na nosa comunidade.
Podemos comunicarnos con máis xente que coa que tratamos físicamente e axúdanos a ver outras maneiras de ensinar que poderemos empregar.
Pasar cancións para traballar en AL, xogos, bailes...
Ola, desde logo que parece que tod@s estamos de acordo sobre todo porque esto permítenos traballar co instrumento que polo de agora máis lles gusta ó alumnado ainda que a nos, ás veces, nos de algo de medo por non ser capaces.
Pero a través destas redes podemos compartir que é un ben moi preciado e que ainda non callou moito na nosa comunidade.
Podemos comunicarnos con máis xente que coa que tratamos físicamente e axúdanos a ver outras maneiras de ensinar que poderemos empregar.
Pasar cancións para traballar en AL, xogos, bailes...
Igual que Ana Belén e Marlene considero que as redes socias posibilitan o intercambio de información. Dende a educación infantil poden servirnos para o intercambio de ideas, recursos, problemáticas e solucións. A comunicación con outros compañeiros pode permitirnos compartir experiencias e a súa aplicabilidade posteriormente. Sobretodo para o profesorado novel pode ser de gran utilidade.

RSS

Membros

  • Lucía
  • Dores Fdez López
  • PAULA
  • ROCIO MARIL
  • Sandra
  • Laura
  • Nacho
  • Nieves
  • Luis

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo