Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Estas redes socias son moi útiles para compartir información entre as persoas.
Ademais son unha forma sinxela de libre debate de opinións.

Cos meus alumnos poderiamos facer unha web de consulta de dúbidas cun formato de foro, onde cada persoa pode plantexar as suas preguntas e outros alumnos responderanlle.

No caso en que o profesor atope unha resposta errónea ou sen contestación é cando deberá participar para colaborar axudando aos participantes.
Este tipo de redes sociais son moi utis para contactar con xente de outros países e culturas. se se está a traballar sobre certos países seguro que aos nenos lles resulta moito maís motivador que alguén dese país lle conte cales son as súas costumes, a súa alimentación, como é a xeografía dese lugar en concreto, as súas festas etc.., sen mencionar o bo que é por otra parte que sepan utilizar as novas tecnoloxías
Considero que as redes sociais no ensino permiten un ensino flexible e unha aprendizaxe aberta.
O uso das TIC dentro do ámbito educativo resulta unha proposta atractiva e motivadora de cara ao alumnado.
Un caso concreto de aplicación que a min me resulta interesante e aplicalas na materia de ciencias para o mundo contemporaneo. O poder ter en rede unha serie de contidos enriquecidos polas propostas e busca do alumnado permite o intercambio de ideas, e á vez que utilizamos as novas tecnoloxías podemos realizar traballos en grupos, aportación de apuntes ...
Temos que aproveitar as novas tecnoloxias, as redes sociais son unhas ferramentas moi utiles das que temos que sacar o maior proveito posibel,intercambiando información e coñecementos entre todos , facendoo ademais en tempo real.
Debate: Ventajas y desventajas de usar uniforme en el colegio (3ºESO) inglés

Propongo este tópico (relacionado co tema que estamos traballando) aos alumnos de 2 grupos de 3º ESO dun mismo centro. A través da rede social intercambiarán as súas opinións e como actividade final terán que chegar a unha conclusión (a favor ou encontra) razoando a súa resposta.
Na miña opinión, as redes sociais teñen moitas utilidades porque son unha rede de comunicaciñon entre os alumnos e os docenbtes, donde todos e cada un poden comentar e ensinar as suas iniciativas e podes utilizar estas redes con contidos educativos e tamén de entretenemento q axudan á educación.
Eu son profesora de Lingua castelá e literatura e podo abrir un facebook dedicado a un autor literario ou a un grupo como foi a Xeración do 27 e nesa rede pódese colgar información sobre o grupo, audicións, artigos... co q podemos ampliar os nosos coñecementos.
Se o queremos dedicar a un tema relacionado coa musica, tamén podemos colgar videos ou enlaces q nos levan ós mesmos.
Co cal, una rede social tamén se converte nunha plataforma de difusión do tema ou temas a q se dedique dita red, ademáis de non esquecer de q é un sitio onde as persoas poden colgar os seus traballos cando o desexen e visitar a páxina tamén no momento q queiran, algo moi importante na nosa actualidade pois moita xente dispón de pouco tempo.
O departamento de orientacion do noso centro esta inscrito dentro dunha rede cos departamentos de orientacion da zona onde se atopa o centro ,intercambiamos todo tipo de información ,das novedades sobre materiales etc
As posibilidades da web 2.0 no ensino creo que se podería dicir que son ilimitadas. Desde comunicarnos entre nós, profesores e alumnos, alumnos-alumnos, profesores-profesores, dentro do mesmo centro escolar, ata poder facelo a nivel nacional e internacional. Ademais de todo isto, as TICs e o seu uso na aula motivan moito máis ó noso alumnado, xa que poderiamos dicir que eles son nativos destas tecnoloxías, e que se moven por elas como peixes na auga.
Tendo tan avanzado o curso e moi difícil facer unha aportación que non sexa repetitiva. Podo dicir que comparto boa parte das vosas opinións e penso que sen dúbida son moitas as potencialidades deste novo espazo comunicativo. Romper as barreiras espaciais e temporais da aula e para min unha das principais ventaxas. Moitos dos nosos rapaces botan horas diante do ordenador no seu tempo libre. O noso reto sería conseguir que parte do seu tempo estivese reservado, sen ser unha tortura, as nosas propostas de traballo e conseguir así ese obxectivo tan desexado dende antigo: DOCERE ET DELECTARE. Neste sentido, creo que unha das "armas" máis seductoras das web 2.0 é o seu fácil manexo (a responsablidade de traballar coas páxinas creadas e mantelas pode ser compartida por máis dunha persoa, non necesariamente profes, podemos compartir responsabilidades cos estudiantes) e tamén a fabulosa ventaxa de poder empregar unha linguaxe multimedia que, definitivamente, é a propia dos nosos estudiantes.
Como son profe de lingua e literatura a proposta dos foros de lectura paréceme xenial e tamén a posibilidade de publicar noticias diversas, fragmentos de pelis, programas de televisión que interesen os alumnos, e que provoquen a necesidade de expresar as súas ideas sobre a realidade e discutilas.
Non obstante, penso que somos os profes os que temos que facer un grande esforzo por levar estas formas de traballo as aulas. Personalmente son herdeira da clase maxistral e estou moi condicionada por unha metodoloxía pasiva de máis para o estudante. Teño que cambiar os meus lentes e conseguir ver os obxectivos e contidos da miña materia dunha forma nova. As actividades que lle propoñamos non poden ser as mesmas con un cambio de soporte. Ten que cambiar o rol do alumno que deber ser creador, investigador, colaborador... e aquí é onde eu non son quen de deseñar actividades e traballos axeitados. A ver este curso desperta a miña inspiración.
Na miña opinión as redes de profesorado, específicas de áreas ou non, están a ser un dos mellores instrumentos formativos para a procura da integración curricular das TIC e, en xeral, da innovación educativa. Para aprendermos en grupo e colaborativamente, enriquecéndonos coas diferentes visións e achegas de coñecementos.
Desde o meu punto de vista, as redes poden ofrecer unha nova perspectiva ó traballo colaborativo entre o profesorado, para compartir material educativo, experiencias. Como exemplo eu propoño unha rede social onde o profesorado poida expoñer as súas dúbidas a nivel de convivencia, xa que hoxe en día este é un aspecto moi importante a ter en conta.
Cada día vemos nos xornais, na televisión, noticias de alumnos que agreden a outros, que son acosados e acosadores. As redes sociais poderíannos ofrecer un xeito de traballar de forma colaborativa para tratar de solucionar estes problemas a través das propias experiencias.
As redes sociais son unha nova ferramenta que debemos usar para mellorar a práctica docente.
Teñen a ventaxa de que, xeralmente, son motivadoras para o alumnado, así que cun pouco de esforzo, podemos facer os contidos das materias máis amenos para todos, alumnado e profesorado.

RSS

Membros

  • Lucía
  • Dores Fdez López
  • PAULA
  • ROCIO MARIL
  • Sandra
  • Laura
  • Nacho
  • Nieves
  • Luis

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo