Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Opino que as redes sociais acumulan moitas vantaxes, tanto para nos como mestres como para o noso alumnado.
As novas tecnoloxías axúdannos en campos como a educación ,a socialización,...e fan o ensino máis dinámico e motivador, estando sempre suxeitos a unha continua evolución e renovación.
Coincido coa maioría en que as redes sociais no ensino teñen moitas potencialidades para o traballo , tanto dos mestres coma dos alumnos, pois moitas veces atopamos casos nos que nos resulta complicado atopar solucións e con estas redes podemos buscar experiencias similares e posibles solucións as nosas dúbidas. Eu como orientadora, en moitos casos atópome perdida para atoparlle solucións a determinados casos de alumnos con problemas, é cunha rede social deste tipo, podería contar coa experiencia doutros profesionais para tratar de conseguir novas respostas que me axudaran a asesorar tanto os mestres, como o alumno e as súas familias.
Penso que as redes sociais poden ser unha ferramenta moi útil para o ensino.
En primeiro lugar, poden facilitar a cohesión dos grupos, o que non sempre é unha tarefa doada.
Ademáis, posibilitan a creación de actividades grupais a nivel grupo clase, de forma interactiva e coa necesidade de implicación por parte do alumnado.
Tamén sirven como instrumento para o docente, que pode aproveitalas para dar indicacións, suxerencias, como plataforma para a realización de actividades de reforzo e complementarias,...
Na miña especialidade (FOL) podería utilizarse por exemplo, no bloque de Dereito Laboral, que é unha materia en constante variación, para ter sempre actualizadas as normas, xa que durante o curso podémonos atopar con modificacións (o SMI, as bases de cotización,...=
No bloque de prevención de riscos, podería facerse unha actividade de procura de información sobre accidentes laborais. Os alumnos deberían buscar noticias, estatísticas, ... sobre a materia e colgalas na web. O resto deberían comentar as dos outros.
Polo tanto, como conclusión, dicir que as posibilidades son moitas e que seguro que os alumnos as recibirían positivamente, o que incidiría na súa motivación
Sen dúbida algunha, e tras ler moitos dos comentarios aquí expostos, está claro que as redes sociais teñen múltiples vantaxes para o ensino. Dentro da miña especialidade, inglés, para alumnado de secundaria, eu propoñería un uso cotiá de ditas redes sociais. Trátase de que o alumnado vexa a lingua inglesa como algo usual que poden usar no día a día. Pódese crear una rede social na que a única lingua que se poida usar é o inglés. Así, o alumando podería comentar cousas sobre o centro de estudos, anécdotas persoais, comentarios sobre exercicios específicos doutras materias...
As redes sociai axudaránnos a acceder dunha forma rápida a aquelas páxinas que son do noso interese, e ademais permitirán que o alumnado particpe tamén delas.
Desde amiña especialidade, esta plataforma axudaráme a contar con diferentes actividades de linguaxe para facer partícipes a todo o alumnado, a parte de conseguir información sobre po¡roblemas que podemos compartir e aclarar
Como especialista en audición e linguaxe considero as redes sociais moi interesantes xa que nos permiten traballar dende a escola cos nosos alumnos de maneira controlada, e comartir experiencias, conocimientos, aficións...Para os nenos con necesidades educativas especiais estas redes ofrecénlles accións compensatorias, afianzan a sua identidade e pertenza e inclusión social
Tamán se poderá crear unha rede social, cun colexio doutro país (ambos do mesmo nivel), e traballar ambos un tema común, por exemplo o Nadal, xa que non en todOs os sitios hai as mesmas costumes e tradicións, así serviralles aos nenos/as para mostrarlle aos demáis nenos (doutro país), como se celebra esta tradición no seu país, ao mesmo tempo que aprenderán, a través das experiencias dos compañeiros do outro colexio, como se celebra nese outro lugar. É dicir, a través desta rede, os nenos compartirán os seus traballos e experiencias.
Coincido coa maioría das aportacións deste foro. Creo que unha das maoires potencialidades das redes sociais no ensino é o plus de motivación que supón para o noso alumnado.
Hoxe en día que están a proliferar os clubes de lectura nos centros de ensino e algúns con bastante éxito contribuíndo dun xeito notábel a animación á lectura,o uso das redes sociais pode ser unha boa ferramenta para continuar os debates e os comentarios entre os seus membros,tendo en conta que estes se ven moitas veces cortados pola falta de tempo.Alén disto pode facilitar o aumento no número de participantes.
Pois por exemplo un intercambio cultural con nenos doutros países, por exemplo con algún país de Sudamérica. Así os nosos nenos e nenas coñecerán, por exemplo, como é o colexio en Arxentina, que estudan, que fan despois do cole, etc.
Desta forma os nosos nenos tamén poden aprender a valorar o que ten, xa que seguramente se daran conta de que hai nenos que no seu cole non ten un encerado decente, o que o ximnasio está en mal estado, etc.
Eu penso que a creación e participación destas redes sociais poden fomentar a creatividade do alumnado positivamente. Semella que a clave fundamental é a interacción e o uso da rede como ferramenta para crear comunidades de aprendizaxe, na que o proceso ensino-aprendizaxe adquire un senso constructivo e enriquecedor.
A elaboración destas comunidades de aprendizaxe fomenta o intercambio de ideas, compartir recursos e materiais, elaboración de proxectos en grupo, a colaboración para a resolución de problemas e a implicación dos membros da comunidade de cara verse como os propios constructores do seu procesode aprendizaxe. Ó tempo, o espazo resulta moi atractivo para o alumnado xerando tamén vínculos de interrelación entre os membros da rede social.
A cuestión fundamental é a disponibilidade de medios para levar á realidade estas experiencias, certo é que a dotación está a mellorar pouco a pouco. Tamén semella que, no desenvolvemento de estas actividades, o grao de implicación e participación resulta unha das cuestións máis relevantes e potenciais.

RSS

Membros

  • Lucía
  • Dores Fdez López
  • PAULA
  • ROCIO MARIL
  • Sandra
  • Laura
  • Nacho
  • Nieves
  • Luis

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo