Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

As redes sociais achégannos unha maneira diferente pero moi interesante de presentar contidos que ata fai un tempo resultaban pouco motivadores dado o modo tradicional de ensinanza. Sen embargo hoxe en día os alumnos que participan neste tipo de actividades están moito máis motivados que aqueles que non teñen a oportunidade de participar. Eu son profe de inglés, por tanto a proposta do intercambio é unha das máis axeitadas para a miña materia. Pero ademáis a posibilidade de levar a cabo un diario da clase para que os alumnos comenten dúbidas, intercambien opinións ou simplemente rexistren a actvidade do día, nun blogue que o profesor facilite tamén é moi interesante.
Para min a maior potencialidade das redes sociais no ensino e o intercambio de experiencias entre docentes e alumnos, que proporciona unha maior riqueza de ideas. Ademais a motivacion e o interese aumenta co emprego das novas tecnoloxias, xa que os rapaces estan bastante familiarizados coa informatica, e amosanse interesados cara eles.
A aplicacion das redes sociais no ensino poderiase levar a cabo entre outros casos....na elaboracion dun traballo de investigacion dun mesmo tema pero dividido en diversos ambitos, feito por distintos grupos, e mediante a rede poñen en comun os traballos de cada grupo. Por exemplo, unha investigacion sobre os distintos paises da UE, cada grupo fai o seu traballo e colgao na rede, para que os demais grupos o teñan dispoñible
Engado unha aplicación práctica que antes non fixen. Por exemplo, en 5º de Primaria van elixir unha mascota para a biblioteca. Previamente os alumnos/as agrupáronse e fixeron unha cadanseu grupo. A través da rede intentarán convencer os demáis compañeiros/as para que voten a súa mascota. Desta maneira favorecemos as relación sociais e tamén a mellora da súa compentencia lingüística.
Eu penso que as redes sociais son unha ferramenta moi util tanto para os docentes coma para o alumnado, anos atras era moi dificil plasmar e compartir, tanto recursos, modos de actuación, etc cos demáis docentes, grazas a estas redes sociais e compartindo o noso modo de traballo co alumnado podemos aportar ideas e compartir actuacións que poderán facilitar axuda a outros docentes e asi o alumnado en xeral.

No meu caso, como mestra de PT, creo que pode ser moi interesante compartir esatas experiencias, xa que por exemplo no meu centro hai un alumno con unha necesidade especifica de apoio educativo asociada a unha cegueira, e me poño en contacto con algun ou alguns mestres doutros centros que tamen teñan na sua aula a un neno cego podemos compartir experiencias, metodoloxia de traballo, materiais interesantes...

Opino que é unha gran fonte de información, de centro de recursos, de compartimento de ideas que nos faran medrar como docentes aprendendo os uns dos outros.

Asi mesmo sirve de metodo de comunicación de uns alumnos con outros, compartindo as suas experiencias tamen no cole, comartindo conficencias, asi como axudandose por exemplo en actividades que lles podan ser complicadas, resolvendo dúbidas comúns etc
A día de hoxe aínda queda moito por camiñar nas ferramentas 2.0, pois o seu uso aínda non é todo o xeneralizado que debería ser.
Unha proposta interesante é a creación dunha rede social entre varios departamentos de Ciencias da Natureza de varios institutos.
Neste rede habería unha primeira información xeral sobre a xeoloxía da Península Ibérica, centrándonos sobre todo no tipo de rochas do substrato. Cada grupo de alumnos e alumnas de bacharelato recollerán diversos tipos de rochas do seu entorno, subindo as fotos das mesmas e un vídeo que mostre o lugar de recollida. No foro, aportarán ademais unha breve reseña sobre o tipo de rocha, descrición litolóxica e idade. Deste xeito aportaremos un mellor coñecemento sobre as rochas que forman o noso entorno, comparando os diferentes tipos atopados en toda a Península.
Pareceríame interesante establecer unha rede para todos os Departamentos de Orientación dos colexios de Galicia de xeito que todos os que formen parte deles poidan prestarxe axuda e aportar ideas para o traballo dos nenos con n.e.a.e., compartir recursos, etc.
Poderíase utilizar para compartir arquivos de audio onde os alumnos se expresen coas súas variedades dialectais, de maneira que os alumnos poidan comparar en xente coma eles a diversidade da súa lingua.
A miña proposta baséase nas experiencias persoais que podan ter os nenos en canto a práctica deportiva.
Propoño a utilización deste medio para que cada neno conte practica algún deporte, cantos días adestra, cando compite con outros equipos...
A idea é que os nenos traten de motivarse entre eles para que non se volvan en seres sedentarios e que disfruten de algo tan san como é a práctica deportiva.
Abriríanse así varios apartados nos que se clasificarían os deportes.

Engado unha proposta das potencialidades das redes sociais do ensino a miña intervención anterior, donde xa falei das ventaxas das redes sociais.
No IES creouse unha rede social que permite que os alumnos/as se comuniquen con outros rapaces/as doutros IES da cidade. A información que se poden transmitir é diversa: instalacións, materias, actividades, etc.
Con elo favorecemos as relacións sociais e a mellora das competencias lingüísticas entre o alumnado.
A miña proposta sería para a miña especialidade que é a musical. Un posible exemplo sería facer unha rede social onde nenos e nenas poderían participar opinando sobre os diferentes grupos musicais que lles gustaran e, ademáis, tamén habería unha sección onde se colgara información sobre os concertos que se van facer, noticias no xornal, enlaces a vídeos musicais, entrevistas, descargas...co cal terían acceso a moita información interesante.
a ver, ao primeiro entendín mal o que había que propoñer. Entón a miña proposta sería unha búsqueda de experimentos caseiros relacionados coa química na rede ou en libros,.... Seleccionar un experimento cada alumno entre todos os propostos e realizalo na casa. Colgar na rede vídeos, fotos e todo tipo de comentarios e resultados relacionado co experimento que fixeron, así os compañeiros poderían sentirse intersados por facer eles mesmos algún experimento que fixo outro compañeiro ou comparar os seus resultados cos de outro compañeiro que fixo o mesmo experimento. Proposta para química de segundo de bacharelato. Un saúdo a todos.

RSS

Membros

  • Nasa de pau
  • Silvia
  • Lois
  • javier
  • maría
  • vanessa
  • Adela otero Fdez-Aperribay
  • María Prieto Pérez
  • J. Luis López de Guereñu Polán

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo