Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Estou de acordo cos comentarios que lin; a potencialidade das redes sociais no ensino é enorme. Pódeselle tirar moito partido nas relacións entre os docentes e o alumnado, entre o propio alumnado pero tamén, como acontece aquí, entre o propio profesorado; como un espazo para intercambiar dúbidas, inquietudes e experiencias.
Con respecto ás aplicacións prácticas, penso que se pode empregar como ferramenta para potenciar o traballo interdisciplinar, a través da colaboración das diferentes materias en proxectos. E desde as aulas de lingua e literatura, no ensino secundario, constitúe un medio para traballar, por exemplo, a escrita colaborativa.
Creo que este tipo de ferramentas, favorece a comunicación alumno-profesor. Favorece o interese do alumno, sobre todo cando estamos a traballar nunha asignatura tan abstracta como a miña, matemáticas.
Eu coincido en que é unha ferramenta que favorece o intercambio de información entre profesores e alumnos, polo tanto moi interesante para calquera das duas partes, ainda que penso que todavía falta para que todos poidan ter acceso en igualdade de condicións a estes recursos.
En educación a miña especialidade sería Mantemento de vehículos. Por poñer un exemplo: ter a posibilidade de que dous alumnos que están traballando sobre unha maqueta, en diferentes centros, compartan datos técnicos ou experiencias sobre o seu traballo sobre esa maqueta, vai facer que estos alumnos, teñan unha capacidade de traballo maior e non condicionada polos medios do seu centro particular.
Considero que as redes sociais son moi importantes para os nosos alumnos, xa que nestos tempos están inmersos no mundo da informática, polo que é algo motivador para eles.
A miña proposta é seguinte:
O departamento de tecnoloxía crea unha rede social para que os alumnos poidan intercambiar experiencias sobre os proxectos realizados. Desta maneira, os alumnos poderán elixir o proxecto que máis lles guste para realizar no taller e solucionar os problemas que xurdan apoiados por compañeiros do mesmo nivel.
Unha red social nas escolas ten unha serie de potencialidades pero tamen moitos handicaps, especialmente no eido da privacidade e a lei de protección de datos.
Dado que a meirande parte do alumnado pase moitas horas en internet que mellor maneira de recanilazar ese uso traballando por proxectos ou centros de interese partindo das aportacións multimedia de cada un nunha rede social pero sen esquecernos de traballar previamente a privacidade e deseñar un bo filtro de informarción.
Na miña opinión as redes sociais son unha ferramenta que recolle multitude de potencialidades que xa saíron enumeradas en anteriores comentarios e que debemos coñecer. Ao mesmo tempo é unha ferramenta moi novidosa, polo que se require do seu coñecemento e dominio para incorporala no ámbito educativo acadando a aceptación e alcanzando os éxitos esperados.
A inclusión das redes sociais no desenvolvemento do currículo pareceme algo positivo e que pode facilitar a asimilación dos contidos desenvolvidos na aula, a ampliación de coñecementos, e a dinamización do proceso de ensino-aprendizaxe cunha ferramenta que a maioría dos rapaces xa empregan de maneira lúdica. A capacidade de equilibrar este carácter lúdico do medio coa pretensión educativa, establecer unhas normas de utilización e ter moito coidado co emprego de material rexistrado e coa legalidade referente a publicación de imaxes (sobretodo do alumnado), é unha tarefa do docente que penso non se debe obviar.
As redes sociais son na actualidade un espazo que mesmo se pode denominar socializador. Serven sen dúbida para transmitir coñecementos e experiencias entre persoas interesadas nun tema ou ámbito concreto.
Do mesmo xeito ofrecen unhas posibilidades interactivas entre distintos membros dunha comunidade, en tempo real e sen precisar de desprazamento algún.
Por todo elo, son moi útiles no ámbito educativo, tanto para poder transmitir experiencias entre docentes como para compartir un espazo educativo e formativo co alumnado.
Son en definitiva, unha nova ferramenta para a educación e para a socialización.
Unha idea para a especialidade de música sería a partires da escoita da música gratuita colgada nos myspace de distintas formacións musicais. Cada alumno podería aportar unha formación que escoitou e lle gustou e comentala(porque lle gustou, que instrumentos inclue.....)dando pé o resto do alumnado a entrar en debate.
Saudos
Eu considérome ata o de agora unha completa ignorante en canto ó uso das redes sociais, pois éste curso supón o meu primeiro achegamento a algo de este tipo. Agora mesmo a miña opinión sobre o tema é que a maior ventaxa do uso das redes é o poder ter comunicación con moita xente, de moitos lugares diferentes, que pode ser de axuda para a túapropia práctica. Todos os mestres temos algo que aportar ós nosos compañeiros/as, e o intercambio de ideas, pareceres e reflexións é algo que debería estar presente no traballo diario de todo aquel que se dedique á labor docente.
Por iso, considero bo comunicarnos e axudarnos entre nós, pois a pesar de que pensemos que estamos a exercer unha boa labor, a actualización é unha constante na sociedade na que vivimos, e como educadores que somos (ou seremos) temos que estar á altura.
Hoxe non se lle pode chamar "profesional" do ensino a alguén que non se preocupe polo uso das TICs, e que non teña un interés constante de renovación e de buscar alternativas ó traballo docente. E vaixo o meu punto de vista, o feito de ter diante a moita xente que teñen os teus mesmos intereses, ou polo menos con un mesmo obxectivo, ten que axudar a que a labor educativa de cada un de nós mellore.
Como xa comentei, as redes sociais serven como ferramenta educativa e socializadora de tal xeito que se podería empregar por exemplo no ámbito educativo como marco espazo para fomentar o compañeirismo ante a aparición de calqueira conflicto. así, sería útil como instrumento para achegar posturas e debatir tamén temas diveros, do mesmo xeito pode ser interesante para ofrecer recomendacións de lectura entre compañeiros, para compartir distintas ofertas formativas, de ocio, cultura, ... coñecidas, tanto entre os compañeiros como entre os mestres e os alumnos. É dicir, poderían ser tamén un interesante método publicitario interactivo para fomentar a cultura e o ocio entre o alumnado.
-Na miña opinión poderíase facer moito máis do que se está a facer. É importante contar con material apropiado e salas idóneas pero tamén interese por parte do profesorado. Hai opcións moi simples e que despertan o interese dos nenos-as como o de facer traballos na aula (infantil no meu caso) e que os intercambien cos traballos dos nenos-as de outros colexios, ou enviando o seu traballo a dirección de correo dos seus propios pais e que o chegar a casa o compartan coa familia...Despertando o interese polas novas tecnoloxías que tan presentes están nas nosas vidas.

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Mª Belén
  • SARA
  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo