Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

De seguido vou dar unha proposta práctica para potenciar utilidade das redes sociais no ensino.
Durante as viaxes, excursións, visitas... que se fan ao longo do curso, sempre obtemos fotografías que van quedar no olvido. Ademáis coñecemos novos compañeiros/as doutros colexios cos que a veces non volvemos ter contacto.
Considero que a creación dunha rede social, nos permitiría intercambiar este material e outro que poidamos obter posteriormente, de maneira que tanto a nosa labor coma docentes coma a labor dos alumnos/as se vai ver potenciada por este intercambio que beneficiará a todos/as.
Son profesora de música na secundaria e penso que o uso educativo destas ferramentas permítenme compartir experiencias e traballos con outros compañeiros e centros.
As características da materia de música nesta etapa esixe una grande variedade de actividades nas que interveñe a práctica para que non se torne unha materia monótona e aburrida para ó alumnado e etas ferramentas nos proporcionan ditos intercambos de traballos, experiencias.... Por outra banda resultan moi motivadoras para eles, apréndese mellor se a materia se presenta como un xogo. Ademáis axúdanos a levar a cabo proxectos en común con outros centros, por exemplo, o proxecto lector.
Eu penso que nos serve tanto aos docentes para compartir experiencias, como os alumnos para que
compartan información, teñan correspondencia escolar entre eles...
Estou dacordo que a utilización de redes sociais no ensino pode ser moi util para os alumnos sobre todo para realizar en traballos nos que teñan que interactuar con outros compañeiros como pode ser no xogo da bolsa no que poden facer propostas e logo comentalas ou debater con distintos compañeiros e entre grupos diferentes o que potencia exercicios que non so se teñen que limitar a xornada lectiva se non que amplian a sua formación e inquietude por certos temas
Penso que as redes socias teñen un amplo abano de posibilidades para o seu uso no ensino, que os docentes podemos utilizar en función da nosa creatividade e imaxinación.

Dende a Área de Educación Plástica e Visual, un exemplo sería:

Visita a unha exposición

Os alumnos poderían compartir opinións e comentarios sobre as obras contempladas, impresións que lles produciron...

Outro exemplo: publicación de traballos realizados na clase

Os alumnos poderían subir fotografías dos seus traballos, e incluso PPS's ou vídeos realizados por eles mesmos. Despois abriríase un foro ou debate no que publicarían os seus comentarios, críticas e autocríticas, que podería estar aberto á participación do resto dos membros da comunidade educativa.
Como profesor de Inglés de secundaria, considero que un dos maiores problemas que os nosos alumnos teñen coas linguas é o seu uso en contexto. Nunca conseguiremos que os nosos alumnos se interesen polas linguas estranxeiras se non posibilitamos que as usen en contexto. É por iso que unha boa aplicación das redes socias pode ser a de crear un grupo de colaboración entre colexios dos distintos países onde os nenos poidan interaccionar con alumnos interesados en coñecer a nosa lingua, e viceversa.
Crear una rede de comunicación entre un colexio inglés e outro español faría posible que os alumnos de ambos colexios se expresarán nas súas segundas linguas e que desa maneira interaccionarán nun contexto real e válido.
As redes son formas de interacción social, é un intercambio dinámico e áxil entre persoas, grupos e institucións. Un sistema aberto e en construcción permanente que involucra a conxuntos que se identifican nas mesmas necesidades e problemáticas e que se organizan para potenciar recursos.
Nas redes sociais en Internet temos a posibilidade de interactuar con outras persoas aínda que non o coñezamos, o sistema é aberto e vai construíndo co que cada suxeito aporta á rede, cada membro que ingresa transforma ó grupo noutro novo.
A meirande vantaxe que vexo é a da motivación, pois empréganse ferramentas que son de uso habitual para os alumnos (moito máis que para a maioría dos docentes), eliminamos a limitación dos horarios, favorécese a interacción dos individuos máis remisos (por timidez, por exemplo) e faise protagonista da actividade ó grupo.
Ola, aínda me estou a formar unha idea da potencialidade das redes sociais no ensino xa que para min todo esto é novo, pero dende logo que atopo e intúo grandes beneficios para a nosa labor educativa no seu emprego.

Para os alumnos permite o traballo por núcleos de interese e a profundización en tópicos do seu interese, pareceme especialmente útil para a realización de actividades de ampliación en nenos con certos talentos específicos ou rasgos de sobredotacion. Poden potenciar a motivación cara as tarefas escolares en xeral e sobre aqueles outros temas “máis abstractos” que poden ser máis difíciles de comprender se non contamos con un entorno tan intuitivo coma este.

Para os docentes dende logo que contribúe a mellorar a nosa práctica docente xa que é unha excelente plataforma de comunicación entre docentes sin necesidade de se coñecer fisicamente, permiten a posta encomún de traballos realizados e pedir conellossobre tódolos aqueles problemas e dúbidas que xorden no día a dia do nos traballo.

As redes sociais ofrecen ferramentas de comunicación e aprendizaxe moi interactivas, rápidas e versátiles.
O caracter aberto da información e a posibilidade de traballo sen horarios preestablecidos son aspectos positivos das redes sociais.

O exemplo que propoño a continuación sería a participación nun blogue comentando os aspectos máis relevantes, curiosos, etc. dunha visita virtual a unha exposición de instrumentos musicais coma a que ofrece o Museo de Edimburgo.
As redes sociais no ensino son ademáis lugares onde alumnos e profesores poden buscarse entre sí para dar ou recibir clase, ou incluso para intercambios de usuarios para aprender e practicar idiomas entre ambos.
Como mestra de idioma estranxeiro propoño crear unha rede de comunicación entre colexios da comarca con outros colexios de fala estranxeira e xuntos traballar contidos similares, cadanseu na lingua correspondente.
Poderiamos crear un lugar de encontro para xuntos enriquecerse culturalmente, dun xeito significativo e real.
A utilización de webs 2.0 no ensino é moi importante, xa que son moi amigables e fáciles de usar para o alumnado. Nelas poderemos facer moitos tipos de actividades, coas cales poderemos axudarlles a fomentar os seus coñecementos sobre diversos temas tanto educativos como de calqueira outro tipo fomentando a participación e colaboración entre alumnos e profesor.

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo