Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Ben, penso que o uso das redes sociais no ensino é moi beneficioso nos 'dous sentidos': para o alumnado, pois potencia o aprendizaxe empregando procesos de compartición de opinións, traballos, propostas, lecturas feitas, etc, Pero, curiosamente, sirve tamén de aprendizaxe para o colectivo de profes que tiveron unha educación basada no individualismo, a escasa ou nula compartición da info adquirida. É dicir, eu polo menos pertenezco a esa xeración na que a forma de pensar animaba a facer as cousas de xeitos individual, ao meu modo, e que fai que perda o potencial enriquecemento que tería o traballo en grupo aproveitando as vantaxes que aporta cada membro do mesmo. Aprender a traballar coas redes sociais non é tanto un problema tecnolóxico coma un xeito de velas cosas. Os cativos de hoxe aprenderon desde pequenos a traballar en grupo e polo tanto, o "levan posto" con eles. Ademáis, pertenecen a unha "xeración dixital", mentres que nos somos "analóxicos convertidos a dixitais". En fin, que para eles utilizar foros e redes ven sendo o normal, e para nos é unha gran novedade.

Ben, pois na miña materia, tecnoloxía, poderá ser utilizado para colaborar na distancia na procura de información para traballos e presentacións, a recomendación de libros, páxinas web, etc.
E convertirase polo tanto, nunha nova forma de avaliar, segundo a utilización das ferramentas, etc.... sempre, sempre, que podamos empregar os recursos TIC con todos os alumnos. Digo esto porque, aínda que mellorou moito, aínda faltan medios nos institutos.
Na área de matemáticas poden resultar útiles á hora de resolución de problemas. Por exemplo, propoñemos na aula un problema a modo de reto, e os alumnos podrán discutir entre eles as posibles solucións ou dúbidas que se prantexen. En caso de que non atoparan solución, o profesor podería intervir facendo algún tipo de alaración ou dando algunha pista que fora de axuda para a resolución do enunciado.
Considero que cos tempos que corren e importante poder transmitir as nosas opinions e aportacions de ideas que contribuen a formarnos e evolucionar, por iso considero que as redes sociais son un factor moi importante a desenvolver tanto a modo individual como de forma grupal na ensinanza como na vida cotiá.
xa que precísanse exemplos concretos considero que un bo exercicio é a creación dunha rede social, por exemplo un blog de aula, no que os alumnos van informando ao profesor dos problemas que tiveron a hora de realizar os exercicios propostos para traballos na casa, exemplo: un comentario de texto literario, có que o profesor e outros compañeiros da clase poderán realizar suxestións e indicacións ó alumno/s para que poidan resolver as súas trabas ó realizar o comentario, como: cal pensa cada un que é a idea principal desenvolta, problemas cá estructura, análisis....
A miña proposta sería formar unha rede social que abarcase diferentes institutos. Nos que se tratarían temas relacionados coa educación física. Falaríase das diferentes actividades que se fan nos institutos, extraescolares, complementarias, así como torneos que se podería levar a cabo entre eles. Tamén sería interesante o apartado da imaxe corporal, nutrición, etc. Sería unha forma moi doada na que os alumnos poden aportar ideas e formen parte de un proxecto común.
As redes sociais son unha boa ferramenta para practicar o Inglés dun xeito comunicativo, xa que os alumn@s poderian intercambiar informacións e intereses comúns utilizando esta lingua na rede. Podendo asi intercambiar cancións, videos ou incluso escribirse entre eles utilizando a lingua inglesa sen ó mellor ter esos momentos de vergoña que poden ter na aula.
A idea do intercambio pareceme boisima.
Estou de acordo coa maioria de vos. A verdade é que as redes sociais son beneficiarias en todos os sentidos dentro do ensino. O mellor de todo e a facilidade que nos presenta para poñernos de acordo con outros centros, compartir experiencias, resolver dúbidas, compartir actividades entre diversos centros... Xa que sempre o traballo en grupo axuda a ver diferentes persoectivas que poden ser moi beneficiosas para o nosotraballo na educación e non limitarnos tanto ás nosas ou ás persoas que únicamente temos ó redor.

Pero tamen creo que é dificial avanzar neste manexo das TICs porque a maioria dos docentes non queren molestarse en aprender a manexalas ou porque non atopan os medios necesarios para formarse.
A mina opinión sobre as redes sociais coincide coa maioría das que aquí xa están expostas; coido que facilitan a comunicación entre os profesor@s e estes cos alumn@s por seu un medio onde a información está moi accesible e ademais tal e como indica Ignacio Abal amosan un extra de motivación para o alumnado xa que todos os que nos adicamos ó ensino sabemos que todo o que sexa novo e diferente gústalles ós rapaces; están xa cansos da monotonía das clases maxistrais.
Parece ser que hai que facer algunha proposta práctica das redes sociais do ensino. Como eu son profe de física e química unha posible utilidade das redes sociais sería empregalas para que os alumnos, unha vez explicados os contidos teóricos, e antes de ir ó laboratorio a facer as prácticas, se comunicasen entre sí e resolvesen as dúbidas tamén cos profesores do departamento para que fosen quen de deseñar os procedementos e o material a empregar das prácticas que van realizar no laboratorio. Deste xeito, grazas a información que recabasen a través da rede social creada para esta finalidade poderían entrar no laboratorio cunha guía da práctica xa feita.
Dende a miña faceta como profesor de música pode proporcionar o intercambio de arquivos audio e diverso material co alumnado. Pero dende un punto de vista máis xenérico a posibilidade de contacto permanente independientemente do lugar onde residas, algo importantísimo para a nosa comunidade, onde hai pobos alleos e isto permite que todos teñan a posibilidade das mesmas opcións de coñecemento.
A miña proposta consiste en socializar o coñecemento de recursos realmente útiles e de calidade para practicar de xeito gratuito as diferentes habilidades comunicativas en linguas estranxeiras. Trátase de que cada participante no foro que atope unha website de interese para ese fin copie e pegue no foro a correspondente URL e engada algún comentario descriptivo e valorativo. É un xeito de axudarse mutuamente a abrirse paso na xungla de materiais e recursos existentes na rede.
Eu son profesora de Inglés en Primaria e gustaríame dicir que ata fai relativamente pouco tempo os nenos en Primaria só tiñan a posibilidade de coñecer a lingua e a cultura doutros países a través dos libros e de algunha que outra audición que levaban os profesores ás aulas. Hoxe en día, os rapaces poden contactar a través da rede con nenos doutros lugares do mudo. Isto vai facer que a súa competencia lingüïstica mellore infinitamente e que aumente a súa tolerancia hacia persoas de culturas diferentes ás deles.

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo