Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Unha proposta de utilización destas redes sociais consistiría, por exemplo, nun espazo de reunión de estudantes de 2º curso de bacharelato con estudantes dos primeiros cursos da carreira que aqueles tivesen pensado comezar. Os universitarios poderían responder as dúbidas e calquera demanda de información por parte dos de instituto, de xeito que aqueles soubesen de primeira man unha opinión de alguén que hai ben pouco ocupaba o seu sitio nun instituto.
Eu son mestre de educación Física e penso que as redes socias dannos un amplo abanico de posibilidades, así por exemplo na miña área poderíamos poñer en contacto diferentes centro educativos de Galicia e facer un traballo sobre os diferentes xogos populares de cada zona, levandoos á practica nas sesións de Educación física.
O emprego das redes sociais supón dispoñer dos medios técnicos e humáns necesarios, cousa que non é unha realidade en todos os coles. Parece mentira, pero ante tantas potencialidades como parecen ter cada profe temos que buscarnos a vida para poñernos ao día neste e noutros temas. É ben certo que se supón que debemos actualizarnos, e o facemos, pero logo chegamos ao cole, á realidade que temos e...
Este ano metinme na aventura de facer un blogue para a biblioteca do cole, aínda estou con el, pero bastante chollo me está a dar. Póñovos a dirección por se o queredes visitar e dar unha opinión:
http://moradabuli.blogspot.com/
seria moi interesante poder facer comentarios con outros especialistas en audicion e linguaxe sobre as caracteristicas dos seus alumnos/as. os sues progresos, a sua adaptacion aos materiais educativos cos que traballan etc, de este xeito podese ter mais experiencias ca miña propia e podo mellorar o meu traballo
CREO CUNHA BOA ALTERNATIVA É A DE CREAR UNHA REDE SOCIAL COAS FAMILIAS DOS NOSOS ALUMNOS. PODEN SER UN BO MEDIO PARA MANTER UN INTERCAMBIO DE INFORMACIÓN INTERACTIVO, PRÁCTICO E FLUIDO.
Eu penso o mesmo que a maioría. As redes sociais son un instrumento muy enriquecedor para o ensino e imprescindible no siglo no que estamos.
pensando na miña materia, que é música,poderíase levar a cabo unha actividade na que os alumnos poidan intercambiarse cancións tradicionais de cada zona, cancións de xogos, é dicir, cancións do floclore e intercambiar as súas opinions personais.
Permite que actividades que fagas sexan accesibles ós alumnos dende calquera sitio que non sexa o centro. Eu en educación física de secundaria utilizo un programa chamado Ardora, con este programa examino os contidos conceptuais dos alumnos. Podedes ver isto no meu blog: http://efeso.wordpress.com
Estou dacordo con todo o que ides dicindo.
E creo ademáis, que os que máis rendemento lle podemos sacar ás redes sociais no ensino, somos as/os que estamos impartindo. Está claro que para o alumnado é necesario e moi interesante, pero desafortunadamente, non creo que o aproveiten todo o que deberan, xa que se adican a outra clase de actividades na rede, á menor oportunidade. Polo menos, os que eu coñezo.
Aos profes si nos pode dar ideas infinitas e boísimas que podemos poñer en práctica na aula común (de tódolos días), ou cando traballamos coas TICs.
De tódolos xeitos, é a miña humilde opinión.
DENDE A MIÑA ÁREA, DE EDUCACIÓN FÍSICA EN EDUCACIÓN PRIMARIA, PROPUXEMOS A ELABORACIÓN DUNHA REDE SOCIAL ONDE COS XOGOS POPULARES OS NENOS IBAN INTRODUCINDO UN OU DOS XOGOS CADA UN ELES LEÍAN O CONTIDO DE CADA XOGO, FACÍSE UNHA VOTACIÓN DE CADAUN DELES, E LOGO FINALMENTE OS ELEXIDOS LEVARONSE A CABO NA NOSA AULA, (PODÍAN ATOPAR MULTITUD DELES PARA VISULIZAR E SABER MÁIS), ATOPABAN BIBLIOGRAFÍA ONDE PODÍAN ACUDIR PARA ATOPAR ALGÚN XOGO DISTINTO.O ALUMNADO NESTA REDER PODERÍA ENCONTRAR CONTIDOS DE INFORMACIÓN PARA OS PAIS, ADEMÁIS DAS ACTIVIDADES EDUCATIVAS QUE IAMOS REALIZANDO NAS NOSAS SESIÓNS PRÁCTICA, ACTIVIDADES RECREATIVAS (juegos, rompecabezas, pinturas, canciones, etc) . TAMÉN ATOPAN VIDEOS E INFORMACIÓN SOBRE CURSOS DE ACTIVIDADE FÍSICA, ADEMÁIS DO DEPORTE QUE IMOS ABORDAR, REGRAMENTOS... É ASÍ PODER ESTABLECER COMUNICACIÓN DO QUE SE FAI NA NOSA AULA, MELLORAS QUE SE PODEN INTRODUCIR, PROPOSTAS INNOVADORAS, DEPORTES NOVOS ETC...
Coido que as redes sociais ofrecen unha gran potencialidade no ensino, ao permitir abrir as portas da escola e facer posible unha nova forma de comunicación entre o alumnado e/ou o profesorado sen limitacións espaciais nin temporais.
Unha posible aplicación dentro do ámbito da ciencia sería o establecemento dun debate sobre algunha cuestión polémica e/ou de actualidade (biocombustibles, transxénicos…etc) coa fin de axudar a desenvolver opinións fundadas e o pensamento crítico do estudantes. A elección dunha temática axeitada, o papel do docente como guía-moderador, o establecemento de distintos roles por parte dos alumnos, a posibilidade de contar coa participación de estudantes doutros centros de ensino ou de investigadores expertos sobre o tema poderían ser determinantes no logro da motivación axeitada no alumnado para lograr a súa implicación.
Baixo o meu punto de vista, as redes sociais ofrecen unha nova maneira de aprender, unha maneira lúdica de aprender e coa que os alumnos traballan cómodamente porque están afeitos a elas, xa que as empregan na súa vida cotiá.
Unha posible actividade empregando estas redes podería ser a elaboración dun traballo de investigación sobre un tema, ou algún aspecto del, do programa en colaboración cos alumnos doutro centro educativo, pero de mesmo curso.

RSS

Membros

  • Lucía
  • Dores Fdez López
  • PAULA
  • ROCIO MARIL
  • Sandra
  • Laura
  • Nacho
  • Nieves
  • Luis

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo