Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Formación en centros de traballo

O departamento de Formación e Orientación Laboral está contactando con empresas da zona e do sector de ciclo que estean interesadas en recibir a alumnos/as para facer a FCT. En ocasións acontece que un alumno/a quere facer as prácticas noutra zona xoegráfica distinta á proposta polo centro. Trataríase de facer una rede para intercambios de postos de prácticas entre o alumnado de Galicia ou tamén serviría para que os centros ofertaran as empresas que lles sobran a outros centros que igual teñen máis dificultades para atopar ocos.
Para a miña materia poderiamos usar a rede social para que o alumnado recollese e comentase individualmente as noticias relacionadas coa lingua galega na prensa online e, a partir de aí, chegar a conclusións de cal é a situación sociolingüística en Galiza.
Na miña opinión as redes sociais poden ser de moita utilidade e poden facilitar en grande medida a aprendizaxe dos alumnos. Penso tamén que serven de ferramenta motivadora e aproximarían a escola á sociedade dos nosos días.
Eu tamén penso que as redes socias teñen moitas aplicacións e que facilitan a nosa conexión cos alumnos e e tamén a deles entre sí. Ademais dado que vivimos na era das novas tecnoloxías e a comunicación penso que estas redes constituen unha actualización da nosa labor docente.
No meu caso eu son de formación profesional, nesta estapa estas redes poderían empregarse na práctica para que os alumnos poidan compartir información e traballos. Tamén poden servirlles como apoio para a busqueda de información e consultas. Por outra banda, podemos empregalas para conectar o noso centro con outros onde se estude o mesmo ciclo e que eles compartan as experiencias e opinións.
As redes sociais no ensino proporcionan tanto ao alumnado coma os docentes unha infinidade de posibilidades e recursos. Permitindo unha maior interacción e interconexión entre os membros das redes, favorecendo os intercambios de información, recursos...
No meu caso particular, coma profesora de Historia da Arte, vexo útil a creación dunha rede social para comentar distintas obras de arte, seguindo un comentario pautado (estilo, cronoloxía-contexto histórico, autor, análise formal,...) deste xeito estarían á disposición dos interesados gran cantidade de material e permitiría debates e intercambio de información entre os interesados. Sería unha maneira moi útil de poñer en práctica os coñecementos da aula e perderlle o medo ós comentarios das obras.
As redes sociais permítenos imtercambiar información y opiniones sobre un determinado tema con otras personas, así podemos ampliar nuestros conocimientos y resolver problemas.
La potencialidad de la redes es muy amplia como todos bien señalais. Lo que más me atrae es la posibilidad de realizar tareas en grupo aunque se este a mucha distancia; en concreto para mi especialidad (bioloxía-xeoloxía) me parece muy interesante la posibilidad de realizar trabajos experimentales en distintos centros. Es decir, la posibilidad de realizar un experimento poniendo varios centros o varias personas en contacto, teniendo la posibilidad de intercambiar datos, opiniones, dudas, sugerencias,etc. Pudiendo de este modo abarcar tareas más amplias y complejas.
Aquí os pongo una dirección de una web muy conocida con recursos para la enseñanza de ciencias: http://www.bioxeo.com/
Un saludo a todos
Penso que as potencialidades das redes sociais no ensino poden ser enormes, a posibilidade de establecer comunidades de comunicación e intercambio con outros docentes, no noso caso, permítenos intercambiar impresións, experiencias, problemas....coa vantaxe de poder manter contacto tanto cos docentes do teu entorno como de profesionais do ensino que se atopen noutros lugares. En fin, penso que é unha plataforma fantástica para enriquecer e mellorar a nosa práctica profesional.
Algunhas das ventaxas das redes sociais serían:
-Permite centralizar nun só sitio toda-las actividades docentes, profesores e alumnos dun centro educativo.
-Aumento do sentimiento da comunidade educativa para alumnos e profesores debido ó efecto de cercanía que producen as redes sociais.
-Mellora do ambiente de traballo ó permitir o alumno crea-los propios obxetos de interese
-Aumento na fluidez e sencillez da comunicación entre profesores e alumnos.
-Incremento da eficacia do uso práctico das TIC, ó actuar a rede como un medio de aglutinación de persoas, recursos e actividades.
-Facilita a cordinación e traballo de diversos grupos de aprendizaxe mediante a creación dos grupos apropiados.
-Aprendizaxe do comportamiento social básico por parte dos alumnos: qué podo dicir, qué podo facer, hata onde podo chegar, etc.

Entre as súas utilidades podemos mencioar: grupos de clase para titoría, onde o titor dé avisos relacioados coa mesma ou se establezan diálogos sobre os temas que se consideren oportunos.
Grupos para asignaturas concretas, onde o profesor poña os deberes, o blogue da súa clase, as notas dos exames ou os alumnos fagan preguntas sobre a materia.
Pódense facer grupos duns poucos alumnos, para que estén en contacto mentras realizan traballos temporais nalguna asignatura.
As redes sociais como a ágora rede van a permitir o intercambio de información, pareceres, pensamentos, ideas..... entre os distintos membros dunha comunidade educativa e entre outros centros. É unha ferramenta de interaccion social que permite un achegamento entre os profesionais e unha mellora das relacións. Faciltaranos un intercambio de expriencias e unha fonte de recursos educativos.
As redes sociais veñen a ser un medio de aglutinación de persoas e actividades das que nos podemos servir para mellorar a nosa practica educativa e obter información ou sacar conclusións sobre outras propostas ou accións levadas a cabo por compañeiros.

RSS

Membros

  • Nasa de pau
  • Silvia
  • Lois
  • javier
  • maría
  • vanessa
  • Adela otero Fdez-Aperribay
  • María Prieto Pérez
  • J. Luis López de Guereñu Polán

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo