Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

posibilita crear, configurar e xestionar doadamente a nosa propia rede ou comunidade, cun enderezo particular, con control sobre o acceso, as ferramentas de interacción, a presentación, etc.
ofrece un amplo abano de espazos de partilla: páxinas e blogues persoais con caixa de recados, foro, grupos, chat, etc. Un contorno de construción mediada de coñecemento que se pode regular facilmente.
é un contexto non plenamente informal, mais familiar para o estudantado; é funcional para uso educativo, mais abondo intuitiva. Potencia, así, a aprendizaxe entre iguais.
facilita o acceso á linguaxe do sitio para crearmos a nosa propia versión: pode, logo, ser completamente traducida ao galego
Na miña opinión as redes sociais teñen unha chea de potencialidades.
As webs 2.0 permiten unha maior interactividade e interconexión entre os membros desas redes.
Tanto weblogs, webquests, foros, permiten grandes posibilidades e permiten a mellora da calidade na comunicación.
Como potencialidades específicas dentro do eido do ensino poderíamos salientar entre outras:
- A maior conexión e mario velocidade no fluxo de información entre o profesor e @s alumn@s.
- Posibilidade de actualizar, mudar, revisar contidos en tempo real
- Posibilidades de traballar desde calquera lugar e en calquera momento
- Motivación de cara ao alumnado, incluindo as tecnoloxías ao ensino, de modo que podan percibir que a súa formación e aprendizaxe non ten por que estar vencellado a un modelo de ensino tradicional apegado aos libros de texto, leccións maxistrais e reproducción automática dos contidos ensinados na aula.
As redes sociais son unha ferramenta do século XXI. Permítenos comunicarnos e transmitir as nosas experiencias, o que conleva unha aprendizaxe. En colaboración cos demáis sempre aprendemos.
O ensino está en constante evolución e para iso fan falla profesores/as preparados para afrontar os novos retos.
Estou dacordo coa maioría de vós; eu son profe de mates, unha asignatura chea de conceptos abstractos e, neste senso, a imaxe, a través das tics, cobra un valor importante. Outro punto fundamental onde as novas tecnoloxías son de novo apoio e no campo da simulación.
Xa por último, recoñecer a importancia dos blogues como un bo medio de comunicación entre alumnos ou profesor-alumnos para aclarar dúbidas...
Estou a facer a práctica 2, eu tamén son de mate e estou de acordo co que dis, a pega que lle vexo é os medios co que contamos, ademais de teres que ter un gran dominio da ferramenta.
estou dacordo, tamén posibilita a comunicación entre o alumnado, facilita o entendemento, a socialización e a adaptación e o uso das novas tecnoloxías, fai o ensino máis dinámico e o mesmo tempo máis innovador, en continua evolución.
Pode axilizar o fluxo da información bidirecional alumnado-profesor. Facilita ao alumno o acceso a contidos educativos, pregunta de dúbidas, acceso a páxinas de interese selecionadas polo profesor ou por outros compañeiros. É unha maneira de achegar as novas tecnoloxías non só ao alumnado senón tamén aos profesores que moitas veces teñen un certo "temor" ao emprego das tic. O principal problema e que require que os centros e os alumnos dispoñan de PC con acceso a internet, que ás veces parece sinxelo pero realmente non o é tanto.
É certo que as TICS suporían un gran avance á hora do desenvolvemento dos nen@s, O que estou dacordo cotigo é que fan falla cartos para ter as novas tecnoloxías nos coles, algúns nin teñen sá de ordenadores.
Penso igual que Ana Belén e co resto de todos vos en que as redes sociais son ferramentas útiles para a circulación de información e coñecemento non só entre o profesor e os alumnos senón tamén entre éstes; e de distintas zonas . Esta é unha metodoloxía activa e participativa , na que se fometa non só o uso de recursos informáticos e dixitais , e abandonamos ese ensino tradicional o que fai referencia Ignacio Abal . Podemos presentar dúbidas , respostas , recursos , ... todo en tempo real , pero penso que non debemos olvidar que aínda que vivimos na era da información , en moitos ámbitos da vida , semella ser a da desinformación . Polo tanto , penso , que non debemos olvidar , que estas poden ser un bo recurso , se son ben empregadas o que require non só establecelas senón tamén controlalas .
Ademais , ainda que non é o meu caso , existen centros (como dicides moitos de vos) nos que a dotación de recursos non permite facer estas cousas , situacións nas que a teoría precede a prática real .
Segundo a miña opinión, as redes sociais teñen as seguintes potencialidades:
-Aumentan a motivación e o interese do alumnado pola materia.
-Posibilita que o alumnado acceda a información, solucione dúbidas ou comparta intereses cun numeroso grupo de persoas en calquera momento e desde calquer lugar.
-Facilita que os alumnos e alumnas utilicen os recursos dixitais na súa formación e non só dun xeito informal.
as redes sociais tamén poden potenciar a colaboración entre docentes, aljo moi necesario
Na miña opinión as redes sociais son un excelente recurso que nos permite dispor dun espazo para a comunicación e o intercambio de información e coñecemento.

Un posible uso das redes sociais na miña práctica docente (son mestra de AL- Ed. Especial) sería por exemplo nun centro de escolarización preferente de afectados de parálise cerebral cuxo medio de comunicación alternativo sexa o ordenador.
A través da rede social manterían contacto con alumnos doutro centro que podería ter características similares (ou non).
Isto permitiría que os docentes de ambos centros compartisen experiencias, materiais e inquietudes. Sería unha gran fonte de actualización e formación contínua do profesorado.
Por outro lado os alumnos empregarían o ordenador, ademais de como sistema de comunicación, como ferramenta educativa e como medio para interactuar cos iguais obviando as barreiras físicas.

RSS

Membros

  • Nasa de pau
  • Silvia
  • Lois
  • javier
  • maría
  • vanessa
  • Adela otero Fdez-Aperribay
  • María Prieto Pérez
  • J. Luis López de Guereñu Polán

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo