Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Estou totalmente de acordo coa tua reflexión, eu son mestra de PT e pensando o que poñer de opinión sobre as redes sociais, estaba pensando en casos parecidos o que mostras aqui, xa que as veces que os alumnos con NEE interactuen cos seus iguais é complicado é asi fariamos que se sentisen un máis dentro da comunidade educativa, noraboa pola túa resposta
Desde o departamento de francés e en colaboración co instituto francés onde estiven traballando se crearía unha comunidade virtual onde os alumnos de ambos centros puideran realizar intercambios, tanto a través de videoconferencia (có obxectivo de mellorar a súa competencia oral) como a través de chat (có obxectivo de mellorar a súa competencia escrita).

O obxectivo destas actividades sería facer máis próximo o entendimentos entre rapaces e rapazas separados por moitos kilómetros de distancia, pero que probablemente compartan máis pontos en común dos que eles mesmos creen.

Por outra banda, serviría para evidenciar aos alumnos que a aprendizaxe dunha lingua estranxeira ten unha finalidade clara máis alá de ser tan só unha asignatura que hai que estudar/aprobar dentro da escola
Na miña opinión as redes sociais son un excelente recurso que nos permite dispor dun espazo para a comunicación e o intercambio de información e coñecemento.

Un posible uso das redes sociais na miña práctica docente (son mestra de AL- Ed. Especial) sería por exemplo nun centro de escolarización preferente de afectados de parálise cerebral cuxo medio de comunicación alternativo sexa o ordenador.
A través da rede social manterían contacto con alumnos doutro centro que podería ter características similares (ou non).
Isto permitiría que os docentes de ambos centros compartisen experiencias, materiais e inquietudes. Sería unha gran fonte de actualización e formación contínua do profesorado.
Por outro lado os alumnos empregarían o ordenador, ademais de como sistema de comunicación, como ferramenta educativa e como medio para interactuar cos iguais obviando as barreiras físicas.
Dende o centro preténdese facer actividades en común con outros centros, cos que nalgún momento se podería tamén facer intercambios. Para iso decidiuse crear unha rede social para que poidan participar o maior número de centros e a experiencia se enriqueza. Trátase de actividades como: se se está a traballar a poesía na clase, comunicarse cos outros centros en verso ou facer un concurso de adiviñas,etc. Todo dependerá do que se esté a traballar na aula, pero así o alumnado implícase máis, porque saben que llo van enviara a outros rapaces e rapazas e van falar con eles/elas e tamén poderán "competir" por ver quen o fai mellor.
Segundo a miña opinión, as redes sociais teñen as seguintes potencialidades:
-Aumentan a motivación e o interese do alumnado pola materia.
-Posibilita que o alumnado acceda a información, solucione dúbidas ou comparta intereses cun numeroso grupo de persoas en calquera momento e desde calquer lugar.
-Facilita que os alumnos e alumnas utilicen os recursos dixitais na súa formación e non só dun xeito informal.
Unha posible utilización das redes sociais na miña especialidade (Bioloxía-Xeoloxía) sería a de crear un grupo de conservación medioambiental onde os alumnos e alumnas poidan interaccionar con alumnos e alumnas doutros centros e localidades e intercambiar información sobre movilizacións, obradoiros, encontros e outras medidas de protección medioambiental levadas a cabo no seu centro ou no seu concello. Deste xeito, a intervención na protección do entorno é moito máis ampla, organizada e vese enriquecida polas experiencias doutros rapces e rapazas.
Unha rede social no ensino motivará tanto ó alumnado como ós profesores.
Podese utilizar para unificar criterios de varios profesores que dan a mesma materia a diferentes grupos. Intercambio con outros centros da mesma rexión, pais ou de distintos paises. Por isto permite realizar un traballo de investigación máis sinxelo e rápido.
Punto de encontro para os alumnos e profesores.
Posta ó día, sinxela e rápida, de alumnos e profesores con problemas de saude que teñen limitada ó presencia fisica ó centro durante unha boa parte das xornadas....
¿As redes sociais?... As súas posibilidades en tempo real están aínda lonxe de ser utilizadas en todo o seu potencial. Non está lonxe o día en que tanto alumnos/as como mestres e mestras compartan os seus roles na rede, facendo das aprendizaxes unha "comunidade virtual" con posibilidades de interacción e participación tanto guiada como libre que, na miña opinión, farán do ensino un campo aberto de intercambio de ideas e construcción conxunta do coñecemento. Sería impensábel que na era da información se prescindira dunha ferramenta tan poderosa (e ás veces tamén perigosa) como a posibilidade de poder seleccionar e compartir ideas, sentimentos, emocións e coñecemetos...

Proposta didáctica: FONOTECA VIRTUAL.

1-Con alumnos de terceiro ciclo propoñer a subida dun arquivo en mp3 da súa música ou gurpo favorito cun comentario breve sobre as emocións que lle produce a súa escoita
2-Votar entre todos cal lles gussa máis propoñendo a escolla de dúas cancións por participnate
3-Escoller a máis votada e facer unha ampliación sobre o grupo estilo ou xénero da peza con materiais en rede que se irán vinculando ou engadindo ó blog para logo organizalos...
As redes sociais forman parte do día a día da maioría do alumnado de secundaria. Os mozos e mozas utilizan internet e este tipo de plataformas para relacionarse, e probablemente o seu uso aumentará co tempo. Polo tanto, o feito de introducir estes materiais como complemento nas aulas supón unha motivación adicional para todos e todas.
Unha boa idea sería participar en proxectos interescolares a través dos programas europeos, sobre todo no departamento de inglés, para atopar centros en Inglaterra, Malta ou calqueira outro país que teña inglés no seu departamento de linguas modernas. De este xeito, poderíanse realizar proxectos de contido transversal entre dous centros de paises distintos nunha lingua estranxeira para obter unha visión crítica sobre un tema en concreto como podería ser: a ecoloxía, o comercio xusto, os dereitos humáns, etc.
Ademáis de supor unha boa práctica de idiomas, estes proxectos interdisciplinais son unha boa oportunidade para relacionarse con alumnado de outros países e ter unha visión global de situacións que son un tanto controvertidas.
A utilización das redes sociais non é só un método alternativo en canto á docencia se refire. Hoxe en día, esta práctica debería ser considerada de obrigado uso, xa que, no caso da asignatura de inglés, permite 'deseñar' ou facer novas actividades nas que os alumnos se involucren gustosamente, non por obriga, como lles pasa cando se enfrentan ó tan temido libro de texto. Hai unha grande variedade de actividades que podemos realizar, como o intercambio de cancións, a localización de pequenos resumos en inglés das películas que lles interesan ós estudantes, etc. Os alumnos poden crear as súas propias páxinas ou blogs dende o centro de estudo, para compartir actividades, información, etc. sempre baseadas en situacións reais, para que sexan conscientes de que a lingua inglesa ten unha aplicación real fora do contexto do centro educativo.
Na miña opinión a maior ventaxa das redes sociais é que posibilita a transmisión e intercambio de información de maneira doada e rápida, calqueira que sexa a distancia. Ademais, é indudablemente un recurso moi atractivo e interesante para o alumnado, que ve como o seu propio entorno e intereses teñen tamén cabida no ensino.
Como profe de inglés, penso que unha boa opción sería que ó igual que os alumnos comunícanse e intercambian fotos, vídeos e comentarios en -por exemplo-tuenti, que fagan o mesmo pero usando o inglés, entre eles ou con mozos extranxeiros de fala inglesa cos que teremos establecido relación previamente. De este xeito, ven como as súas actividades cotiás pódenas levar a cabo noutra lingua cando o interlocutor non é galego/castelán-falante
Estou dacordo con todos os comentarios expostos máis abaixo. No meu campo que é o inglés unha rede social sería muy interesante para comunicarnos con estudantes de institutos de fala inglesa e así implicar e motivar máis os alumnos, ademáis de coñecer muito máis sobre a cultura de eses países.
Tamén se poderían facer redes sociales entre diferentes institutos do mesmo país, para comentar sobre o curso, intercambiar opinions sobre libros, videos, cancións,tecnoloxía, compartir tarefas e actividades de clase, preguntar dúbidas, colaborar, facer competicións guiadas polos docentes e por suposto, facer amigos.

RSS

Membros

  • Nasa de pau
  • Silvia
  • Lois
  • javier
  • maría
  • vanessa
  • Adela otero Fdez-Aperribay
  • María Prieto Pérez
  • J. Luis López de Guereñu Polán

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo