Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

As redes sociais, un dos novos conceptos que aporta a web 2.0, aporta un abanico de posibilidades
para poñer en práctica no ensino: permite a aglutinación de persoas e manter contacto coas mesmas,
unha relación máis cercana entre profesores e alumn@s( á hora de solventar algunha dúbida), aumento da eficiencia e uso práctico das TiC, encontrar nun único sitio todas as actividades docentes.
Ning permite a creación dunha rede privada, na que o profesor sería o administrador, que xestiona as
altas e baixas dos alumnos. Posibilita a creación de grupos de clase ( das TIC, de Tecnoloxía Industrial, etc...), de xeito que os usuarios creen grupos, suban videos, modifiquen a súa páxina persoal, recursos educativos da materia, presentacións, etc...Na páxina de cada alumn@ poderiamos ter aceso, a todo o
que crearon. Os propios alumn@s, poder crear grupos para realizar traballos e organizar as tarefas que
lle corresponden a cada membro do grupo.
A creación de grupos de profes que imparten a mesma materia enriquece e mellora a experiencia docente, ó compartir recursos didácticos, experiencias, prácticas, proxectos, actividades, etc...; así
como a creación de grupos de alumn@s de Tecnoloxía, por exempro, de diferentes centros, nos que
tamén intercambian información sobre os seus proxectos, etc...

Moitas propostas para realizar, a verdade, a cuestión é poñerse e levalas á práctica.
Unha actividade relacionada coas redes sociais no ámbito educativo podería consistir, para a asignatura de matemáticas, en compartir enlaces interesantes para a materia (na rede hai moitos), participando tanto o profesor como o alumando.
Como posible uso de estas redes: lugar para compartir ínformación bibliográfica por parte de alumnos que realizan trbajos a cerca de determinados temas propuestos por el/la docente, de tal forma que,
-Puedan acceder a fuentes bibliog´raficas rápidamente
-Tengan opción de dejar constancia de ellas a otros alumnos o docentes
-Dar la posibilidad de que un alumnos descubra diferente enfoques de un mismo tema
-Obtener mucha información y que se vean obligados a seleccionar y discernir lo que es importante o relevante de lo que no lo es
Bos días
Estou totalmente dacordo. Ten moitas posibilidades, e teremos que intentar explotalas ó máximo dentro dos nosos ámbitos. Eu son profesora de matemáticas e penso que coas redes sociais pode facerse máis doado aprender as matemáticas, sobre todo para aqueles rapaces que as rechazan de pleno.
un saúdo, rocío.
Os usos e aplicacións son enormes. A comunicación entre o profesorado é importatísimo, e todo esto nolo facilita.
Eu son mestra de primaria, para aprender a proporcionalidade, pareceme unha boa actividade facer unha rede social sobre receitas de cociña, intercambiando na rede trucos, opinions, consellos, e receitas.
Unha aplicación interesante sería crear un grupo de traballo cos alumnos dunha clase para que os alumnos teñan acceso a tipos de exámenes, exercicios tipo, etc. Incluso que os alumnos esteñan en contacto entre eles e entre o profesor. Así os alumnos terían acceso as solucións de exámenes etc. O profesor tería acceso dende calquera sitio e o mesmo os alumnos, podendo participar todos.
Para los alumnos de muisca, crear una red social en la que puedan disponer, ademas de las audiciones trabajadas en el aula, otras adicionales para reforzar el tema. Ademas tambien seria conveniente abrir un foro en el que pudieran comentar sus dudas.
No meu caso, ciclos formativos de electrónica, podería desenvolver para cada unidade didáctica un tema no que se permitiría descargar os apuntamentos e prácticas a realizar. Admáis os alumnos poderían opinar e consultar dúbidas ao profesor e aos outros compañeiros. Polo tanto, daría moito xogo sobretdo na formación. Véxoo moi interesante sobretodo na formación para adultos, xaque así terían todo dispoñible para traballr na casa.

En fin, a potencialidade é moi alta...Aínda que require bastante tempo de desnvolvemento.
Estou dacordo con todo o leido ata agora, pero coido que a realidade actual todavía non permite trasladar as redes sociais a maioria dos nosos centros. Si ben nos centros das urbes o profesorado eo alumnado conta con medios apropiados, no resto do noso texido ha falta de medios materiais e preparación do persoal docente, na sua maioria, ten grandes dificultades para a introducción nas TIC .
Coido que aínda temos un largo camiño por percorrer para que para concienciarnos e sacarlle o máximo partido a estas ferramentas.

http://delicious.com/Ana.Rivera
As redes sociais poden ser moi útiles para traballar cos alumnos e presentar a información dun xeito máis didáctico e atractivo. Permiten estruturar os contidos dun xeito claro (mediante enlaces, vínculos), ademáis de permitir ao alumnado un rápido acceso á información.
En Lingua e literatura, sería interesante traballar cos alumnos na creación dun grupo de lectura en rede, como se propón máis arriba, onde eles puideran expresar as súas opinións sobre os libros lidos, propoñer outras posibles lecturas... Un espazo que se fora actualizando coas novidades editoriais, entrevistas con escritores, actos ou días especiais relacionados co mundo da literatura...
Outra opción sería a de crear un taller de escritura en rede cos alumnos, propoñendo actividades de creación: elaboración de cadáveres exquisitos, textos en grupo, poemas baseados noutros poemas, creación de textos literarios a partir de imaxes... A labor do docente neste caso sería a de promover a creatividade dos alumnos a partir de exemplos, propoñendo temas, un primeiro verso que os alumnos teñen que continuar, unha serie de nomes e adxectivos que teñen que relacionar...
Penso que todos estamos de acordo en que as redes sociais ofrecen grandes posibilidades á hora de mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe, pero tamén é certo que é imposible acceder a unha aula de informática en calquera momento, pois sempre están moi solicitadas. En canto á utilización destas redes, por exemplo, en inglés de secundaria pois se podería indicar ós alumnos enlaces para determinadas noticias ou páxinas para que eles fagan os seus comentarios ou amplíen a información en liña.

RSS

Membros

  • Lucía
  • Dores Fdez López
  • PAULA
  • ROCIO MARIL
  • Sandra
  • Laura
  • Nacho
  • Nieves
  • Luis

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo