Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

os alunos que eu comentaba cos que traballei empregaron o chat para conhecérense e algúns deles conservan esa amizade. Vaeulles para aprender outros rexistros da lingua extranxeira que estaban a estudar e para darse de conta de cantas aplicacións pode ter falar outras linguas.
Coincido coa maioría das opinións compartidas neste foro. Parece evidente que unha das maoires potencalidades das redes sociais no ensino ten que ver co plus de motivación que supón para o noso alumnado.

No que se refire á miña disciplina, Lingua e Literatura, creo que resultaría moi positivo levar a cabo acticvidades orientadas á adquisición da competencia lectora, en colaboración coa biblioteca do centro. Podería facerse, por exemplo, a través dun foro de debate onde os alumos e alumnas teñan a posibilidade de compartir as súas experiencias e opinións en relación ás lecturas realizadas.

Outra posibilidade sería traballar no eido da creación literaria, facilitando un espacio onde sexa posibe compartir co resto dos compañeiros os textos creados. Ás veces podería tratarse de exercicios dirixidos polo docente (redacción dun texto a partir dun comezo xa dado, dun tema establecido, dun xénero determinado...), pero noutros casos podería tratarse dun proceso de escritura (individual ou compartida) no que os alumos gocen dunha maior liberdade creativa.
As posibilidades das redes sociais son amplísimas. Son un recurso idóneo para apoiar a nosa labor educativa xa que facilitan o intercambio de experiencias, de contidos e a relación entre alumnos de calquer lugar.
Ocórrenseme moitas cousas pero por exemplo poderíamos utilizalas para realizar un proxecto de investigación sobre a interculturalidade. A través da rede intercambiaríamos receitas, música, vídeos, danzas, contos, imaxes, etc...
Tamén para establecer contacto con nenos de outras comunidades ou doutras cidades se estamos a traballar e a investigar na aula o entorno, a paisaxe e o clima. Poderíamos intercambiar fotografías, costumes, refráns, etc. con alumnos dunha zona costeira de Galiza se somos do interior, por exemplo, e aproveitar para organizar algún intercambio.
Considero que posibilitan diversas cuestións, dende utilidade para grupos de traballo do profesorado, mediante unha lista dos membros dun grupo que pódense comunicar e compartir ficheiros por correo para a elaboración do traballo de investigación, por exemplo o envío por correo electrónico de actividades e tarefas, ligazóns de internet, corrección de exercicios. Tamén pode utilizarse para a comunicación entre alumnos e alumnas, para compartir recursos, realizar preguntas, procurar modelos, manexar contidos educativos máis alá do espazo tradicional, ao tempo que se mellora a socialización e o uso das TICs.
CONSIDERO QUE AS REDES SOCIAIS VAN FAVORECER AO PROCESO DE ENSINANZA APRENDIZAXE, POSTO QUE OS DOCENTES PODEMOS APORTAR E BUSCAR INFORMACIÓN, AO IGUAL QUE OS DISCENTES. ADEMÁIS, CREO QUE É DENDE INFANTIL DENDE ONDE DEBEMOS FOMENTAR O USO DAS TICS.
Pódense usar para que os alumnos accedan a material sonoro seleccionado polo profesor previamente sen ter que gravar cds e permiten o intercambio de todo tipo de documentos entre profesores, alumnos... Permite o acceso á información dende calquera sitio, en calquera momento.
As redes sociais ofrécennos unha nova visión da proceso ensinanza-aprendizaxe, axudando ao mesmo tempo a mellorar a motivación do alumnado, posto que supón empregar recursos de total actualidade, cos que moi probablemente se sentirán identificados, pero como todo require un uso axeitado senon estarase a disvirtuar a esencia para a que foron creadas; constitúen polo tanto, as redes sociais, un recurso mais co que traballar, pero non o único, non debe polo tanto implicar os esquecemento dos demáis recursos.
Como profesora de F.O.L., suxiro a seguinte proposta:
Crear vunha rede social que poña en contacto a antigos alumnos dun determinado ciclo formativo (que estén na fase de "formación en centros de traballo", polo que inda estarán vinculados ao centro) , cos alumnos actuais dese mesmo ciclo, coa finalidade de que os primeiros lles den a coñecer aos segundos a realidade laboral; aproveitando deste modo para contrastar os coñecementos teóricos que van adquirindo, coa realidade que lle ofrecen os seus compañeiros. Considero unha forma de susciter interés cara o módulo de F.O.L., xa que normalmente percíbese como algo aburrido e totalmente desconectado da realidade, e moi frecuente escoitarlle aos alumnos que iso non lles servirá para nada; pois ben se perciben que aos seus compañeiros lles está a resultar útil probablemente mellorará a súa actitude cara o módulo.
A utilizacion de ferramentas deste tipo posibilita o intercambio de informacion e experiencias entre os alumnos. Ainda que na miña asignatura, educación física a maioria dos obxectivos son prácticos tamén existen contidos que poden ser tratados a través destas ferramentas, como temas relacionados coa saúde, informacións relativas ás experiencias deportivas dos alumnos , etc
O departamento de matemáticas propuxo crear unha rede social, xa que cada semana propoñian un acertixo,e asi na rede dábanse pistas sobre a súa solución como tamén entre eles se informaban
As redes sociais poden ser unha ferramenta interesante, pero sempre tendo en conta que deben ser unha ferramenta mais que complete a educación que se lle ofrece o alumno, xa que se non se fai asi o ordenador podese convertir nunha gaiola da que non sae o alumno nin pra xogar, nin pra aprender nin pra comunicarse cos seus amigos, e dicir hai que enseñar os alumnos a aprender de diversas formas, una de elas e a que ofrecen as redes sociais.
Para o caso de asignaturas de ciencias como a física e a química, esta ferramenta podese utilizar para que os alumnos busquen e compartan experiencias científicas curiosas (tan de moda en tv) ou compartan resolucions en grupo de boletins de exercicios, poidendo discutir o resultado dos mesmo ou a forma mais sencilla de obter a solución.
Pareceme que utilizando as redes podemos non soamente colgar apuntes ou dar
material de reforzo se non que tamen podemos compartir as nosas fotos das excursions
e incluso coñecer os gustos dos nosos alumnos en canto a musica aficiones etc....
A min ocorreseme, que poderíamos utilizar as redes sociais para a realización de actividades, por parte dun grupo.Por parte de cada departamento poderían colgar un proposta de actividades. O alumnado podría compartir as súas ideas, comparalas e preguntar dúbidas.

RSS

Membros

  • Lucía
  • Dores Fdez López
  • PAULA
  • ROCIO MARIL
  • Sandra
  • Laura
  • Nacho
  • Nieves
  • Luis

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo