Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Pódese empregar a rede para "colgar" actividades para os alumnos organizadas por materias e niveis de forma que o rematar a tarefa se poida correxir, ou facilitarlle contidos para poder facelas. Estas actividades poden ser aportades voluntariamente por diferentes proferores de distintos centros e materias. Así teriamos acceso a gran variedade de recursos.
No meu centro existe un clube de teatro e cada ano un ou máis grupos participan na mostra de teatro escolar de Viana do Bolo.Poderiamos utilizar as redes sociais para amosar distintas representacións de teatro infantil feitas polos nosos alumnos amosando ensaios,técnicas de interpretación,etc.e recoller actuacións semellantes doutros centros escolares ou grupos de teatro infantís para poder mellorar as nosas representacións tendo en conta posibles aportacións ou novos métodos de traballo vistos ou recollidos na rede.
As redes son formas de interacción social, é un intercambio dinámico e áxil entre persoas que involucra a conxuntos que se identifican nas mesmas necesidades e problemáticas e que se organizan para potenciar recursos.
Nas redes sociais en Internet temos a posibilidade de interactuar con outras persoas aínda que non o coñezamos. Como mestra de inglés considero que un dos maiores problemas que os nosos alumnos teñen coas linguas é o seu uso no contexto.
Unha boa aplicación das redes socias pode ser a de crear un grupo de colaboración entre colexios dos distintos países onde os nenos poidan interaccionar con alumnos interesados en coñecer a nosa lingua, e viceversa.
Crear una rede de comunicación entre un colexio inglés e outro español faría posible que os alumnos de ambos colexios se expresarán nas súas segundas linguas e que desa maneira interaccionarán nun contexto real e válido.
No caso da miña especialidade, Pedagoxía Terapéutica, poderíamos decir que unha importante vantaxe, e que permite compartir co resto dos profesionais que interveñen cun mismo alumno, a intervención que se está a levar a cabo con el. De este xeito, ao "colgar" as actividades que se van levando a cabo co alumno en concreto, permite que exista una continuidade e coherencia no seu proceso educativo.
Cabe dicir, ademáis, que tamén permite compatir todas as actividades e experiencias con outros profesionais da misma especialidade (sexan ou non do centro)
Proposta de utilizción de redes sociais na aula:
Tendo en conta a miña especialidade (Lingua Inglesa) e o nivel educativo (Primaria) penso que unha actividade interesante sería a elaboración dunha descripción na que os alumnos/as se presentarán, por suposto, na lingua estranxeira. A información que darán poderá ser a súa idade, a súa data de nacemento, o seu aspecto físico, que deportes ou actividades practican, cales son os seus gustos, se teñen irmáns, donde viven...etc.
Esto servirá para que os alumnos/as aprendan a comunicarse e ver a utilidade do idioma, e á vez, da red social. Os nenos/as terán que descubrir cal é a identidade de cada compañeiro, xa que o nome non o mencionarán na presentación. A actividade farase en forma de xogo para motivar ós nenos/as. Estes terán que adiviñar quen é cada compañeiro e valorarase cantos foi capaz de identificar. Tamén poderán facerse preguntas entre eles.
A actividade poderase realizar nunha soa aula ou entre varias do mesmo curso.
CREAMOS UN GRUPO DE TRABAJO SOBRE LA CEACION DE UNA EMPRESA CADA ALUMNO COMPARTE DIRECCIONES DE ORGANISMOS IDEAS SOBRE LAS QUE SE PUEDE MONTAR LA EMPRESA.ATRAVES DEL FORO PUEDEN DISCUTIR CUAL ES MEJOR Y PORQUE Y CUALES SON LAS MEJORES FORMAS DE FINANCIACION AJENA.
A utilización das redes sociais no ensino facilita que o alumnado coñeza outras maneiras de comunicación e intercambio de información e experiencias, que están xa presentes na sociedade e cobran cada vez máis forza. E tamén posibilita ao profesorado o intercambio de experiencias e coñecementos.
As posibilidades das redes sociais son moi variadas. Son un recurso apropiado para apoiar a nosa labor educativa xa que facilitan o intercambio de experiencias, de contidos e a relación entre alumnos doutros lugares.
Un exemplo é que poderíamos utilizalas para realizar un proxecto de investigación sobre a interculturalidade. A través da rede intercambiaríamos música, vídeos, danzas, contos, imaxes, libros,etc...
Tame estableceriase contacto cos nenos de outras comunidades ou doutras cidades. Poderíamos intercambiar fotografías, costumes, refráns, etc. con alumnos dunha zona costeira se somos do interior, por exemplo, e aproveitar para organizar algúnha excursion ou intercambio.
http://agorarede.ning.com/profile/MMANUELA

http://agorarede.ning.com/group/elaboraciondecontidoseducativosonli...

Creo que as redes sociais poden ter moita potencialidade. Unha proposta de utilización das redes sociais sería:
O departamento de orientación dado os numerosos conflictos que se dan nas aulas e a pouca formación , as veces do profesorado neste tema, decidimos intercambiar posibles solucións ou técnicas de resolución de conflictos. Para iso antes de empezar desexamos que os diferentes participantes no programa se coñezan e se intercambien experiencias. Para iso utilizamos a rede social que implique a todos.
Todo un mundo isto das redes sociais!Temos a man unha serie de ferramentas que poden axudar a facer máis interesante o noso traballo e tamén o do alumnado.Lugares motivadores para a creatividade, o intercambio, o acceso á información, o desenvolvemento de competencias varias entre as que destacaría as que teñen que ver coa comunicación polo que atañe á miña materia, lugares para ler, escribir, coñecer...Un contorno de construción como dixo Vanessa. Na contra:escasez de medios nos centros, dificultade dalguns alumnos/as para acceder á rede e o noso descoñecemento destas ferramentas.
Eu, polo que respecta ás novas tecnoloxías opino que a dificultade de introducilas nas aulas non só ven pola escasa formación do profesorado, senónque tamén se debe engadir a isto a escasez dos recursos nos centros.

RSS

Membros

  • Nasa de pau
  • Silvia
  • Lois
  • javier
  • maría
  • vanessa
  • Adela otero Fdez-Aperribay
  • María Prieto Pérez
  • J. Luis López de Guereñu Polán

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo